Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B
Axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Maio 2013 10:04

Desde Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín (OMIX) infórmase da publicación das bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria da xuventude galega, e se procede á súa convocatoria.


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos mozos e mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude. Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:
a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
b) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
c) Teñan a súa residencia en Galicia.
d) Estean matriculados/as nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir.
e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2013, ponderado segundo os membros da unidade familiar, non supere os máximos que a continuación se indican:


N.º de membros da unidade familiar

Ingresos máximos

1

18.637,85 €

2

20.707,72 €

3 ou máis

23.297,31 €


Para os efectos da resolución desta convocatoria, entenderase por unidade familiar a constituída pola persoa solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe ou parella con análoga relación de afectividade e parentes por consanguinidade ata o segundo grao e por afinidade ata o primeiro que convivan no mesmo domicilio
f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude, ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.

Deberá xuntar á solicitude a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI para españois ou documento equivalente para nacionais da Unión Europea, ou tarxeta de residencia do solicitante no caso de naturais doutros países, cando o/a solicitante non lle autorice á Consellería de Traballo e Benestar a consulta dos seus datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade.
b) Fotocopia da declaración do IRPF correspondente ao último exercicio fiscal pechado da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar comprendidos no artigo 2 e) desta orde e que teñan máis de 16 anos ou, no caso de non teren feita a declaración, a correspondente certificación negativa de Facenda. Non será necesario achegar esta documentación no caso de que a persoa solicitante e os demais membros da unidade familiar autoricen expresamente a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntario para solicitar da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda os datos de carácter tributarios necesarios para a determinación da renda da unidade familiar, conforme o modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo II.
c) Certificado de convivencia ou empadroamento conxunto.
d) Certificado de empadronamento nalgún concello de Galicia cando a persoa solicitante non lle autorice á Consellería de Traballo e Benestar a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de residencia.
e) Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para as actividades obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, consonte o modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo III.
f) Declaración de non estar incuso nas prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo III.
g) Xustificante que acredite estar matriculado/a nunha autoescola no momento de presentar a solicitude, no caso de non estar xa en posesión do permiso de conducir.
O importe da axuda será de 250 € por persoa beneficiaria, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 01 de outubro de 2013, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible. Para máis información e tramitación deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín (OMIX), situada no primeiro piso da Casa da Xuventude (Avda. de Portugal 11bis) ou no teléfono 988-414776.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>