Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Premios á cooperación 2013
Premios á cooperación 2013 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Abril 2013 08:32

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.


Estes premios teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os cooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.

Poderán optar a estes premios as cooperativas e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega (non poderán resultar premiadas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.)

Os premios á cooperación convócanse baixo as seguintes modalidades:
- Premio aos Valores Cooperativos: outorgarase á cooperativa, entidade ou persoa que máis teña destacado no impulso dos valores cooperativos na Comunidade Autónoma galega.  O tribunal valorará a traxectoria dos candidatos e das candidatas, especialmente as actuacións dirixidas á aplicación práctica dos principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional e a súa adecuación ao marco socioeconómico galego.
- Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo: outorgarase ao proxecto empresarial cooperativo de especial relevancia, tanto de cooperativas de nova creación como das previamente existentes. O tribunal terá en conta a especial relevancia do proxecto, que pode vir determinada tanto polo seu carácter innovador ou de intercooperación, como por outras características singulares e pola súa repercusión no contorno, especialmente nos eidos económico, social e laboral.
- Premio á Promoción do Cooperativismo: outorgarase á persoa ou entidade que teña destacado especialmente no fomento do cooperativismo, tanto pola súa traxectoria como por actuacións de carácter puntual que resulten particularmente significativas. 2. O tribunal terá en conta a actividade ou actividades realizadas polos candidatos e polas candidatas e a súa repercusión na implantación e desenvolvemento do cooperativismo en Galicia, tanto nos seus aspectos cualitativos como cuantitativos, e valorará especialmente os persoeiros do cooperativismo como xeito de recoñecer as súas traxectorias neste eido.

Unha vez publicada a convocatoria, os interesados deberán presentar a solicitude de participación acompañada dunha memoria explicativa e a documentación xustificativa dos valores e méritos alegados. As candidaturas poderán presentarse, asinadas polo candidato ou candidata ou persoa que o propoña, na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela), ata o 15 de maio de 2013 (poderase requirir dos interesados aquela información e documentación complementaria que poida resultar relevante para a avaliación dos méritos alegados, particularmente en relación coa aplicación práctica dos principios e valores cooperativos). Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130412/AnuncioCA05-090413-0002_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>