Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Requerimentos de emenda das solicitudes presentadas á convocatoria de subvencións a proxectos de enerxías renovables
Requerimentos de emenda das solicitudes presentadas á convocatoria de subvencións a proxectos de enerxías renovables PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Maio 2013 12:00

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da resolución do 10 de maio de 2013 pola que se procede á publicación de requirimentos de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 9 de abril de 2013, que estableceu as bases reguladoras e anunciou a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables (Diario Oficial de Galicia número 73, do 16 de abril).

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo mencionado no artigo 12.1º da citada Resolución do 9 de abril de 2013, en diante bases reguladoras, estanse a analizar as solicitudes presentadas para as diversas tecnoloxías previstas no seu anexo I (Normas por tecnoloxía aplicada).

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda, referidos ás seguintes liñas de axuda:
- Enerxía solar térmica (IN421A).
- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas (IN421C).
- Caldeiras de biomasa (IN421D).

O artigo 9.2º das bases reguladoras, que regula a emenda de solicitudes, dispón: “Tales requirimentos de emenda serán notificados de acordo co establecido na Lei 30/1992; porén, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da devandita lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e a través do taboleiro electrónico habilitado para estes efectos na páxina web do Inega (www.inega.es), onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai. Poderase facer indicación expresa de que os seguintes actos administrativos do procedemento serán notificados a través do citado taboleiro”.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) publícanse aquelas solicitudes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recollen no anexo desta resolución, e na que se require aos solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no taboleiro electrónico, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe “Axudas a instalacións enerxías renovables 2013”. As solicitudes suxeitas a emenda de documentación aparecen en DOG 23-05-2013

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>