Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións a proxectos de enerxías renovables
Subvencións a proxectos de enerxías renovables PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Abril 2013 07:52

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013 a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.


O obxecto desta orde é regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para os proxectos de enerxías renovables executados en Galicia que empreguen as seguintes tecnoloxías:

1. Enerxía solar térmica
a) Instalacións subvencionables.
Instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares planos ou tubos de baleiro, sempre que a súa utilización conduza a un aforro dun combustible convencional.
Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas á xeración de auga quente sanitaria (AQS) ou climatización de piscinas que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 4-Contribución solar mínima de auga quente sanitaria do Código técnico da edificación (CTE), aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, independentemente da porcentaxe de contribución solar que cubra a instalación solar proxectada nestes usos. Para instalacións afectadas polo CTE que tamén se destinen a outras aplicacións non obrigadas por esta normativa, unicamente se poderá obter axuda pola parte correspondente a estas últimas aplicacións.
As instalacións solares destinadas ao apoio á calefacción no sector doméstico e terciario unicamente serán subvencionables se utilizan emisores de baixa temperatura de deseño (menores de 50º C), como chan radiante, radiadores de baixa temperatura ou fan coils.
Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas ao quentamento da auga de piscinas descubertas.

b) Beneficiarios.
Particulares; empresas e profesionais autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos (ESE); fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica (comunidades de bens, sociedades civís etc.).

c) Investimento subvencionable.
Considérase investimento subvencionable o custo dos equipamentos e compoñentes que forman parte da instalación (captadores solares térmicos, acumuladores, intercambiadores de calor, bombas de circulación, tubos, válvulas e conexións, vasos de expansión, illamentos, sistema eléctrico e de control, equipamentos de medida e demais equipamentos secundarios), así como a montaxe e conexión do conxunto, obra civil asociada, deseño de enxeñaría da instalación, dirección de obra e posta en marcha.

d) Contía máxima da subvención.
Segundo a tecnoloxía utilizada, a contía máxima da subvención será a seguinte:






Tipo de instalación

Subvención máxima

Paneis planos

450 euros/kW (*)

Tubos de baleiro

300 euros/m2 (**)



(*) A potencia en kW calcularase a partir da superficie útil de captación (de apertura) e da curva de rendemento do panel, con temperatura de entrada 45º C, temperatura ambiente 15º C e 800 W/m2 de radiación.
(**) Superficie de apertura.
A contía da axuda resultante estará limitada polas porcentaxes aplicables no artigo 23 do Regulamento (CE) núm. 800/2008, da Comisión do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías). Nos casos en que o solicitante non sexa unha empresa, a porcentaxe aplicable será a correspondente a unha pequena empresa segundo este mesmo artigo. A axuda máxima por proxecto será de 60.000 euros.

e) Documentación que se presentará coa solicitude.
- Anexos de datos administrativos.
- Anexo V (memoria técnica solar térmica).
- Documentación xustificativa de que a instalación obxecto da axuda non é obrigatoria en virtude do Código técnico da edificación aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo (esta documentación poderá consistir nunha copia da licenza de obras da edificación, copia das escrituras de compravenda ou de fin de obra da edificación, ou calquera outro documento co cal, ao xuízo da comisión técnica, quede constancia deste feito).
- Orzamento aceptado e asinado polo solicitante da axuda. Este documento deberá estar perfectamente detallado canto ás súas diferentes partidas económicas e, ademais, deberá estar asinado polo solicitante da axuda como proba de aceptación do documento. Non se admitirá ningún orzamento con partidas económicas agregadas, que fagan imposible a distinción das partidas económicas relevantes do proxecto; do mesmo modo, tampouco se admitirán orzamentos sen asinar polo solicitante da axuda.
- No caso de que o modelo do panel solar que se vai utilizar non figure na base de datos da aplicación informática mediante a cal se cobre a solicitude, deberá cubrir nela correctamente as características principais do modelo que se vai utilizar (marca, modelo, superficie de apertura e coeficientes de rendemento do ensaio realizado por unha entidade debidamente acreditada), co fin de que a aplicación informática poida calcular a axuda máxima asignable ao expediente. Do mesmo xeito, no caso de que o solicitante non estea de acordo coas características incluídas para un panel solar que si se atope na base de datos, poderase propoñer unha modificación destas características (superficie de apertura e/ou coeficientes de rendemento).
En calquera destes dous casos, á solicitude orixinal deberase xuntar unha copia completa do ensaio de rendemento do colector solar empregado, que inclúa os seus coeficientes de rendemento, e que estea emitida por unha entidade debidamente acreditada (segundo a Orde ITC/71/2007, do 22 de xaneiro, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ou, se for o caso, a norma que a substitúa).
Este documento considérase imprescindible para poder optar á obtención da axuda (no caso de tratarse dun novo panel) ou para poder modificar as características dos paneis incluídas na base de datos da aplicación informática.
- Fotografía de vista aérea en que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación. Esta fotografía pode obterse no visor SIXPAC, no enderezo da internet http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/.
- En todas as solicitudes de axudas en que unha das aplicacións da instalación sexa climatización de piscinas, deberanse xuntar fotografías do exterior e interior nas cales se aprecie claramente a piscina, o cerramento da edificación e a fonte auxiliar utilizada como apoio (caldeira, bomba de calor).

2. Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas
a) Instalacións subvencionables.
Instalacións illadas da rede eléctrica que transforman a radiación solar en enerxía eléctrica mediante paneis fotovoltaicos; igualmente, admitiranse as instalacións mixtas illadas de enerxía solar fotovoltaica con enerxía eólica e/ou enerxía minihidráulica.
En todo caso, deberá tratarse de instalacións afastadas da rede eléctrica convencional, destacando as seguintes:
• Electrificación agrícola ou gandeira: bombeos de auga, sistemas de rego.
• Electrificación de granxas illadas.
• Sinalización e comunicación: navegación aérea e marítima, estradas, repetidores de telecomunicacións etc.
• Refuxios e outras edificacións illadas.
• Iluminación con farolas autónomas.
Non serán subvencionables aquelas instalacións que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 5-Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

b) Beneficiarios.
Particulares; empresas e profesionais autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos (ESE); fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica (comunidades de bens, sociedades civís etc.).

c) Requisitos da instalación.
A potencia eléctrica instalada nos equipamentos xeradores (paneis, aeroxerador etc.) sumando todas as tecnoloxías utilizadas será igual ou menor de 25 kW. Este límite será aplicable igualmente á suma das potencias nominais das instalacións que se inclúan en diferentes solicitudes de axudas e que estean situadas no mesmo lugar. Ademais, no caso de instalacións mixtas illadas, a potencia pico solar fotovoltaica deberá ser, como mínimo, a cuarta parte da potencia total da instalación.
En calquera dos casos, deberá xustificarse a utilización deste tipo de instalación illada pola dificultade ou imposibilidade de implantación de novas liñas eléctricas para conexión á rede de distribución, ou pola idoneidade da solución adoptada. Para iso, deberá xuntarse orzamento da compañía distribuidora valorando o custo de alimentarse dende a rede eléctrica actual, e deberase xuntar un estudo económico comparativo coas dúas alternativas de abastecemento eléctrico. No caso de non dispoñer desta documentación, ou de que esta solución non estea debidamente xustificada a xuízo da comisión técnica, non se poderá obter unha axuda correspondente a esta epígrafe (Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas), e deberase optar pola da epígrafe seguinte (Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas), cos requirimentos e axudas máximas indicadas nel.

d) Investimento subvencionable.
Formarán parte das partidas subvencionables o custo dos equipamentos e instalacións, módulos fotovoltaicos, aeroxeradores, turbinas, baterías, reguladores, convertedores, tendidos eléctricos e conexións, así como obra civil asociada, dirección e enxeñaría de proxecto, posta en marcha e documentación técnica.
Segundo a tecnoloxía utilizada, a contía máxima da subvención será a seguinte:



Tipo

Axuda máxima por potencia instalada

Enerxía solar fotovoltaica

1.500 €/kWp

Instalacións mixtas: axuda correspondente á parte da instalación con tecnoloxías diferentes da fotovoltaica

1.500 €/kW


A contía da axuda resultante estará limitada polas porcentaxes aplicables no artigo 23 do Regulamento (CE) núm. 800/2008, da Comisión do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías). Nos casos nos que o solicitante non sexa unha empresa, a porcentaxe aplicable será a correspondente a unha pequena empresa segundo este mesmo artigo.
A axuda máxima por proxecto será de 20.000 euros (en instalacións mixtas, este límite inclúe a axuda máxima correspondente a todas as tecnoloxías utilizadas). Este límite será aplicable igualmente á suma das axudas para instalacións que se inclúan en diferentes solicitudes que estean situadas no mesmo lugar.

e) Documentación que se presentará coa solicitude.
- Anexos de datos administrativos.
- Orzamento da compañía distribuidora valorando o custo de alimentarse desde a rede eléctrica actual.
- Memoria técnico-económica, que inclúa, como mínimo, o seguinte alcance:
- Descrición da instalación proxectada.
- Xustificación das necesidades enerxéticas anuais no lugar da instalación.
- Cálculos de produción e dimensionamento.
- Esquema da instalación.
- Orzamento desagregado.
- Plano de situación onde se indique con claridade a distancia á rede eléctrica convencional.
- Estudo económico comparativo coas dúas alternativas de abastecemento eléctrico.
- Anexo V (Memoria técnica solar fotovoltaica e mixtas illadas), no cal deben coincidir todos os datos cos da Memoria técnico-económica indicada anteriormente.
- Orzamento aceptado e asinado polo solicitante da axuda. Este documento deberá estar perfectamente detallado canto ás súas diferentes partidas económicas e, ademais, deberá estar asinado polo solicitante da axuda como proba de aceptación do documento. Non se admitirá ningún orzamento con partidas económicas agregadas que fagan imposible a distinción das partidas económicas relevantes do proxecto; do mesmo modo, tampouco se admitirán orzamentos sen asinar polo solicitante da axuda.
- Folla de características dos paneis fotovoltaicos e do aeroxerador e/ou turbina, regulador e baterías.
- Copia do certificado de cumprimento da normativa IEC dos equipamentos xeradores utilizados, emitido por unha entidade debidamente acreditada (organismos certificadores, institutos tecnolóxicos etc.).
- Fotografía de vista aérea en que se indique de forma apreciable a edificación ou terreo onde se executará a instalación. Esta fotografía pode obterse no visor SIXPAC, no enderezo da internet http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/.
- No caso de atoparse no ámbito de aplicación especificado no artigo 1.1. do documento HE 5-Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, achegarase documentación xustificativa de que a implantación da instalación obxecto da axuda non é obrigatoria (esta documentación poderá consistir nunha copia da licenza de obras da edificación, copia das escrituras de compravenda ou de fin de obra da edificación, fotografías actuais ou calquera outro documento co cal, ao xuízo da comisión técnica, quede constancia deste feito).
- En instalacións que incorporen aproveitamento minihidráulico, deberase xuntar unha relación dos permisos e licenzas solicitados ou que se prevé solicitar para a execución da instalación.

3. Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas
a) Instalacións subvencionables.
Instalacións que transforman a radiación solar en enerxía eléctrica, mediante paneis fotovoltaicos, para a súa posterior inxección na rede eléctrica e/ou na rede interior dunha subministración existente; igualmente, admitiranse as instalacións mixtas non illadas de enerxía solar fotovoltaica con enerxía eólica e/ou enerxía minihidráulica.
Non serán subvencionables aquelas instalacións que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 5-Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

b) Beneficiarios.
Particulares; empresas e profesionais autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos (ESE); fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica (comunidades de bens, sociedades civís etc.).

c) Requisitos da instalación.
A potencia nominal da instalación en inversores será igual ou inferior a 50 kW. Ademais, no caso de instalacións mixtas, a potencia pico solar fotovoltaica deberá ser, como mínimo, a cuarta parte da potencia total da instalación.

d) Investimento subvencionable.
Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos e instalacións necesarias para o correcto funcionamento do sistema.

e) Contía máxima da subvención.
Segundo a tecnoloxía utilizada, a contía máxima da subvención por proxecto (ou proxectos situados na mesma edificación) será a seguinte:



Tipo

Axuda máxima por potencia instalada

Enerxía solar fotovoltaica

600 €/kWp

Instalacións mixtas: axuda correspondente á parte da instalación con tecnoloxías diferentes da fotovoltaica

1.000 €/kW



A contía da axuda resultante estará limitada polas porcentaxes aplicables no artigo 23 do Regulamento (CE) núm. 800/2008, da Comisión do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías). Nos casos en que o solicitante non sexa unha empresa, a porcentaxe aplicable será a correspondente a unha pequena empresa segundo este mesmo artigo.
A axuda máxima por proxecto será de 20.000 euros (en instalacións mixtas, este límite inclúe a axuda máxima correspondente a todas as tecnoloxías utilizadas). O límite anterior será aplicable igualmente á suma das axudas para instalacións que se inclúan en diferentes solicitudes que estean situadas no mesmo lugar.

f) Documentación que se presentará coa solicitude.
- Anexos de datos administrativos.
- Memoria técnico-económica que inclúa, como mínimo, o seguinte alcance:
- Descrición da instalación proxectada.
- Cálculos de produción e dimensionamento.
- Balance enerxético (vertiedura á rede, autoconsumo, compra da rede etc.).
- Esquema da instalación.
- Orzamento desagregado.
- Plano de situación onde se reflicta a localización dos paneis.
- Anexo V (Memoria técnica solar fotovoltaica e mixtas non illadas), no cal deben coincidir todos os datos cos da memoria técnico-económica indicada anteriormente.
- Orzamento aceptado e asinado polo solicitante da axuda. Este documento deberá estar perfectamente detallado canto ás súas diferentes partidas económicas e, ademais, deberá estar asinado polo solicitante da axuda como proba de aceptación do documento. Non se admitirá ningún orzamento con partidas económicas agregadas que fagan imposible a distinción das partidas económicas relevantes do proxecto; do mesmo modo, tampouco se admitirán orzamentos sen asinar polo solicitante da axuda.
- Copia do certificado de cumprimento da normativa IEC dos paneis fotovoltaicos utilizados, emitido por unha entidade debidamente acreditada (organismos certificadores, institutos tecnolóxicos etc.).
- Certificado de homologación do inversor/es.
- Fotografía de vista aérea na que se indique de forma apreciable a edificación ou terreo onde se executará a instalación. Esta fotografía pode obterse no visor SIXPAC, no enderezo da internet http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/.
- No caso de atoparse no ámbito de aplicación especificado no artigo 1.1. do documento HE 5-Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, achegarase documentación xustificativa de que a implantación da instalación obxecto da axuda non é obrigatoria (esta documentación poderá consistir nunha copia da licenza de obras da edificación, copia das escrituras de compravenda ou de fin de obra da edificación, fotografías actuais ou calquera outro documento co cal, ao xuízo da comisión técnica, quede constancia deste feito).
- En instalacións que incorporen aproveitamento minihidráulico, deberase xuntar unha relación dos permisos e licenzas solicitados ou que se prevé solicitar para a execución da instalación.

4. Caldeiras de biomasa
a) Instalacións subvencionables.
Instalacións para o quentamento dun fluído mediante caldeiras homologadas, que utilicen biomasa como combustible. Non serán subvencionables proxectos que consistan unicamente en substitucións de queimadores en caldeiras xa existentes, nin xeradores de aire quente, estufas de aire ou cociñas calefactoras.

b) Beneficiarios.
Particulares; empresas e profesionais autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos (ESE); fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica (comunidades de bens, sociedades civís etc.).

c) Investimento subvencionable.
Formarán parte das partidas subvencionables o custo da caldeira e os seus accesorios, o custo do sistema de almacenamento de combustible e o custo do sistema de alimentación de combustible, así como a súa montaxe e conexionado.

d) Contía máxima da subvención.
De forma xeral, a axuda máxima por potencia térmica da caldeira ou caldeiras será a seguinte:



Rango de potencia

Axuda por potencia

P <= 40 kW

50 €/kW

P > 40 kW

40 €/kW



Esta axuda por potencia instalada poderá ser ampliada en caso de que o sistema incorpore melloras técnicas adicionais, de acordo coas contías da seguinte táboa:




P <= 40 kW

P > 40 kW

Mellora técnica do sistema

Axuda adicional (€/kW)

Axuda adicional (€/kW)

Caldeira con sistema de alimentación de forma automática desde o sistema de almacenamento, e que este sistema teña unha capacidade igual ou maior a 250 litros e inferior a 1000 litros (*)

+ 10 €/kW

+ 10 €/kW

Caldeira con sistema de alimentación de forma automática desde o sistema de almacenamento, e que este sistema teña unha capacidade igual ou maior a 1000 litros (*)

+ 30 €/kW

+ 20 €/kW

Caldeira con sistema de limpeza automática de intercambiador

+ 20 €/kW

+ 20 €/kW


(*) Non se considerará sistema de alimentación automática cando esta se realice por gravidade desde o sistema de almacenamento.
A contía da axuda resultante estará limitada polas porcentaxes aplicables no artigo 23 do Regulamento (CE) núm. 800/2008, da Comisión do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías). Nos casos en que o solicitante non sexa unha empresa, a porcentaxe aplicable será a correspondente a unha pequena empresa segundo este mesmo artigo.
A axuda máxima por proxecto será a seguinte:



Rango de potencia

Axuda máxima por proxecto

P <= 40 kW

3.000 €

P > 40 kW

30.000 €



e) Documentación que se presentará coa solicitude.
- Anexos de datos administrativos.
- Memoria técnico-económica, que inclúa, como mínimo, o seguinte alcance:
• Descrición da instalación proxectada.
• Descrición detallada dos sistemas da caldeira (acendido, alimentación, limpeza, extracción de cinzas etc.).
• Descrición detallada do sistema de almacenamento de biomasa que se vai instalar (silo, depósito etc.) e do sistema de alimentación de combustible ata a caldeira.
• Orzamento desagregado.
• Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos.
- Anexo V (Memoria técnica caldeiras de biomasa).
- Certificado de homologación da caldeira de biomasa segundo a normativa vixente.
- Folla de características da caldeira utilizada.
- Orzamentos aceptado e asinado polo solicitante da axuda. Este documento deberá estar perfectamente detallado canto ás súas diferentes partidas económicas e, ademais, deberá estar asinado polo solicitante da axuda como proba de aceptación do documento. Non se admitirá ningún orzamento con partidas económicas agregadas, que fagan imposible a distinción das partidas económicas relevantes do proxecto; do mesmo modo, tampouco se admitirán orzamentos sen asinar polo solicitante da axuda.

O prazo para entrega das solicitudes finaliza o 07 de outubro de 2013. A concesión da axuda farase por rigorosa orde de reserva de fondos, que se confirmará coa presentación da solicitude. Por esta razón terán que realizarse dúas actuacións diferenciadas: unha primeira de reserva de fondos e unha segunda de presentación da solicitude no rexistro correspondente.

1.1. Reserva previa de fondos.
A reserva de fondos deberase realizar a través dos modelos normalizados dispoñibles na aplicación informática habilitada para tal fin, á que se terá acceso a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es/), ou ben desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es). Non será posible realizar máis dunha conexión simultánea cun mesmo NIF e contrasinal.
No caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet, e co fin de prestar asistencia para a realización da reserva de fondos, o Inega porá á disposición dos interesados un servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 15 00, ou os que en cada momento se establezan para a dita finalidade, debendo neste caso achegar información sobre todas as características técnicas da instalación para a cal se solicite a reserva incluídas nos anexos II e V desta resolución, correspondente á tecnoloxía do proxecto. Desde este servizo poderase acceder á aplicación informática e reservar os fondos.
Asemade os interesados poderán consultar en calquera dos teléfonos sinalados no parágrafo anterior o estado da tramitación do procedemento. Na páxina web disporase de instrucións de axuda para que os solicitantes poidan facer a reserva. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información no momento de encher os formularios, poderanse dirixir a esta entidade pública a través dos teléfonos 981 54 15 31 /981 54 15 30/ 981 54 15 24, do número de fax 981 54 15 15 ou do enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
A aplicación informática prestará información en tempo real sobre os fondos económicos dispoñibles, producíndose a reserva de xeito automático, por rigorosa orde cronolóxica ata o esgotamento total do crédito dispoñible para cada unha das ditas tipoloxías de proxectos, dentro de cada un dos grupos e subgrupos mencionados no artigo 3.
O solicitante deberá encher todos os campos marcados como obrigatorios, e a aplicación informática calculará automaticamente, en función das características do proxecto e do establecido nestas bases para a categoría que se solicite, a contía da axuda que poderá ser obxecto de reserva.
Se no momento de realizar a reserva existen fondos económicos suficientes para a totalidade da axuda, e non houber anteriores proxectos en espera, quedará reservada a contía correspondente ao proxecto de que se trate, sen prexuízo da posterior revisión pola comisión técnica dos documentos que se presenten segundo se recolle no artigo 7.3 destas bases, que podería dar lugar, se é o caso, á modificación da axuda na resolución de concesión.
No suposto de que non existan fondos suficientes no momento de efectuar a reserva por estaren destinados previamente para outros proxectos con reserva ao seu favor, poderase confirmar igualmente, pero o expediente pasará á listaxe de espera que lle corresponda en función do proxecto de que se trate. Existirá unha listaxe de espera por cada unha das tipoloxías establecidas no artigo 3, que estará ordenada por rigorosa orde de confirmación da solicitude na aplicación informática.
En todo caso, a reserva de fondos queda condicionada á presentación da solicitude e documentos necesarios, que poderá realizarse a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia ou ben por algún dos medios a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro).
Para os expedientes que se atopan en listaxes de espera, a reserva de fondos poderá producirse no caso de que se liberen fondos de axudas correspondentes a expedientes que previamente si obtiveron reserva de fondos, pero que polas circunstancias que sexan non se chegou á execución do proxecto.
A operativa das listaxes de espera explícase no artigo 11 destas bases reguladoras. A reserva de fondos poderá ser cancelada polo propio solicitante mediante a mesma aplicación informática pola que se realizou, producíndose tamén esta cancelación de forma automática pola falta de presentación da solicitude na forma e prazo indicados nas seguintes epígrafes.

1.2. Prazo para a reserva de fondos a través da aplicación informática.
A reserva de fondos poderase realizar a través da aplicación informática, ou ben a través do servizo de atención telefónica previsto no artigo 7.1 a), a partir das 9.00 horas do quinto día hábil despois da publicación da resolución de convocatoria e aprobación de bases no Diario Oficial de Galicia, e permanecerá aberta ata as 14.00 horas do día 1 de outubro de 2013, sen prexuízo do sinalado no seguinte parágrafo.
No caso de que se esgote o crédito en axudas de expedientes executados e pagados para unha tipoloxía, finalizará a posibilidade de realizar a reserva a través da aplicación informática para ese tipo de proxecto.

2. Presentación de solicitudes
- Unha vez realizada a reserva de fondos sinalada no número anterior, deberá presentarse obrigatoriamente a solicitude de axuda nos cinco (5) días hábiles seguintes, que servirá como inicio do expediente e confirmará a reserva de fondos efectuada.
- No suposto de que non se presente a solicitude no prazo indicado por algún dos medios que se indicarán a seguir, cancelarase automaticamente a reserva de fondos, tanto no caso de dispoñer dunha reserva de fondos confirmada como no caso de atoparse nunha listaxe de espera.
- As solicitudes deberán presentarse xunto coa documentación incluída no artigo 7.5 e no anexo I (Normas por tecnoloxía aplicada) unha vez realizados os pasos descritos anteriormente na aplicación informática, nunha das dúas seguintes formas:
A) Preferentemente, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia na mesma aplicación informática, mediante a sinatura electrónica do solicitante ou do representante legal da entidade ou empresa que solicite a axuda. Para iso o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital admitido pola sede.
A documentación complementaria prevista no artigo 7.5 presentarase escaneada dos orixinais, copias auténticas ou copias compulsadas. En calquera caso, o Inega reserva para si o dereito de requirir aos solicitantes os devanditos orixinais ou copias durante o proceso de tramitación (artigo 22.3 do Decreto 198/2012, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes).
B) Ademais dos medios electrónicos, admítese igualmente a presentación en formato papel, imprimindo os formularios xa cubertos na aplicación informática e presentándoos no Rexistro Único do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo número 5, 15707 San Lázaro, de Santiago de Compostela. Tamén nos rexistros de calquera outro órgano da Xunta de Galicia, da Administración xeral do Estado, das deputacións provinciais, cabildos e consellos insulares, concellos a que se refire o artigo 121 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, ou ao resto das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se subscribise o oportuno convenio. Igualmente, poderán presentarse nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
Cando se opte por esta vía de presentación da solicitude e se trate dun rexistro físico distinto ao do Inega, co obxecto de axilizar a tramitación do expediente, poderá remitirse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo o código da solicitude, entrada no rexistro e localidade onde se presentou.
- A solicitude presentada non deberá engadir novos datos nin emendas ou variacións con respecto á que se validou mediante a aplicación informática. En caso contrario, as solicitudes non serán admitidas a trámite.
- Tampouco se admitirán a trámite aquelas solicitudes referidas a proxectos que xa se presentaron en convocatorias anteriores e lles foi concedida a axuda correspondente, agás que previamente se renunciase a ela ou que o proxecto non fose executado.
- O prazo máximo para a presentación das solicitudes rematará o día 7 de outubro de 2013.

3. Listaxes de espera.
As listaxes de espera formadas polos expedientes para os cales non existen fondos suficientes para ter dereito a unha reserva de fondos estarán dispoñibles na páxina web do Inega (www.inega.es), e serán actualizadas nos cinco días seguintes a producirse algunha variación nelas. Existirá unha listaxe de espera para cada unha das tipoloxías dos proxectos incluídos no artigo 3.
As solicitudes incluídas nestas listaxes aparecerán no estado «Listaxe de espera (núm. na listaxe)» pasando, se é o caso, a emitírselles unha resolución de concesión de axuda conforme se liberen fondos como consecuencia dalgunha das razóns expostas no artigo 11.

4. Limitacións de solicitudes por beneficiario.
- Ningún posible beneficiario poderá realizar reservas de fondos e formular solicitudes de axudas por un importe superior a 100.000 euros entre todas as solicitudes formuladas nas diferentes liñas de subvención desta convocatoria. A axuda correspondente ao expediente co que se superaría esta contía minoraríase ata chegar aos 100.000 euros acumulados, mentres que as seguintes reserva de fondos presentadas polo mesmo solicitante non poderán tramitarse mediante a aplicación informática.
Do mesmo xeito, ningún solicitante poderá realizar reservas de fondos e formular solicitudes en expedientes pertencentes ao grupo de caldeiras de biomasa cunha axuda proposta acumulada superior a 60.000 euros, nin reserva de fondos e solicitudes cunha axuda acumulada en expedientes pertencentes aos grupos de enerxía solar fotovoltaica illada ou non illada de 20.000 euros.
A axuda correspondente ao expediente co que se superaría estas contías minorarase ata chegar aos límites anteriores, mentres que as seguintes solicitudes presentadas polo mesmo solicitante non poderán tramitarse mediante a aplicación informática.
No caso de que o solicitante renuncie a algunha ou todas as solicitudes previas, ou leve a cabo as xustificacións completas do investimento, ou o expediente sexa arquivado ou denegado, descontaranse as contías correspondentes aos ditos expedientes do solicitante, e pode optar por solicitar máis axudas ata chegar aos límites anteriores.
A contía asignada a unha reserva de fondos xa tramitada non poderá incrementarse como consecuencia da liberación de fondos correspondente a unha das situacións anteriores, aínda que estivese inicialmente minorada por chegar a un dos límites anteriores no momento de producirse a dita solicitude.
- Non se poderá facer unha reserva de fondos nin, polo tanto, solicitar unha axuda, para un proxecto que xa teña outra solicitada, independentemente de que teña unha axuda concedida ou se atope nunha listaxe de espera, sendo necesario para poder realizar unha nova solicitude que se produza a renuncia á solicitude do expediente anterior. No caso de producirse esta renuncia e unha nova solicitude, esta incluirase na listaxe que lle corresponda segundo o seu novo momento de realización da reserva de fondos, sen conservarse a orde que lle correspondía á primeira solicitude. Para os efectos do establecido nesta epígrafe, entenderase que se trata do mesmo proxecto aquel que se engloba no mesmo grupo de tecnoloxía e que se vai executar no mesmo lugar, sendo indiferente que se produzan variacións nalgunhas ou todas as características técnicas ou de investimento con respecto ao que se solicitou no primeiro lugar. O incumprimento desta condición dará lugar á cancelación da solicitude da axuda ou axudas aceptadas con posterioridade á primeira solicitude.

5. Relación de documentos e informacións que se presentarán xunto coa solicitude.
Os documentos que se presentarán xunto coa solicitude, que deberán ser orixinais ou copias cotexadas, incluirán unha parte administrativa (A) e unha parte técnica (B). Será causa de inadmisión a trámite a presentación de copias simples. Cada solicitante cubrirá por una soa vez a parte administrativa exixida na aplicación informática, á marxe do número de proxectos que presente, e a devandita aplicación xerará unha documentación xenérica para cada proxecto solicitado, que o solicitante deberá presentar co referido proxecto técnico. A solicitude deberaa cubrir o propio interesado ou a persoa que teña a representación legal en cada caso. Coa finalidade de axilizar a tramitación, no suposto de poderes mancomunados, o procedemento seguirase cun único representante que será determinado coa achega dun escrito asinado por todos os apoderados en que se indique quen asume a representación.  No caso de que os solicitantes sexan particulares ou autónomos poderase autorizar o Inega para efectuar a consulta da información necesaria en relación co seu NIF. Se non se autoriza a dita comprobación, deberase presentar copia do NIF en vigor.
A) Documentación administrativa:
Dentro da parte administrativa distinguirase a documentación común a todas as solicitudes (subepígrafe A.1.) e a específica en función do tipo de solicitante (subepígrafe A.2.).
A.1. Documentación que deben achegar todos os solicitantes:
- Modelo de solicitude (anexo II). Marcarase expresamente o procedemento correspondente ao concepto solicitado. Deberá especificarse o tipo de solicitante (particular, autónomo, empresa, entidade sen ánimo de lucro, agrupación de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica) e encher todos os campos obrigatorios.
- Declaración expresa doutras axudas concedidas ou solicitadas, ou ben de que non concorre ningunha outra axuda sobre o mesmo proxecto (anexo III).
A solicitude da axuda leva unida a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións expedidas polos organismos competentes que acrediten estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e a consellería competente en materia de economía e facenda.
En caso de que o solicitante denegue expresamente a devandita autorización, deberá, obrigatoriamente, presentar as certificacións coa solicitude. Non obstante o anterior, están exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social os beneficiarios das subvencións establecidos no artigo 51 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012 (DOG núm. 249, do 30 de decembro).
A.2. Especificacións para algúns tipos de solicitantes:
- Autónomos:     No suposto de que quen presente a solicitude se defina como profesional autónomo levará implícita a autorización ao órgano xestor para solicitar o certificado da AEAT en que se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas (IAE) en que figura dado de alta. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización, deberá, obrigatoriamente, acreditar o dito aspecto achegando a documentación tributaria correspondente.
- Empresas: A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar ao Rexistro Mercantil toda a información das empresas solicitantes que sexa necesaria para a resolución do procedemento. Se non tiveren o domicilio social en Galicia, deberá acreditarse a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma. As entidades que non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.  No suposto de tratarse dunha empresa que teña contratada a xestión enerxética total ou parcialmente dun inmoble ou instalación, deberase achegar, ademais, unha copia cotexada do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para a cal se solicita a axuda. Naqueles casos en que non se deduza do propio contrato, o Inega poderá requirir do titular ou titulares do inmoble ou instalación a constancia por escrito de que se ten coñecemento da axuda solicitada pola ESE (empresa de servizos enerxéticos).
-Entidades sen ánimo de lucro:
• Documentación que acredite a representación con que se actúa.
- Agrupación de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica:
• Documentación que acredite a súa constitución.
• Documentación que acredite a representación con que se actúa.
• Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, indicando a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios (anexo IV).
B) Documentación técnica:
A documentación técnica consta de:
1. Datos xerais do proxecto e memoria técnica en función do procedemento e concepto solicitado, debendo presentarse unha documentación completa por cada proxecto para o que se solicita subvención (anexo V).
2. Documentación técnica propia establecida en cada unha das epígrafes do anexo I (Normas por tecnoloxía aplicada) en función do tipo de instalación, correspondente á actuación para a cal se solicita a axuda.

Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130416/AnuncioO3G1-090413-0001_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>