Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas
Axudas destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Abril 2013 12:23

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).


Esta orde ten por obxecto establecer o prazo de presentación de renovación do compromiso asumido polos beneficiarios da axuda establecida na Orde do 18 de abril de 2008 e destinada ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril), con efectos para o ano 2012. Segundo o que establece o 2º parágrafo do artigo 6 da Orde do 18 de abril de 2008, cada beneficiario poderá percibir estas axudas, durante un período máximo de cinco exercicios anuais consecutivos, logo da presentación anual da renovación do compromiso, de conformidade co anexo.

O control da execución dos programas levarao a cabo a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria que, ademais do lóxico seguimento e control das axudas concedidas, realizará as comprobacións e inspeccións que considere necesarias, co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada e, especialmente, ao se tratar da orde referida á última anualidade, o cumprimento de todos os requisitos e compromisos que deben acadar ao finalizar os cinco anos de acordo co artigo 4 e o anexo da Orde do 18 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 11 de maio de 2013. As solicitudes deberán presentarse segundo o modelo formalizado que se recolle no anexo. Os datos que deben cubrir nos anexos relativos aos animais obxecto da axuda presentes na explotación serán referidos ao 5 de novembro de 2012, último ano do plan quinquenal previsto neste réxime de axudas e data de referencia para a comprobación dos censos na convocatoria anulada. Os solicitantes que presentaron a solicitude ao abeiro da Orde do 25 de setembro de 2012, finalmente deixada sen efecto, e que desexen que se teña en consideración para esta, deberán presentar unha declaración expresa pola que se ratifican na solicitude xa presentada con cargo a esta nova convocatoria.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamén se poderán presentar en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (en caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á do peche da convocatoria). Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130411/AnuncioG0165-040413-0004_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>