Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas do 'Programa de Mentoring en Comercio Electrónico'
Axudas do 'Programa de Mentoring en Comercio Electrónico' PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 31 Xullo 2013 12:44

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 19 de xullo de 2013, da Entidade Pública Empresarial Red.es, pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria de axudas para a realización do "Programa de Mentoring en Comercio Electrónico".

Constitúe o obxecto destas bases o establecemento dos termos e condicións que rexerán a convocatoria de axudas do 'Programa de Mentoring en Comercio Electrónico'. As axudas teñen por obxecto o Impulso á actividade de comercio electrónico de PYMEs e autónomos, e materialízanse a través de dous lotes de axuda:

a) Lote I: concesión de axudas para recibir servizos de asesoramento especializados e individualizados en materia de comercio electrónico, a través da asesoría personalizada realizada por profesionais expertos do sector, para impulsar o potencial da PEME e posicionala estratexicamente no mercado 'on-line'.

b) Lote II: concesión de axudas para a implantación de solucións e servizos tecnolóxicos de comercio electrónico, que contribúan á comercialización dos produtos e servizos do beneficiario a través de Internet.
Na presente convocatoria é obrigatoria a solicitude de ambos os dous lotes.
As axudas referiranse a un único proxecto de comercio electrónico, correspondente a unha única web, por cada beneficiario.

Toda a información en http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2013-8354

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>