Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas á reorientación e competitividade das pemes galegas
Axudas á reorientación e competitividade das pemes galegas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Xuño 2013 11:10

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 7 de xuño de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Proxectos obxecto de apoio
1.1. Co obxectivo de incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de iniciativa:
1.1.1. Segundo a regulación específica establecida no artigo 6 poderán ser subvencionables proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 € (procedemento IG103).
1.1.2. Segundo a regulación específica establecida no artigo 7 poderán ser subvencionables proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 € (procedemento IG174).

Requisitos dos proxectos subvencionables:
a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.
b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.

Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

- Estas axudas son incompatibles con calquera outra liña de axudas ou subvencións para o mesmo proxecto cofinanciada con fondos ou instrumentos da UE.
- Noutro caso, as axudas serán compatibles con calquera outra liña de subvencións, sempre que respecten as seguintes intensidades de axuda máxima: o 40 % do gasto subvencionable para medianas empresas e o 50 % do gasto subvencionable para pequenas empresas, excepto no sector do transporte que será o 30 %.
- A obtención doutras axudas ou subvencións ao mesmo proxecto deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Beneficiarios
Coas limitacións establecidas para cada liña de axuda, no artigo correspondente, poderán ser beneficiarios:
- As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non excluída no citado Regulamento (CE) nº 800/2008, xeral de exención por categorías, e acometan proxectos subvencionables. Non serán subvencionables as seguintes actividades:
a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura regulamentadas polo Regulamento (CE) 104/2000.
* CNAE 09: divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40).
* CNAE 09: grupo 10.2 (todas as clases) e clase 46.38.
b) O sector da industria siderúrxica conforme a definición que recolle o anexo I das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08):
• CNAE 09: grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52.
c) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).
d) O sector do carbón e do aceiro:
• CNAE 09: división 05 (todos os grupos e clases).
e) O sector da construción naval consonte o disposto na comunicación da Comisión DO C 160, do 28.10.2006:
• CNAE 09: clase 30.11.
- Cumprindo os requisitos de domiciliación e actividade, poderán ser, así mesmo, beneficiarios:
a) As persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As agrupacións de interese económico.
- Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 1 número 7 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008). Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

Condicións dos gastos subvencionables
- Os gastos subvencionables serán os establecidos nestas bases para cada liña de axuda.
- Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data que, á vista das características do proxecto, sexa establecida na resolución de concesión.
Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.
- Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse coa solicitude de axuda, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa. As ofertas deberán ter sinatura e selo orixinal do provedor. Para modificar o provedor seleccionado deberá pedir previamente á súa contratación autorización ao Igape e xustificar as razóns do cambio.
- Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto e debe constar, neste momento, o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas e constar efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.
- O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.
- No caso de investimento en activos intanxibles, para seren considerados subvencionables, deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.
- Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na resolución individual correspondente os investimentos subvencionados ata o remate do prazo de execución do proxecto.
- Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.
- Os gastos subvencionables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.
- A subvención poderá chegar ata o 40 % dos investimentos subvencionables, e ata o 50 % se se dirixe exclusivamente a pequenas empresas, sen superar as limitacións especificadas nos números anteriores. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Requisitos específicos da liña de axuda para proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 € (procedemento IG103)
- Obrigas e límites.
* O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha das seguintes actividades, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:
a) A extracción, procesamento, transformación ou produción de minerais, produtos enerxéticos ou os seus derivados.
b) A industria.
c) Actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.
d) As actividades de eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.
e) Servizos auxiliares á industria.
f) Tamén poderán ser incentivados, con especial consideración, os equipamentos tecnolóxicos para a creación ou ampliación de centros de desenvolvemento, investigación, ensaios ou laboratorios, xunto con instalacións piloto e experimentación de novas tecnoloxías, vinculados ás empresas cuxa actividade principal sexa subvencionable.
* Un solicitante só poderá presentar unha solicitude por convocatoria. Para estes efectos considerarase como un * Se o investimento subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
* O investimento subvencionable mínimo do proxecto será de 300.001 euros. Por debaixo desta cantidade non serán atendidas as solicitudes de subvención.
* Un proxecto de investimento só poderá ser presentado a unha das convocatorias: axudas para equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes convocadas polo Igape ou axudas para investimentos innovadores para o crecemento empresarial convocadas pola Axencia Galega de Innovación. No caso de que un proxecto se presente ás dúas, só se admitirá a trámite a correspondente ao proxecto de maior importe.
- Conceptos subvencionables: para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:
a) Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas necesarias para a súa implantación, elementos de transporte interior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto.
b) Adquisición de propiedade intelectual e industrial, podendo incluír licenzas de fabricación e patentes.
c) Adquisición de equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da unidade de I+D da empresa.
- Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:
a) Sectores prioritarios relacionados no anexo IV a estas bases (15 puntos).
b) Empresa adscrita a un clúster galego legalmente constituído (5 puntos).
c) Compromiso de creación de emprego na peme. Outorgaranse 3 puntos por cada novo emprego que se comprometan a crear respecto aos traballadores existentes en 1 de xaneiro do ano da convocatoria. Asignaranse 2 puntos adicionais se o compromiso relativo a algún dos empregos que se vai crear nese período pertence a colectivos con dificultades de acceso ao emprego: persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego, persoas desempregadas de máis de 45 anos, mozas e mozos menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade, persoas desempregadas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social ou mulleres desempregadas (3-20 puntos).
d) Localización do proxecto dentro de Galicia, segundo o anexo III a estas bases (0-20 puntos).
e) Grao de innovación que presente o proxecto (0-30 puntos).
O interese, os beneficios e o impacto económico que os investimentos lle proporcionan á empresa, sobre todo cara á diversificación da produción e/ou mellora significativa no proceso global de produción (máximo 30 puntos).
f) A existencia de sistemas de calidade e de xestión ambiental certificados por entidade acreditada (10 puntos).
* A avaliación do criterio e) Grao de innovación que presente o proxecto, corresponderá á Axencia Galega de Innovación (GAIN). Será responsabilidade do Igape a avaliación dos restantes criterios.

Requisitos específicos da liña de axuda para proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 € (procedemento IG174)

- Obrigas e límites.
* O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha da seguintes actividades do sector servizos independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:
a) A construción.
b) O comercio por xunto e o comercio polo miúdo: reparación de vehículos de motor e motocicletas (CNAE 09, grupos 45.1, 45.2 e 45.4)
c) O transporte e almacenamento.
d) Servizos hostaleiros de aloxamento.
e) Servizos de información e comunicacións.
f) Seguros, reaseguros e fondos de pensións excepto Seguridade Social obrigatoria, actividades financeiras auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros.
g) Actividades inmobiliarias.
h) Actividades profesionais, científicas e técnicas.
i) Actividades administrativas e servizos auxiliares.
j) Educación.
k) Actividades sanitarias e de servizos sociais.
l) Actividades artísticas, recreativas e de entretemento.
m) Outros servizos.
* Un solicitante só poderá presentar unha solicitude por convocatoria. Para estes efectos considerarase como un único solicitante as empresas pertencentes a un mesmo grupo empresarial ou vinculadas entre si.
- Conceptos subvencionables: para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:
a) Bens de equipamento de carácter tecnolóxico en xeral ligados directamente ao servizo prestado pola peme.
b) Equipamentos para proceso de datos.
c) Software ligado ao servizo prestado pola empresa, cos requisitos do artigo 4.1.b) do Decreto 432/2009, do 11 de decembro, polo que se regulan as axudas rexionais ao investimento e ao emprego na Comunidade Autónoma de Galicia. Non será subvencionable calquera software que apoie procesos internos da empresa (como o propio ERP da empresa).
d) Activos fixos destinados ao almacenaxe e loxística (andeis, sistemas de automatización, etiquetaxe e lectura de datos, elementos de transporte interior).
e) Mobiliario e elementos decorativos, limitados ao 20 % do investimento subvencionable total.
- Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:
a) Sectores de servizos de apoio, comercialización ou directamente relacionados cos prioritarios relacionados no anexo IV a estas bases (15 puntos).
b) Empresa adscrita a un clúster galego legalmente constituído (5 puntos).
c) Compromiso de creación de emprego na peme. Outorgaranse 3 puntos por cada novo emprego que se comprometan a crear respecto aos traballadores existentes en 1 de xaneiro do ano da convocatoria. Asignaranse 2 puntos adicionais se o compromiso relativo a algún dos empregos que se vai crear nese período pertence a colectivos con dificultades de acceso ao emprego: persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego, persoas desempregadas de máis de 45 anos, mozas e mozos menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade, persoas desempregadas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social ou mulleres desempregadas (0-20 puntos).
d) Localización do proxecto dentro de Galicia, segundo o anexo III a estas bases (0-20 puntos).
e) Grao de innovación:
i. A nivel de empresa:
1. Xeración dun novo servizo (15 puntos).
2. Procesos non realizados previamente (10 puntos).
3. Mellora ou automatización de procesos preexistentes (5 puntos).
ii. Orixe da innovación (lugar de fabricación dos activos que se van implantar):
1. Galicia (15 puntos).
2. Resto de España (10 puntos).
3. Estranxeiro (5 puntos).
f) A existencia de sistemas de calidade e de xestión ambiental certificados por entidade acreditada (10 puntos).

Dentro do prazo establecido na convocatoria -16 de xullo de 2013-, para presentar a solicitude de axuda os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.  As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. Na instancia será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (ben porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se considerará que desistiron da súa petición, logo resolución de arquivo.

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>