Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas en mercado interior e en terceiros países
Axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas en mercado interior e en terceiros países PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Agosto 2013 09:33

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde AAA/1477/2013, do 17 de xullo, pola que se convocan axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas en mercado interior e en terceiros países.


A presente orde ten por obxecto convocar, para o exercicio 2013, as axudas para a realización de programas de información e promoción de produtos agrícolas en mercado interior e terceiros países previstas no Regulamento (CE) n.º 3/2008 do Consello, así como os requisitos mínimos que deben cumprir os solicitantes e os programas presentados.

Poderán ser beneficiarias das axudas, as organizacións profesionais e interprofesionais representativas do sector agroalimentario en España, que leven a cabo programas de información e promoción no mercado interior e terceiros países, segundo o indicado no artigo 6 do Regulamento (CE) n.º 3/2008 do Consello. En caso de que varias organizacións presenten un programa de forma conxunta, estas deberán de achegar un acordo onde se estableza a distribución de responsabilidades entre elas.

As solicitudes presentaranse de acordo co establecido no artigo 8 do Regulamento (CE) n.º 501/2008 da Comisión, e segundo o modelo do “formulario para a presentación de programas de promoción cofinanciados pola UE” establecido pola Comisión Europea (dispoñible en http://ec.europa.eu/agriculture/prom/forms/appliform_es.doc), mediante un dos seguintes procedementos:
a) No Rexistro Xeral do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, dirixidas á Dirección Xeral da Industria Alimentaria, en papel e en CD ou outro soporte electrónico.
b) A través da sede electrónica na sección alimentación. https://sede.marm.gob.es. As solicitudes poderán presentarse dende o día seguinte ao da publicación desta orde no Boletín Oficial do Estado, ata o 30 de setembro de 2013, acompañadas da documentación correspondente.

Toda a información en http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2013-8478

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>