Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Plan Renove de caldeiras industriais
Plan Renove de caldeiras industriais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Abril 2013 11:01

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de caldeiras industriais e se convocan as devanditas axudas.

Esta orde ten por obxecto regular a concesión de axudas dirixidas á substitución de caldeiras pertencentes a procesos industriais que utilizan como combustible fuelóleo, gasóleo ou calquera outro combustible non renovable, por caldeiras de alta eficiencia que utilicen gas natural co fin de acadar redución do consumo de enerxía das empresas e os conseguintes aforros en termos económicos.

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos incluídos no sector da industria (sección C e D da CNAE-2009), coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. Serán consideradas pemes (categoría de microempresa, pequenas e medianas empresas) aquelas que cumpran coa definición que establece o anexo I do Regulamento CE núm. 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008 (DOUE núm. L 214/38, do 9.8.2008).
b) As empresas que teñan contratada a xestión enerxética, total ou parcialmente, das instalacións en empresas incluídas nas seccións C e D da CNAE-2009, e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. O pagamento dos servizos que prestan as ditas empresas baséase na obtención de melloras de eficiencia enerxética e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos. Contarase en todo caso co visto e prace do titular da instalación, por se der lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes.
As persoas ou entidades que resulten beneficiarias da subvención e con posterioridade contrataren a xestión enerxética, total ou parcialmente, a unha empresa de servizos das definidas no punto anterior deste artigo, poderán solicitar a modificación da resolución de concesión no sentido de que pase a ser beneficiaria esta última, xuntando unha copia cotexada do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda. Esta solicitude deberá presentarse, como mínimo, 20 días hábiles antes da finalización do prazo de xustificación do investimento do proxecto, e poden dar lugar á minoración da axuda inicialmente outorgada tras a aplicación da metodoloxía de cálculo da axuda segundo o establecido nestas bases, no caso de que se produza unha variación do investimento elixible ou das características técnicas do proxecto.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño. Nin tampouco as empresas en crise, de acordo co establecido no artigo 1, parágrafos 6.c) e 7, do Regulamento (CE) núm. 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008, e de acordo co establecido no artigo 4, parágrafo 5, do Regulamento (CE) núm. 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006; ou ás suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Será subvencionable a substitución dunha ou varias caldeiras de fuelóleo, gasóleo ou calquera outro combustible non renovable por caldeiras novas de gas natural de alto rendemento que formen parte do proceso produtivo, sempre e cando se demostre a consecución dun aforro enerxético que deberá acadar un mínimo dun 5 % respecto do consumo inicial. Formarán parte das partidas subvencionables o custo da caldeira e os seus accesorios, así como a súa montaxe e conexión (para as axudas suxeitas ao Regulamento xeral de exención por categorías de acordo co disposto no artigo 2.2 destas bases, os custos subvencionables das actuacións para as cales se solicita a axuda delimitaranse tendo en conta as regras de cálculo a que fai referencia o punto 5 do artigo 21 do dito regulamento).

Non serán subvencionables os proxectos que consistan unicamente en substitucións de queimadores en caldeiras xa existentes, tampouo o imposto sobre o valor engadido (IVE) nin os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A contía máxima da axuda será do 20 % do investimento subvencionable. Esta contía incrementarase en 20 puntos porcentuais para axudas a pequenas empresas e 10 puntos porcentuais para axudas a medianas empresas -para o cálculo do custo subvencionable terase en conta o establecido no punto 5 do artigo 21 do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías)-.

O prazo de solicitude finaliza ás 14 horas do  2 de setembro de 2013. A presentación da solicitude farase segundo o modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na páxina web do Inega (www.inega.es), ás cales se accede co NIF e contrasinal establecido polos propios interesados, sen que sexa posible realizar máis dunha conexión simultánea cun mesmo NIF e contrasinal. Esta presentación da solicitude deberá acompañarse dos anexos e de copias dixitalizadas (formato PDF) da documentación indicada no artigo 10 destas bases. En caso necesario, o Inega poderá requirir a documentación orixinal. Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130327/AnuncioO3G1-200313-0001_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>