Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Mellora das infraestruturas de establecemento hoteleiros
Mellora das infraestruturas de establecemento hoteleiros PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Maio 2013 08:10

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 29 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a mellora das infraestruturas de establecementos hoteleiros do grupo I, albergues turísticos, empresas de servizos turísticos complementarios e restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.


O obxecto é a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación a entidades privadas para a mellora das infraestruturas de hoteis grupo I, albergues turísticos, empresas de servizos turísticos complementarios e restaurantes.

Consideraranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2013. En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
- Actuacións relativas á modernización das instalacións.
- Actuacións destinadas ao aumento da categoría do establecemento.
- Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
- Actuacións destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implantación de sistemas de protección e mellora ambiental.
- Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter a certificación de calidade.
- As accións de mellora abranguen actuacións de modernización e remodelación de todas as instalacións. A mellora subvencionable non poderá supor un incremento superior ao 10 % das prazas autorizadas pola Administración turística. As actuacións previstas que excedan o dito 10 % non serán subvencionables. En todo caso, presentará a desagregación orzamentaria do proxecto que reflicta o custo correspondente á creación de cada unha das novas prazas que permita a determinación da contía da subvención. No caso de ter desfrutado dunha subvención semellante nos últimos 5 anos, non poderá incrementarse ningunha praza.
- En ningún caso se financiarán as obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canlóns, pintura, arranxos de carpintaría ...).
- Considérase investimento subvencionable a execución material das obras que se acometan para a mellora dos establecementos obxecto desta resolución. Igualmente, de ser o caso, a adecuación do contorno, as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura tradicional existentes e os honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra.
- Para os efectos do cálculo do investimento subvencionable, os honorarios técnicos non serán superiores ao 8 - Están comprendidos nos proxectos de obras e son, polo tanto, subvencionables todos aqueles bens de equipamento que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado etc. ...). Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as ditas condicións.
- Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta resolución a adquisición de terreos.
- En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
- Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 50.000 euros no caso de contratos de obras, ou igual ou superior aos 18.000 euros cando se trate doutros contratos, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
- Cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantíl ou civil e as comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizada ou clasificada, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT) a actividade turística para a cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia. Os anteditos beneficiarios deben estar comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado; nin tampouco a  consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1, letra h) do Regulamento (CE) núm. 1998/2006, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado, ás axudas minimis.

Os interesados achegarán a seguinte documentación:
a) Anexo II: modelo de solicitude normalizado.
b) Documentación acreditativa da propiedade do inmoble ou calquera outro dereito que autorice a realización do investimento solicitado.
c) Documentación acreditativa de representatividade suficiente para actuar en nome da empresa, no caso de que este non coincida co que figura no REAT.
d) Memoria explicativa, na cal se defina o investimento, que deberá adecuarse á complexidade da actuación que se pretende realizar.
e) Orzamento do investimento desagregado por partidas.
f) Cando se trate de obras para as cales sexa preceptiva, deberá presentarse a solicitude de licenza urbanística que posibilite a execución do investimento. Coa primeira solicitude de pagamento será obrigatoria a presentación da antedita licenza urbanística.
g) Anexo III: modelo de declaracións.
h) De ser o caso:
- Documento acreditativo da adhesión do establecemento ao Instituto para a Calidade Turística Española, emitido pola súa Delegación Territorial en Galicia ou, no caso de establecementos coa marca Q de calidade turística, documento acreditativo de certificación, emitido polo Instituto para a Calidade Turística Española.
No caso de establecementos distinguidos con compromiso de calidade turística, documento acreditativo do distintivo de compromiso de calidade turística de boas prácticas concedido por un destino Sicted (Sistema de Calidade Turística Española en Destinos) na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Documentos acreditativos relativos ás certificacións e/ou distintivos de calidade ambiental do establecemento solicitante.
i) Todo isto sen prexuízo de que se solicite documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.

As solicitudes presentaranse, antes do 08 de xuño de 2013, no Rexistro Único da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos restantes medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse en sede electrónica no enderezo da internet https//sede.xunta.es, conforme o disposto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://turismo.xunta.es
b) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e o fax 981 54 63 71 da devandita axencia.
c) Enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
d) Presencialmente.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>