Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Bolsas de formación en promoción exterior do Igape
Bolsas de formación en promoción exterior do Igape PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Xuño 2013 10:12

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 10 de xuño de 2013 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras do programa do Igape de bolsas de formación en promoción exterior, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.


O obxecto destas axudas é a concesión do número de bolsas de formación en promoción exterior indicado na resolución de convocatoria coa finalidade de formar a especialistas no ámbito da captación internacional de investimentos, a expansión exterior da empresa galega, a detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, a busca de oportunidades de negocio e a investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

Poderán presentar solicitude para acollerse a estas bolsas aqueles titulados que cumpran os seguintes requisitos:
* Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1983.
* O cumprimento dalgunha das seguintes condicións:
- Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
- Ser natural de Galicia.
- Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao, de emigrantes galegos no exterior.
* Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.
* Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes:
• Universitarias (licenciatura, diplomatura, enxeñaría ou grao): administración e dirección de empresas, ciencias do transporte e loxística, ciencias económicas e empresariais, ciencias empresariais, ciencias políticas, comercio, comercio exterior, dereito, dirección e creación de empresa, dirección de empresas-BBA, dirección financeira e contabilidade, economía, enxeñaría, estatística e empresa, marketing e dirección comercial, marketing e investigación de mercados, relacións internacionais.
• Formación profesional: técnico superior en comercio internacional.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
* Ter recibido formación específica en comercio exterior, debendo os candidatos acreditar a realización dun curso completo nesta materia de duración igual ou superior a 140 horas ou 14 créditos; ou ter experiencia laboral por conta allea ou por conta propia en comercio exterior (grupo 01 ou 02 de cotización á Seguridade Social ou equivalente no estranxeiro) de polo menos un ano; ou ter a titulación universitaria de relacións internacionais ou comercio exterior.
* Coñecementos de inglés (falado e escrito) que se acreditará mediante a realización dun exame no que os aspirantes deberán obter a cualificación de apto.
Os aspirantes que non comparezan ou non acaden a cualificación de apto na proba de inglés quedarán excluídos do proceso de selección.
Os candidatos, ademais de examinarse de inglés, poderán indicar na solicitude ata dous idiomas adicionais dos que queiran examinarse, de cara a ter posibilidades de optar a destinos deses idiomas. Os idiomas adicionais dispoñibles son: francés, alemán, portugués, chinés e ruso.
* Non ter desfrutado doutra bolsa no estranxeiro concedida polo Igape ou outros organismos. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.
* Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
* Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no formulario telemático a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11.h) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Condicións e contía das bolsas
* Duración e destino.
- A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de doce meses contados desde a data de comezo que para tal efecto fixe a resolución de concesión, podendo ser prorrogada polo Igape por un período máximo de ata doce meses adicionais. As prórrogas das bolsas de formación en promoción exterior poderanse conceder en función das necesidades de avanzar na formación inicial do bolseiro no mercado de destino.
- O período inicial das bolsas desfrutarase preferentemente nas oficinas da Xunta de Galicia no exterior, no Igape ou noutros destinos concertados polo instituto en entidades públicas ou privadas.
A prórroga poderá desfrutarse nos organismos de destino do período inicial, consorcios de exportación galegos en destino, filiais de empresas galegas en destino, asociacións de empresarios galegos no exterior ou empresas galegas, previamente seleccionados polo Igape.
No transcurso da bolsa o Igape resérvase a posibilidade de cambiar os destinos dos bolseiros e a dotación correspondente, no caso de concorrer causa xustificada.
*Contía.
- A contía das bolsas é a que se determina na resolución de convocatoria, tendo en consideración os índices de custo de vida das distintas cidades de destino das bolsas, segundo criterios establecidos pola Entidade Pública Empresarial ICEX España Exportación e Inversiones (ICEX), dependente do Ministerio de Economía e Competitividade.
A contía da bolsa desagrégase do seguinte xeito: dotación base e complemento custo de vida do destino (en caso de prórroga da bolsa, a dotación incrementarase proporcionalmente segundo a duración da prórroga. Previamente á adxudicación das bolsas, o Igape publicará a lista de países de destino así como a contía económica da bolsa asignada a cada un deles).
- Considéranse incluídos dentro da dotación da bolsa a Seguridade Social, se é o caso, os impostos de carácter persoal así como todos os gastos en que teña que incorrer o bolseiro para o seu desenvolvemento, e en concreto, os seguintes:
Os gastos de desprazamento do bolseiro ao país ou cidade de destino (o Igape comunicará aos bolseiros na resolución de adxudicación os destinos e a data de incorporación).Unha vez incorporados aos destinos indicados na resolución, en caso de cambio de destino –mediante nova resolución– o Igape aboará ao bolseiro os gastos de desprazamento mediante avión, tren ou autobús e gastos de hotel, logo de presentación dos correspondentes xustificantes de gastos ata un máximo de 1.000 euros se é o mesmo continente e 1.500 euros se se traslada a outro continente.
Os gastos de visado.
Os gastos de desprazamentos ás oficinas consulares e outros gastos para a obtención e/ou renovación do visado ou permiso de residencia exixidos polas autoridades do país de destino.
Gastos de estadía no país de destino.
A contratación dun seguro de enfermidade e accidentes por unha duración equivalente á da bolsa.
Vacinas ou tratamentos preventivos necesarios para o país de destino.
Na dotación da bolsa vai incluída unha contía anual máxima de 1.000 € por bolseiro en concepto de gastos de desprazamento en destino relacionados co obxecto da bolsa, que serán abonados polo Igape ao bolseiro unha vez sexan realizados e correctamente xustificados.
- A dotación para a estadía inicial na sede do Igape será a que se estableza nas bases como dotación mínima.
*Desenvolvemento da bolsa e programa de formación.
A formación do bolseiro en destino terá lugar nas oficinas do organismo de acollida na cidade de destino da bolsa, debendo o bolseiro aterse aos horarios e á normativa interna de funcionamento do dito organismo de acollida.
Se o bolseiro se ve obrigado a interromper a súa formación por motivo de enfermidade ou accidente deberá comunicalo ao Igape na maior brevidade posible xuntando o correspondente xustificante médico.
No caso de que a interrupción da formación por enfermidade e/ou outros motivos supere os 30 días, o Igape resérvase o dereito de rescindir a bolsa, temporal ou definitivamente ou cambiar o destino se con iso se facilita a reinserción do bolseiro á súa formación.

A formación que recibirán os bolseiros de Promoción Exterior nos seus destinos abrangue:
• Estudo dos sectores económicos máis importantes dos mercados dos países de destino das bolsas de Promoción Exterior.
• Análise dos puntos fortes, debilidades, ameazas e oportunidades dos diferentes sectores estratéxicos de Galicia en relación aos distintos mercados dos países de destino das bolsas de Promoción Exterior.
• Estudo das distintas formas de introdución comercial nos mercados dos países de destino das bolsas de Promoción Exterior.
• Para completar a dita formación, o bolseiro contará co apoio do seu titor no organismo de destino e dunha persoa no Igape a quen lles poderá dirixir as súas dúbidas e preguntas.
Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
A instrución e resolución do procedemento basearase nas declaracións contidas no citado formulario e, no caso de que se conceda a bolsa, serán obxecto de acreditación documental nas fases de tramitación en cada caso oportunas e, en calquera caso, previamente a calquera aboamento da axuda.

Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes (antes do 18 de xullo de 2013)

As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. Na instancia de solicitude será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, concedéndolles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivo.
Xunto coa instancia de solicitude deberase presentar o currículum vítae.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da instancia de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns ao servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>