Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Apoio financeiro ao investimento industrial para mellora da competitividade no ano 2013
Apoio financeiro ao investimento industrial para mellora da competitividade no ano 2013 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 06 Maio 2013 11:31

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde pola que se convoca a concesión de apoio financeiro ao investimento industrial na industria manufactureira no marco da política pública de fomento da competitividade industrial no ano 2013.

O obxecto é a a concesión de apoios financeiros, correspondentes ao ano 2013, para a execución dos investimentos estruturados en plans de mellora en empresas industriais previstas no apartado Terceiro.b) da Orde IET/611/2013, do 11 de abril, pola que se establecen as bases para a concesión de apoio financeiro ao investimento industrial no marco da política pública de reindustrialización e fomento da competitividade industrial, publicada no Boletín Oficial do Estado número 91, do 16 de abril de 2013.

Poderán ter a condición de beneficiario/a as sociedades mercantís do sector privado que cumpran as condicións establecidas no apartado cuarto da Orde IET/611/2013, do 11 de abril. Poderán ser obxecto de apoio financeiro, segundo o disposto no apartado terceiro b) da Orde IET/611/2013, do 11 de abril, os investimentos estruturados en plans de mellora en empresas industriais que actúen sobre algún dos seguintes factores de competitividade:
- Incorporación de tecnoloxías innovadoras a produtos e procesos de produción, a escala industrial.
- Implantación de sistemas avanzados de produción, en especial os destinados a establecer colaboracións estables ao longo da cadea de valor dun produto ou servizo.
- Aumento da eficiencia enerxética de produtos ao longo da súa vida útil ou do proceso de produción.
- Incremento da eficiencia do proceso, a través de: redución da xeración de residuos, a optimización de consumos de materias primas, material e fluídos de proceso, mellora dos niveis de rexeitamentos e reprocesamentos, etc.
- Redución do impacto ambiental de produtos ao longo da súa vida útil, a través da aplicación de criterios de ecodiseño.
- Adaptación anticipada da produción a futuras normas comunitarias.

As actuacións ás que refire esta convocatoria, para ser financiables deberán producirse no ámbito da industria manufectureira, coa excepción dos sectores de automoción, aeroespacial e de construción de barcos e estruturas flotantes.
Para estes efectos, entenderanse actuacións no ámbito da industria manufectureira, as que vaian executarse por empresas cuxa actividade principal se encadre na Sección C-Divisións 10 a 32 da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009), establecida por Real Decreto 475/2007, do 13 de abril (BOE do 28), coas seguintes exclusións:
a) Empresas cuxa actividade principal estea comprendida nos códigos CNAE-2009: 30.3 e empresas cuxa actividade principal non está comprendida nos devanditos códigos pero que presentan un plan de mellora da competitividade referido exclusivamente a actividades ou actuacións no marco dunha liña de negocio industrial aeronáutica e/ou espacial específica existente dentro da empresa.
b) Empresas cuxa actividade principal estea comprendida no código CNAE-2009: 29 e empresas cuxa actividade principal non está comprendida no código CNAE anterior, nas que polo menos o 60 por cento da súa facturación nas liñas de produto ás que se refire o investimento procede de empresas cuxa actividade principal está comprendida no código CNAE 29.
c) Empresas cuxa actividade principal estea comprendida no código CNAE-2009: 30.11, con autorización para construír buques de casco metálico de máis de 100 GT.

Por actividade principal entenderase a que empregue un maior número de persoas ou proporcione unha maior porcentaxe de facturación.

Serán susceptibles de financiamento, conforme ao disposto no apartado Quinto.1.2.ª da Orde IET/611/2013, do 11 de abril, os activos materiais e inmateriais, así como os gastos de enxeñaría de desenvolvemento necesarios para obter as melloras formuladas:
a) Activos materiais: Investimentos en instalacións e bens de equipo directamente vinculados ás melloras formuladas. Quedan excluídos os investimentos en terreos, edificios e obra civil. No caso da obra civil, só se admitirán as directamente vinculadas á instalación dun novo equipamento (tipo cimentación para bancadas).
b) Activos inmateriais: Activos vinculados á transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de dereitos de patentes, licenzas, “know-how” ou coñecementos técnicos non patentados, directamente vinculados ás melloras formuladas.
c) Gastos de enxeñaría de desenvolvemento: Consideraranse financiables aqueles gastos directamente relacionados co desenvolvemento, na proporción, que se xustifiquen en función da dedicación á citada actividade. Os custos que poderán imputarse serán:
- Gastos de persoal propio ou contratado. Consideraranse financiables os gastos de persoal estritamente necesarios para levar a cabo os investimentos durante a fase de desenvolvemento ata o inicio da utilización a escala industrial, que estean suficientemente xustificados segundo o plan de traballo presentado. Os devanditos gastos non poderán exceder o 15 por cento do total do presuposto de investimento financiable.
- Subcontratacións, custos de investigación contractual, coñecementos técnicos, custos de consultoría e servizos equivalentes, destinados, de xeito exclusivo ao proxecto ou actuación. Consideraranse financiables na medida que os devanditos gastos estean descritos e xustificados, no plan de traballo do investimento. Para iso as posibles colaboracións externas deberán estar descritas no seu alcance, entregable contratado e momento no que dito entregable se producirá.
- Custos de material, subministracións e produtos similares, que se deriven directamente, da actuación formulada. Poderán financiarse, na medida que a súa necesidade quede xustificada na descrición das melloras a obter.
- Os investimentos deberán cumprir o establecido no apartado quinto.2 da Orde IET/611/2013, do 11 de abril.

As actuacións financiadas deberán executarse nun prazo máximo de dezaoito meses contados dende a data de resolución da concesión. Os investimentos e os gastos financiados deberán ser realizados no citado prazo de execución. Os pagamentos en firme vinculados aos anteriores investimentos e gastos por parte do beneficiario, poderán efectuarse ata o momento de presentación da xustificación establecido no apartado vixésimo quinto da Orde IET/611/2013, do 11 de abril. E o orzamento financiable mínimo dos investimentos será de 100.000 euros no caso de que o solicitante sexa unha PEME e 750.000 euros se é unha grande empresa.

Os apoios financeiros convocados mediante esta orde terán a forma de préstamos reembolsables. As características dos préstamos serán as seguintes:
a) Importe do préstamo: Que resulte da aplicación das porcentaxes e límites establecidos no apartado oitavo desta orde.
b) Prazo de amortización: Dez anos, cun prazo de carencia de tres anos.
c) Tipo de xuro de aplicación do 4,925 por cento anual. Este tipo de xuro poderá incrementarse no momento da resolución conforme ao disposto no apartado Undécimo.3 da Orde IET/611/2013, do 11 de abril.
d) O método de amortización seguirá o seguinte sistema: as cotas de amortización de principal serán anuais e de igual contía, e deberán satisfacerse unha vez finalizado o prazo de carencia. A liquidación dos intereses será anual, satisfacéndose xunto coa cota de amortización correspondente ao final de cada período, e calcularanse sobre o capital vivo ao inicio do período. Os préstamos percibirán intereses dende a data de entrega do principal, entendéndose como tal a data na que o Tesouro Público realiza a transferencia do importe concedido ao beneficiario.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 17 de xuño de 2013. A formalización e presentación das solicitudes realizarase segundo o establecido no apartado décimo oitavo da Orde IET/611/2013, do 11 de abril.
- A solicitude de financiamento deberá constar da seguinte documentación:
a) Formulario de solicitude de financiamento e cuestionario electrónico: Ficheiro asinado electronicamente cumprido necesariamente cos medios electrónicos dispoñibles na sede electrónica do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (https://sede.minetur.gob.es).
b) Memoria descritiva do proxecto segundo a estrutura e contido establecido no anexo desta orde.
c) Acreditación válida do poder do asinante da solicitude.
d) Resgardo de constitución de garantía ante a Caixa Xeral de Depósitos, polo importe, que corresponda segundo o establecido no apartado décimo desta orde.
e) Estados financeiros inscritos no Rexistro Mercantil dos tres últimos exercicios pechados, se o solicitante dispón destes.
f) En caso de non ter inscrito en rexistro mercantil o último exercicio pechado, estados financeiros do devandito exercicio, incluíndo polo menos o Balance e Conta de Perdas e Ganancias e co mesmo formato de presentación que no Rexistro Mercantil.
g) CIRBE da débeda financeira da entidade solicitante no momento da solicitude ou cunha antigüidade máxima de tres meses, contados dende a emisión da CIRBE ata a data de solicitude.
h) Acreditación do cumprimento de obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, só no caso no que o solicitante non autorice que o órgano concedente obteña de forma directa a devandita acreditación a través de certificados electrónicos.
i) Declaración responsable de non ter débedas por reintegro de axudas ou préstamos coa Administración, nin estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha Decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
j) Declaración responsable de estar ao corrente de pagamento das obrigas de reembolso de calquera outros préstamos ou anticipos concedidos anteriormente con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado.
k) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións ás que se refire o artigo 13.2 da Lei Xeral de Subvencións, en cumprimento do establecido nos artigos 26 e 27 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

- Os interesados presentarán a solicitude de financiamento e o resto da documentación no rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, con firma electrónica da persoa que teña poder de representación abondo. Mediante a firma electrónica da solicitude, garantirase a fidelidade co orixinal das copias dixitalizadas dos documentos achegados xunto á devandita solicitude, segundo o disposto no apartado Decimoquinto.8 da Orde IET/611/2013, de 11 de abril. No caso de representación mancomunada, deberá achegarse así mesmo unha copia dixitalizada da solicitude
- Se a documentación achegada non reunise os requisitos esixidos, requirirase o interesado para que, no prazo de dez días hábiles, dende o seguinte ao de recepción do requirimento, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con advertencia de que, se non o fixese, se lle terá por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>