Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para proxectos do programa Emprendetur Mozos Emprendedores
Axudas para proxectos do programa Emprendetur Mozos Emprendedores PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Xullo 2013 08:42

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 26 de xuño de 2013, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se convocan axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Mozos Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo, correspondentes ao exercicio 2013.

Convócase a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo.Esta convocatoria rexerase pola Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo e se efectúa a convocatoria correspondente ao ano 2012.

Tipos de actuación. Gastos financiables. Características das axudas

- Poderán ser obxecto das axudas os proxectos e modelos de negocio que se adecúen aos ámbitos de coñecemento científico tecnolóxico do sector turístico especificados no anexo I da Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro.
Os proxectos e modelos de negocio, ou no seu defecto os gastos financiados con cargo aos préstamos, deberán ter comezado a executarse con posterioridade á data de publicación da presente convocatoria. Así mesmo, o prazo máximo de execución de proxectos e modelos de negocio será de 2 anos, podendo incluírse entre os gastos financiables todos aqueles que se realizasen con anterioridade á finalización do mencionado prazo.
- As axudas destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co desenvolvemento do proxecto ou actuación para o que se concedesen. Serán subvencionables as seguintes categorías de gastos:
a) Aluguer ou leasing.
b) Outros gastos de funcionamento, incluídos custos de material, subministracións e produtos similares que se deriven directamente da actividade do proxecto.
c) Gastos de persoal: Persoal Titulado Universitario e Superior non Universitario.
d) Outro persoal.
e) Asesoría/Colaboracións externas.
f) Establécese a compensación dos gastos xerais e a súa imputación ao proxecto nun tanto alzado máximo do 10% dos custos totais de persoal do proxecto, sen necesidade de xustificación.
Os límites máximos de financiamento correspondentes aos gastos contemplados nos parágrafos c) e d) serán os establecidos no anexo III da Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro.
- As axudas terán a forma de préstamos reembolsables. O importe dos préstamos a conceder será de ata un máximo do 100 por 100 do presuposto financiable da actuación, sen que a cantidade financiada poida superar a cifra de 1.000.000 de euros ou a cifra do neto patrimonial acreditado da empresa no momento da solicitude. Os préstamos terán un tipo de xuro do 3,74%, e un prazo de amortización de cinco anos, incluíndo opcionalmente un período de carencia máximo de dous anos. Non se esixirán garantías para a concesión destas axudas. O aboamento da amortización e dos correspondentes intereses realizarase ao final de cada período de amortización determinado na resolución de concesión. O financiamento concedido modularase na respectiva resolución de concesión, atendendo á natureza e características concretas de cada proxecto ou actuación.

Requisitos dos solicitantes
Na presente convocatoria poderán ser beneficiarios todas as categorías de persoas físicas e xurídicas que se detallan no apartado sétimo da Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro. Os solicitantes destas axudas deberán acreditar, como condición de solvencia económica no momento de presentación da súa solicitude que a suma dos seus bens e dereitos, incluíndo créditos fronte a terceiros é superior á suma das súas débedas incrementada nun 50 por 100. Os solicitantes deberán cumprir con este e os demais requisitos previstos o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente convocatoria.

Incompatibilidades
- As axudas non poderán destinarse a obxecto diferente daquel para o que foron concedidas.
- A solicitude das axudas e a súa posterior aceptación en caso de adxudicación, implicarán a aceptación do disposto nos Apartados desta resolución así como na Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo.
- A percepción das axudas reguladas nesta convocatoria será compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. A devandita compatibilidade quedará condicionada ás seguintes regras:
a) Que o importe das axudas percibidas con cargo a outras convocatorias, en ningún caso poida ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras, supere a intensidade da axuda aplicable de acordo co establecido no subapartado 3 do apartado segundo da presente resolución.
b) Que o importe das axudas percibidas con cargo a outras convocatorias en ningún caso poida ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo da actividade subvencionada.
- A concesión das axudas rexerase pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e polo establecido na Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo.

Formalización e presentación de solicitudes

- As solicitudes de axudas para a presente convocatoria do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores dirixiranse ao órgano instrutor e presentaranse no Rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, de acordo coa Orde IET/1902/2012, do 6 de setembro, polo que se crea e regula o devandito rexistro.
- O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 09 de agosto de 2013.
- A solicitude de axudas do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores constará da solicitude, o cuestionario, a memoria técnica e a restante documentación, que se presentarán, na forma seguinte:
a) A solicitude e o cuestionario seguirán o modelo que figura, a título informativo, no anexo II da Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro. O devandito modelo estará dispoñible para a súa cumprimentación e presentación na dirección de Internet do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (https://sede.minetur.gob.es/).
b) A memoria técnica cuxo índice se detalla a título informativo no anexo IV da Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro.
c) Declaración asinada de axudas públicas solicitadas e recibidas para o mesmo proxecto.
d) Declaración asinada de vinculación con terceiros, para os efectos de comprobar o cumprimento do disposto no apartado sétimo da Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro.
O formato do ficheiro electrónico que conteña información adicional do proxecto debe corresponder a algún dos seguintes: «pdf», «rtf», «txt», «doc» ou «wpd» e en ningún caso superará 5 Mbytes de información.
- A solicitude, acompañada de cuestionario, memoria e outros documentos adicionais, dirixirase á Secretaría de Estado de Turismo e a súa presentación realizarase ante o Rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo mediante firma electrónica avanzada. O certificado electrónico co que se realice a presentación deberá corresponder ao solicitante da axuda que deberá representar legalmente á entidade.
En caso de que os documentos anteriores non poidan presentarse validamente na forma indicada, poderá presentarse en soporte físico o impreso de solicitude, sempre que este estea debidamente cumprido e asinado, ante o Rexistro do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, ou en calquera dos lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Non obstante, os restantes documentos mencionados no primeiro parágrafo deberán presentarse electronicamente. En tal caso, considerarase presentada a solicitude na data na que se presente ante o Rexistro o impreso de solicitude en soporte papel e iso dará validez aos datos correspondentes presentados por vía electrónica.
- O solicitante acompañará a tarxeta de identificación de persoas xurídicas e entidades en xeral (CIF) e a acreditación válida do poder do asinante da solicitude, que deberá ser achegada por calquera medio que permita ter constancia da súa autenticidade, de acordo co previsto no capítulo III do Real Decreto 772/1999, do 7 de maio, polo que se regula a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións ante a Administración Xeral do Estado, a expedición de copias de documentos e devolución de orixinais e o réxime das oficinas de rexistro.
En caso de que non poida acreditarse validamente a representación por medios electrónicos deberá presentarse en soporte físico. As declaracións de vinculación con terceiros, e de axudas públicas solicitadas e recibidas presentaranse en soporte físico.
- Se a documentación achegada non reunise os requisitos esixidos, requirirase o responsable para que, no prazo de 10 días hábiles dende o día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con advertencia de que se non o fixese se lle terá por desistido da solicitude, de acordo co establecido no artigo 71 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
- De conformidade co artigo 22.4 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, aprobado por Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, a presentación da solicitude para a obtención de axuda levará consigo a autorización do solicitante para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento de obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social a través de certificados electrónicos. Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo achegar entón a devandita certificación cando lle sexa requirida polo devandito órgano.
- O solicitante deberá declarar as axudas referidas no apartado cuarto que obtivese ou solicitado para as actuacións ou proxectos regulados por esta resolución, tanto ao presentar as propostas como en calquera momento ulterior en que se produza esta circunstancia.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>