Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas aos produtores que participen en programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidad diferenciada
Axudas aos produtores que participen en programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidad diferenciada PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Xuño 2013 10:09

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 11 de xuño de 2013, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e se convocan estas axudas para o ano 2013.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2013, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo.

Para os efectos desta orde, establécense as seguintes definicións:
a) Produtor: a persoa física ou xurídica cuxa explotación se atope no territorio galego e que exerza unha actividade agraria e/ou gandeira.
b) Programa de calidade diferenciada dos alimentos: aquel que se atope nalgún dos seguintes casos:
b.1) Produción agrícola ecolóxica, regulada polo Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño de 2007 sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos.
b.2) Indicacións xeográficas protexidas (IXP), denominacións de orixe protexidas (DOP) e especialidades tradicionais garantidas de produtos agroalimentarios, reguladas polo Regulamento (UE) nº 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de novembro de 2012, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.
b.3) Viños de calidade con denominación xeográfica de orixe protexida e indicación xeográfica protexida regulados polo Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello, do 22 de outubro de 2007, polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (Regulamento único para as OCM), na súa redacción dada polo Regulamento (CE) nº 491/2009 do Consello, do 25 de maio de 2009.
b.4) As bebidas espirituosas con denominación xeográfica de acordo coa Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os produtores que participen nalgún dos programas de calidade diferenciada dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2, recollidos no PDR de Galicia 2007-2013.

Gastos subvencionables e contía das axudas

- Serán subvencionables, excluídos impostos recuperables, os gastos derivados da inscrición e as cotas de participación nun programa de calidade diferenciada dos alimentos do sector agroalimentario galego, incluíndo, se for o caso, os gastos de rexistro, control ou inspección e certificación necesarios para comprobar o cumprimento das especificacións do programa. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol. Para a convocatoria de 2013, serán atendibles os gastos imputados á campaña anual que comprende o período que vai do 1 de xuño de 2012 ata o 31 de maio 2013.
- A contía da axuda poderá chegar ata o 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

Réxime de concesión
A concesión das axudas para fomentar a participación dos produtores en programas de produción e mellora de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada outorgarase en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, diferenciando do resto as solicitudes dos agricultores e gandeiros que participen no programa de calidade diferenciada da produción agrícola ecolóxica, regulada polo Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño de 2007, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos, para os cales se reserva unha dotación orzamentaria especifica na convocatoria anual correspondente.

Entidades colaboradoras

- Os consellos reguladores das denominacións xeográficas do sector agroalimentario existentes no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega, definidos na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, e no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, unha vez que acaden personalidade xurídica de seu ao constituírense como corporacións de dereito público, de acordo coas citadas normas, poderán actuar como entidades colaboradoras na xestión das axudas pola participación dos produtores nos programas de calidade diferenciada dos produtos agroalimentarios galegos, segundo o disposto nos artigos 9, 10 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A mesma consideración terá o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
- A Consellería do Medio Rural e do Mar e as entidades colaboradoras formalizarán convenios de colaboración nos cales se regularán as condicións e obrigas asumidas por estas na xestión das axudas expostas nesta orde, de acordo co disposto no artigo 13 da citada Lei 9/2007.

Solicitudes e prazo de presentación (ata o 18 de xullo de 2013)
- No caso de axudas correspondentes a programas de calidade xestionados por consellos reguladores que teñan asinado o convenio a que se refire o punto 2 do artigo 6, as solicitudes presentaranse de maneira colectiva, de acordo co modelo que figura no anexo II-A (“Solicitude de axuda a produtores tramitada polos consellos reguladores que teñan formalizado convenio de colaboración”) desta orde, actuando os ditos consellos, ademais de como entidades colaboradoras, como representantes dos beneficiarios. Xunto co dito impreso achegarán unha relación numerada de produtores solicitantes da axuda, de acordo co modelo do anexo II-B e certificado de que todos os produtores teñen as súas explotacións inscritas no correspondente programa de calidade e están sometidos aos controis pertinentes.
- Para acreditar a vontade dos beneficiarios de solicitaren a axuda, a entidade colaboradora deberá dispor das correspondentes solicitudes individuais cubertas polos beneficiarios, conforme o modelo que figura no anexo II-C (“Autorización ao consello regulador para tramitar as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada”) e cumprir o establecido no artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- No caso de produtores que participen en programas de calidade nos cales non exista un órgano de representación que teña asinado convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar, as solicitudes presentaranse anualmente de xeito individual conforme o anexo I (“Solicitude de axuda para produtores non inscritos en consellos reguladores e produtores inscritos en consellos reguladores que non teñan formalizado convenio de colaboración”) .
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
- Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria

Para máis información de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>