Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Concesión de subvencións a proxectos de enerxías renovables
Concesión de subvencións a proxectos de enerxías renovables PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Xuño 2013 12:36

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da resolución do 17 de xuño de 2013 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, incluídos na convocatoria efectuada mediante Resolución do 9 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 76, do 16 de abril).

No Diario Oficial de Galicia publicáronse as axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A2.733A.781.7 / 08.A2.733A.771.7 / 08.A2.733A.781.8 / 08.A2.733A.771.8 / 08.A2.733A.781.1 e 08.A2.733A.771.6, nas distintas tipoloxías que aparecen recollidas no anexo desta resolución.

Todos os beneficiarios poderán obter a información detallada dos requisitos da subvención concedida accedendo ao taboleiro electrónico a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas a instalacións enerxías renovables 2013».

De acordo co disposto no artigo 16 das bases reguladoras se transcorreren dez (10) días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo comuniquen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que aceptan, e desde ese momento adquirirán a condición de beneficiarios.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As subvencións concedidas pódense consultar en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130625/AnuncioO3G1-170613-0001_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>