Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Apoio finaceiro ao investimento industrial
Apoio finaceiro ao investimento industrial PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Maio 2013 10:29

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde IET/765/2013, do 26 de abril, pola que se convoca a concesión de apoio financeiro ao investimento industrial no marco da política pública de reindustrialización no ano 2013.


Convócase, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de apoios financeiros, correspondentes ao ano 2013, para a execución de investimentos materiais destinados á creación, ampliación ou traslado de establecementos industriais, previstos no apartado terceiro a) da Orde IET/611/2013, do 11 de abril, pola que se establecen as bases para a concesión de apoio financeiro ao investimento industrial no marco da política pública de reindustrialización e fomento da competitividade industrial, publicada no «Boletín Oficial do Estado» número 91, do 16 de abril de 2013.

A presente convocatoria será de aplicación aos proxectos ou actuacións de reindustrialización que se efectúen nos municipios asignados á convocatoria xeral segundo o listado publicado no Portal de Axudas aloxado na sede electrónica do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (https://sede.minetur.gob.es).

As solicitudes de financiamento para investimentos en municipios que, segundo o referido listado, puidesen optar a máis dunha convocatoria, asignaranse de oficio a aquela convocatoria con prazo de solicitude aberto, cuxo ámbito xeográfico de aplicación sexa máis restrinxido.

Poderán ter a condición de beneficiario as sociedades mercantís do sector privado que cumpran as condicións establecidas no apartado cuarto da Orde IET/611/2013, do 11 de abril (tamén poderán ser obxecto de apoio financeiro os investimentos materiais destinados á creación, ampliación ou traslado de establecementos industriais que cumpran o establecido no apartado terceiro a) da Orde IET/611/2013, do 11 de abril).

Será susceptible de financiamento, conforme ao disposto no apartado quinto.1 da Orde IET/611/2013, do 11 de abril, a adquisición de activos fixos de carácter material, a condición de que sexan necesarios para a creación, ampliación ou traslado de establecementos:
a) Obra Civil: Investimentos en urbanización e canalizacións.
b) Edificación: Construción, ampliación ou adecuación de naves industriais así como instalacións e equipos non vinculados directamente á produción.
c) Activos materiais directamente asociados á produción, excluídos os elementos de transporte exterior.
Co obxecto de optimizar os fondos dispoñibles e aliñar o financiamento concedido co obxectivo de poñer atención singular a aqueles proxectos que incorporen tecnoloxías avanzadas e o maior valor engadido posible, o orzamento que se considerará financiable correspondente á suma dos conceptos a) e b) anteriores será, como máximo, o 50 por cento do total do orzamento financiable.

Os investimentos deberán cumprir o establecido no apartado quinto.2 da Orde IET/611/2013, do 11 de abril.

As actuacións financiadas deberán executarse nun prazo máximo de dezaoito meses contados dende a data de resolución da concesión. Os investimentos e os gastos financiados deberán ser realizados no citado prazo de execución. Os pagamentos en firme vinculados aos anteriores investimentos e gastos por parte do beneficiario, poderán efectuarse ata o momento de presentación da xustificación establecido no apartado vixésimo quinto da Orde IET/611/2013, do 11 de abril.
O orzamento financiable mínimo dos investimentos será de 100.000 euros no caso de que o solicitante sexa unha PEME e 750.000 euros se é unha grande empresa. Os apoios financeiros convocados mediante esta orde terán a forma de préstamos reembolsables. As características dos préstamos serán as seguintes:
a) Importe do préstamo: Que resulte da aplicación das porcentaxes e límites establecidos no apartado sétimo desta orde.
b) Prazo de amortización: Dez anos, cun prazo de carencia de tres anos.
c) Tipo de xuro de aplicación do 4,925 por cento anual. Este tipo de xuro poderá incrementarse no momento da resolución conforme ao disposto no apartado undécimo.3 da Orde IET/611/2013, do 11 de abril.
d) O método de amortización seguirá o seguinte sistema: as cotas de amortización de principal serán anuais e de igual contía, e deberán satisfacerse unha vez finalizado o prazo de carencia. A liquidación dos intereses será anual, satisfacéndose xunto coa cota de amortización correspondente ao final de cada período, e calcularanse sobre o capital vivo ao inicio do período. Os intereses percibiranse dende a data de entrega do principal, entendéndose como tal a data na que o Tesouro Público realiza a transferencia do importe concedido ao beneficiario.

A formalización e presentación das solicitudes, ata o 13 de xuño de 2013, realizarase segundo o establecido no apartado décimo oitavo da Orde IET/611/2013, do 11 de abril. A solicitude de financiamento deberá constar da seguinte documentación:
a) Formulario de solicitude de financiamento e cuestionario electrónico: Ficheiro asinado electronicamente cumprido necesariamente cos medios electrónicos dispoñibles na sede electrónica do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (https://sede.minetur.gob.es).
b) Memoria descritiva do proxecto segundo a estrutura e contido establecido no anexo desta orde.
c) Acreditación válida do poder do asinante da solicitude.
d) Resgardo de constitución de garantía ante a Caixa Xeral de Depósitos, polo importe, que corresponda segundo o establecido no apartado noveno desta orde.
e) Estados financeiros inscritos no Rexistro Mercantil dos tres últimos exercicios pechados, se o solicitante dispón destes.
f) En caso de non ter inscrito en rexistro mercantil o último exercicio pechado, estados financeiros do devandito exercicio, incluíndo polo menos o Balance e Conta de Perdas e Ganancias e co mesmo formato de presentación que no Rexistro Mercantil.
g) CIRBE da débeda financeira da entidade solicitante no momento da solicitude ou cunha antigüidade máxima de tres meses, contados dende a emisión da CIRBE ata a data de solicitude.
h) Acreditación do cumprimento de obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, só no caso no que o solicitante non autorice que o órgano concedente obteña de forma directa a devandita acreditación a través de certificados electrónicos.
i) Declaración responsable de non ter débedas por reintegro de axudas ou préstamos coa Administración, nin estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha Decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
j) Declaración responsable de estar ao corrente de pagamento das obrigas de rembolso de calquera outros préstamos ou anticipos concedidos anteriormente con cargo aos Presupostos Xerais do Estado.
k) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións ás que se refire o artigo 13.2 da Lei Xeral de Subvencións, en cumprimento do establecido nos artigos 26 e 27 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

Os interesados presentarán a solicitude de financiamento e o resto da documentación no rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, con firma electrónica da persoa que teña poder de representación abondo. Mediante a firma electrónica da solicitude, garantirase a fidelidade co orixinal das copias dixitalizadas dos documentos achegados xunto á devandita solicitude, segundo o disposto no apartado decimoquinto.8 da Orde IET/611/2013, de 11 de abril.
No caso de representación mancomunada, deberá achegarse así mesmo unha copia dixitalizada da solicitude asinada electronicamente por cada un dos representantes mancomunados.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>