Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas destinadas ao fomento de razas gandeiras autóctonas
Axudas destinadas ao fomento de razas gandeiras autóctonas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Abril 2013 08:34

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2013.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar destinadas ás organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas. As presentes axudas, tramitadas en réxime de concorrencia competitiva, teñen como finalidade:
- O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.
- A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, da sanidade e da produción animal.
- A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.
- A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

Poderán acollerse ás axudas descritas nesta orde as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola Comunidade Autónoma, que cumpran os requisitos seguintes:
- Carecer de ánimo de lucro.
- Estar oficialmente recoñecidas para a xestión do libro ou libros xenealóxicos da raza ou razas autóctonas españolas, pola Comunidade Autónoma galega.
- No caso de que existan varias asociacións recoñecidas para unha mesma raza, xa sexa na mesma comunidade autónoma ou en distintas comunidades autónomas, deberán estar integradas nunha única asociación de segundo grao, segundo establece o artigo 13.1 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras, para poder acceder a estas axudas, e debe ser a dita asociación de segundo grao a solicitante das axudas.
- Cumprir os requisitos exixidos polos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e, se é o caso, o recollido nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ter a condición de peme de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado.
- Cumprir coas obrigas previstas no artigo 11 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro.

As actividades subvencionables, que poderán realizar as entidades beneficiarias desde o 1 de xaneiro serán:
- Creación ou mantemento de libros xenealóxicos. Os conceptos subvencionables serán os gastos derivados da dita actividade, incluídos os do local ou oficinas, ordenadores e material informático e o seu mantemento ou actualización, adquisición de material de oficina non inventariable e contratación e gastos de persoal técnico e administrativo.
- As que deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza, en que se recollerán as actividades destinadas á conservación in situ da raza, así como a creación e mantemento de bancos de xermoplasma en centros autorizados oficialmente, e as probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando. As axudas irán dirixidas a sufragar os gastos relativos á implantación e desenvolvemento dos programas de mellora oficialmente aprobados e os controis de rendementos para a realización das avaliacións xenéticas dos animais e os programas de difusión da mellora.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 11 de maio de 2013. As solicitudes presentaranse nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar. Así mesmo, poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á calquera Administración das comunidades autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tamén poderán ser presentadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no seguinte enderezo: http://sede.xunta.es.Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130411/AnuncioG0165-050413-0002_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>