Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas á apicultura para o ano 2013
Axudas á apicultura para o ano 2013 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Maio 2013 09:58

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 3 de maio de 2013 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2013.


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura, e proceder á súa convocatoria para o ano 2013. Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñados a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:

a) Prestar información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores en ámbitos distintos da sanidade apícola, formación de persoal de centros de envasado e de laboratorios de organizacións apícolas, técnicas apícolas e divulgación. Para esta liña a subvención será de ata o 50 % dos gastos.
b) Loita contra a varroase: actividades inescusablemente ligadas a un programa sanitario supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e funcionamento: asociacións de defensa sanitaria, custos de tratamentos químicos autorizados, métodos de loita biolóxica, mellora das condicións de tratamento das colmeas. Para esta liña a subvención será de ata o 50 % dos gastos en produtos, outros materiais e asistencia técnica relacionada coa sanidade apícola, cun máximo de axuda de ata 4 € por colmea para o caso dos tratamentos químicos. E de ata o 30 % do custo da contratación dun veterinario, ou de ata o 80 % do custo no suposto de que a contratación sexa en exclusividade, cunha limitación de 25.000 € para subvención deste contrato. Para que unha contratación de veterinarios en réxime de exclusividade poida ser subvencionada esta terá que ser, como mínimo, de 22.000 €.
c) Racionalizar a transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en equipamentos de uso exclusivo para manipulación de colmeas transhumantes, divulgación de boas prácticas de transhumancia, acondicionamento de espazos para facilitar a transhumancia. Con cargo a esta liña aboarase a subvención do seguro de responsabilidade civil, tanto para as colmeas estantes como para as transhumantes. Para esta liña a subvención será de ata o 50 % dos gastos, agás a identificación das colmeas, en que a subvención será de ata o 70 %.

Poderán optar ás axudas:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma, polo menos con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2012. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da letra a).
Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas explotacións, ben sexa a título individual ou ben como integrante dunha cooperativa ou organización representativa. As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular.

Para poderen acollerse ás ditas medidas da axuda, os apicultores, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa ou organización representativa, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Dispor dun seguro de responsabilidade civil.
b) Seren titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
c) Ter realizada a declaración censual anual referida ao ano 2012.

As solicitudes presentaranse, antes do 10 de xuño de 2013, nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería de Medio Rural e do Mar. Así mesmo, poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tamén poderán ser presentadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es.

Para máis información deben dirixirse á Oficina de Extensión Agraria, situada na prazada da Alameda ou no teléfono 988-410828.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>