Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave
Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Abril 2013 10:29

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.


O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Convócanse probas nos dous niveis, 2 e 3 , nas seguintes competencias clave:
- Comunicación en lingua galega.
- Comunicación en lingua castelá.
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
- Competencia matemática.
- Competencias en ciencia.
- Competencia en tecnoloxía.
- Competencia dixital.

As persoas aspirantes deberán acompañar á súa solicitude de inscrición:
a) Fotocopia do documento nacional de identidade, ou número de identificación de estranxeiro ou do pasaporte. A presentación da fotocopia do DNI ou NIE non será precisa se a persoa solicitante dá o seu consentimento para que se consulten os datos relativos aos citados documentos, hai na solicitude un recadro onde hai que marcalo especificamente, de conformidade co previsto na Orde do 7 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, no que respecta á verificación de datos de identidade e residencia.
b) De ser o caso, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%; os aspirantes que soliciten algún tipo de adaptación (ampliación de tempo e medios para a realización da proba), en ambos os casos, non será necesario nin achegar o certificado do grao de discapacidade nin o informe da procedencia das adaptacións solicitadas, se foi recoñecido polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de ter recoñecida a discapacidade por outra comunidade autónoma, deberá achegar o certificado de grao de discapacidade e o informe da procedencia das adaptacións solicitadas pola dita comunidade, agás que solicitase o traslado do seu expediente a esta comunidade autónoma (na solicitude de inscrición hai que indicar a adaptación que se solicita nos recadros do bloque de persoas aspirantes con discapacidade).
O modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, e tamén na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es/

As probas terán lugar no recinto feiral de Silleda, en Silleda (Pontevedra), nas datas indicadas no calendario da convocatoria que se inclúe no anexo II, que será exposto na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

Calendario do procedemento


Datas

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 3 de maio

Publicación da lista provisional de admitidos

30 de maio

Presentación de alegacións

Ata o 4 de xuño

Publicación da lista definitiva de admitidos

14 de xuño

Realización das probas:

Competencias clave de nivel 2

Competencias clave de nivel 3

22 de xuño

23 de xuño

Publicación dos resultados provisionais das probas

9 de xullo

Presentación de reclamacións

Ata o 12 de xullo

Publicación dos resultados definitivos das probas

24 de xullo

Horarios das probas:
– Todos os candidatos deberán presentarse unha hora antes do inicio de todas as probas para seren chamados por orde alfabética.
– A distribución das portas de entrada dependerán do número de competencias clave en que fosen admitidos.
– As listaxes de acceso para cada porta estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar e nos paneis informativos situados para tal efecto no recinto feiral de Silleda.
– Todas as probas se iniciarán ao mesmo tempo nun único chamamento.

Competencia clave

Día

Horarios

Nivel 2

22 de xuño

Nivel

23 de xuño

Matemáticas

Sesión de mañá

Inicio de todas as probas ás 10.00

Lingua castelá

Lingua galega

Lingua estranxeira (inglés)

Ciencia

Sesión de tarde

Inicio de todas as probas ás 16.30

Tecnoloxía

Dixital

O prazo de solicitude finaliza o 3 de maio de 2013. Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>