Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a dotación de equipamento
Subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a dotación de equipamento PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Maio 2013 12:45

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 2 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a dotación de equipamento para empresas de servizos turísticos complementarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dotación de equipamentos ás empresas de servizos turísticos complementarios.

Consideraranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2013 e poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución o equipamento para a práctica de actividades deportivas e de lecer: bicicletas, piraguas, embarcacións, material de golf, sendeirismo, hípica, material náutico, escalada...).  En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais (os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente) e tampouco se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 18.000 euros nos supostos de subministración de bens de equipamento, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que as subministren (cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada).

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teña inscrita conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante REAT), a actividade turística para a que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia)

Os interesados achegarán a seguinte documentación:
a) Anexo II: modelo de solicitude normalizado.
b) Memoria explicativa na que se defina o investimento.
c) Orzamento do investimento desagregado por conceptos.
d) Documentación acreditativa de representatividade suficiente para actuar en nome da empresa, no caso de que este non coincida co que figura no REAT.
e) Anexo III: modelo de declaracións.
f) Copia NIF do titular. Non cumprirá presentar copia deste documento sempre que o titular autorice á Axencia Turismo de Galicia para que verifique os seus datos de identidade, de acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.
h) Se é o caso:
- Documento acreditativo da adhesión do establecemento ao Instituto para a Calidade Turística Española, emitido pola súa Delegación Territorial en Galicia ou, no caso de establecementos coa marca Q de Calidade Turística, documento acreditativo de certificación, emitido polo Instituto para a Calidade Turística Española.
No caso de establecementos distinguidos con Compromiso de Calidade Turística, documento acreditativo do Distintivo de Compromiso de Calidade Turística de Boas Prácticas concedido por un destino SICTED (Sistema de Calidade Turística Española en Destinos) na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Documentos acreditativos relativo ás certificacións e/ou distintivos de calidade ambiental do establecemento solicitante.
i) Todo isto sen prexuízo de que se solicite documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.

As solicitudes presentaranse, antes do 13 de xuño de 2013, no Rexistro Único da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos restantes medios previstos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse en sede electrónica no enderezo da internet https//sede.xunta.es, conforme o disposto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es/).
b) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e o fax 981 54 63 71 da devandita axencia.
c) Enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
d) Presencialmente.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>