Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Obtención/mantemento da marca Q de Calidade do ICTE
Obtención/mantemento da marca Q de Calidade do ICTE PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Maio 2013 08:08

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 29 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE ao obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

O obxecto é a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística: procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao presente ano e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2013. Os conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos de certificación cuxos custos sexan soportados directamente polos establecementos:
• Custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, quedando excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos nos que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do presente ano 2013.
• Custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2013, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.
Só procederá ao pagamento da axuda no caso do logro efectivo da certificación correspondente, que se deberá acreditar de xeito fidedigno ante a Axencia Turismo de Galicia, non considerándose en ningún caso a axuda sen esta condición.
Non serán beneficiarios desta axuda os establecementos certificados coa marca Q de Calidade Turística do ICTE, baixo a fórmula de auditoría “multi-site”.

Poderán ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios que conten coa clasificación turística expedida pola Comunidade Autónoma galega e que estean comprendidos da definición de pequena ou mediana empresa (peme). Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado; nin tampouco a  consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1, letra h) do Regulamento (CE) núm. 1998/2006, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado, ás axudas minimis.
Os interesados achegarán a seguinte documentación:
a) Anexo II: modelo de solicitude normalizado.
b) Orzamento desagregado por conceptos do investimento que se vai realizar.
c) Anexo III: Modelo de declaración.
d) Todo isto sen prexuízo de que se solicite documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.

Documentación específica referida á calidade:
a) No caso de solicitudes de axuda que conduzan á primeira certificación baixo a marca Q de Calidade Turística no presente ano, documento acreditativo da adhesión do establecemento ao Instituto para a Calidade Turística Española, emitido pola súa Delegación Territorial en Galicia.
b) No caso de solicitudes de axuda que conduzan a procesos de renovación/seguimento de establecementos certificados con anterioridade coa marca Q de Calidade Turística, documento acreditativo de certificación en vigor, emitido polo Instituto para a Calidade Turística Española.
c) No caso de solicitudes de axudas referidas a procesos de auditoría externa de certificación/seguimento/renovación da marca Q, orzamento da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano.
d) No caso de solicitudes de axudas referidas a cotas de uso da marca Q, orzamento ou factura proforma emitido polo ICTE correspondente á cota de uso da marca anual posterior á concesión da certificación, seguimento e/ou renovación acadada no ano 2013.
e) No caso de establecementos distinguidos con Compromiso de Calidade Turística, documento acreditativo do distintivo de compromiso de calidade turística de boas prácticas en vigor concedido por un destino SICTED (Sistema de Calidade Turística Española en Destinos) na Comunidade Autónoma de Galicia.
f) De ser o caso, documentos acreditativos relativo ás certificacións e/ou distintivos de calidade, calidade ambiental e/ou accesibilidade do establecemento solicitante.

As solicitudes presentaranse, antes do 08 de xuño de 2013, no Rexistro Único da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos restantes medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse en sede electrónica no enderezo da internet https//sede.xunta.es, conforme o disposto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://turismo.xunta.es
b) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e o fax 981 54 63 71 da devandita axencia.
c) Enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
d) Presencialmente.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>