Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola
Axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Abril 2013 10:39

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 24 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2013.


O obxecto é establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2013.

Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con sede social na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Empresas vinícolas.
b) Organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas no capítulo VII do título III do Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello, do 29 de abril.
c) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas vitivinícolas.
d) Asociacións de exportadores e consorcios de exportación participados exclusivamente por empresas do sector vitivinícola.
e) Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

Os beneficiarios deberán demostrar suficiente capacidade para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países e medios para asegurar que a medida se implementa o máis efectivamente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada.

Poderán ser obxecto das medidas de promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
a) Viños con denominación de orixe protexida.
b) Viños con indicación xeográfica protexida.
c) Viños en que se indique a variedade de uva de vinificación.

Características das accións e programas:
- As accións e programas estarán claramente definidos especificando o país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as medidas que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.
-  As accións distribuiranse en períodos de 12 meses, que comezarán o 1 de xullo.
-  As mensaxes basearanse nas calidades intrínsecas do produto e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinados.
- No caso dos viños que conten cunha indicación xeográfica, deberá especificarse a orixe do produto como parte da campaña de información e promoción.
- Sen prexuízo do disposto nos números 3 e 4, as referencias a marcas, de ser o caso, poderán formar parte da mensaxe.

Os interesados que reúnan as condicións previstas no artigo 4 presentarán as propostas de accións e programas e a documentación correspondente en instancia dirixida á Consellería do Medio Rural e do Mar, de acordo co modelo que figura no anexo I que vai con esta orde.

As peticións incluirán a seguinte documentación:
- Solicitude: anexo I debidamente cuberto.
- Memoria das accións e programas presentados, que deberá conter cando menos a información prevista no formulario e ficha do anexo II.
- Fotocopia compulsada do NIF da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.
- Fotocopia compulsada do poder ou acordo do órgano competente, de ser o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes á data da solicitude.
- Fotocopia compulsada das escrituras e dos estatutos da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.
- Certificado asinado polo representante da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante en que se indiquen os seguintes datos:
• Das 3 últimas campañas: produción (hl), cantidade comercializada, porcentaxe de exportación sobre vendas totais, exportación por países (hl).
• Anos de experiencia exportadora, anos de experiencia en programas de promoción exterior.
- Catálogo descritivo da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción solicitado.
- Declaración de concorrencia de axudas: seguirase o modelo do anexo VI.
- Compromiso de financiamento: seguirase o modelo do anexo VII.

Os interesados poderán presentar electronicamente as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico: https://sede.xunta.es. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, as solicitudes poderán presentaranse no Rexistro Xeral do Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar. Así mesmo, poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de envío por correo, farase de acordo co regulamentariamente previsto no artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, que indica que se presentará en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar se faga constar, con claridade, o nome da oficina, a data e o lugar da súa admisión.

O prazo de solicitude finaliza o 15 de maio de 2013. Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>