Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Tramitación de solicitude de novacións significativas nos préstamos concedidos polo Igape nos programas ao abeiro do Decreto 133/2002
Tramitación de solicitude de novacións significativas nos préstamos concedidos polo Igape nos programas ao abeiro do Decreto 133/2002 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Setembro 2013 14:09

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 7 de agosto de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases polas que se regulan os límites, condicións e procedementos para a tramitación de solicitudes de novacións significativas nos préstamos concedidos por este instituto nos diversos programas instrumentados ao abeiro do Decreto 133/2002.


Requisitos
Poderán acollerse a estas bases aquelas empresas debedoras do Igape e titulares de operacións de préstamo que foran concedidas ao abeiro de calquera das seguintes normativas:
- Resolución do 26 de abril de 2002 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección que establece un programa de préstamos para financiar producións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Resolución do 24 de marzo de 2003 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Igape, que establece un programa de préstamos para financiar proxectos emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Resolución do 25 de abril de 2005 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape que establece un programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica en la Comunidade Autónoma de Galicia.
- Resolución do 12 de decembro de 2007 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape que establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).
- Resolución do 16 de marzo de 2009 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape que establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimento (BEI).
- Resolución do 22 de marzo de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba o Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos del Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Condicións
- O Igape poderá conceder novacións modificativas dos préstamos en vigor, axustándose aos prazos máximos establecidos polo Decreto 133/2002, do 11 de abril, e ás súas posteriores modificacións.
- As novacións modificativas que sexan autorizadas levarán consigo, en todos os supostos, un incremento nos tipos de xuro aplicados.
* O novo tipo de xuro ordinario aplicable será o resultado de agregar ao tipo ordinario actualmente pactado una marxe adicional, que será expresamente establecida no acordo de concesión, de conformidade aos seguintes criterios:
a) No caso de concederse unha carencia na amortización de principal, por cada 6 meses de carencia ou fracción de período semestral, a marxe adicional será de 25 puntos básicos.
b) No caso de incrementarse o prazo de vixencia do préstamo, o tipo nominal anual aplicable incrementarase, por cada ano de vixencia adicional, en 25 puntos básicos adicionais.
No caso de concederse conxuntamente prazos de carencia de amortización e incrementos no prazo de vixencia, o tipo de xuro nominal anual será o resultado de agregar ao tipo inicialmente aplicable as marxes adicionais sinaladas nos puntos a) e b) anteriores.
* O novo tipo de xuro de demora será o resultado de sumar 600 puntos básicos ao tipo de xuro ordinario.
- Con carácter xeral, as novacións modificativas non poderán supoñer un cambio nas garantías constituídas a favor do Igape, salvo as oportunas inscricións de modificación de prazo de vixencia das hipotecas ou prórrogas na vixencia dos avais.
- As modificacións concedidas poderán considerar a condonación de xuros de demora, cando concorran os seguintes supostos:
a) Que fosen solicitadas con anterioridade ao vencemento das cotas do principal non pagadas.
b) Que a titular aboe ao Igape un importe equivalente aos xuros ordinarios vencidos con anterioridade á instrumentación da novación.
c) Que así se recolla expresamente no acordo de concesión da modificación.
- As modificacións concedidas poderán considerar a capitalización dos seguintes conceptos:
a) A totalidade do principal vencido e non pagado.
b) Ata un máximo do 80 % dos xuros ordinarios vencidos en non pagados.
c) Ata un máximo do 60 % dos xuros de demora vencidos.
As restantes débedas vencidas deberán ser ingresadas con carácter previo á instrumentación da novación.
- As modificacións concedidas poderán considerar periodicidades de amortización e de liquidación de xuros diferentes aos establecidos inicialmente.
- As modificacións concedidas poderán supoñer a modificación ou inclusión de novas cláusulas de amortización anticipada obrigatoria en función dos beneficios futuros, e limitacións na repartición de dividendos da sociedade titular.

Tramitación
- As titulares dos préstamos interesadas deberán presentar as súas solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través da instancia de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns ao servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando a instancia de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, acompañada da documentación establecida no artigo 3.3, en orixinal ou copia cotexada.
Para achegar xunto coa instancia de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que, coa súa sinatura, abonde para acreditar a vontade do solicitante.
b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha soa persoa física. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
d) Unha vez asinada a instancia de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.
f) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior tamén poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante teña indicado no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso, o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE nº 150, do 23 de xuño).
- Os solicitantes poderán obter, en todo momento, un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante. As modificacións da solicitude inicial deberán ser presentadas utilizando a aplicación informática para xerar un formulario modificado cuxo IDE será de obrigatoria inclusión no escrito de comunicación ao Igape das ditas aclaracións.
- Documentación que se debe acompañar:
a) Memoria xustificativa da petición, asinada por representante da empresa, na que se exporán os motivos da modificación solicitada, a situación do proxecto, as principais desviacións respecto ao plan inicial e as perspectivas futuras no negocio.
b) Descrición do cadro de persoal actual, expectativas de emprego. Descrición de expedientes de regulación de emprego presentados nos dous últimos anos, vixentes e/ou previstos.
c) Copia das contas anuais correspondente ao último exercicio pechado. Balance e conta de resultados actual asinados por representante da empresa.
d) Cadro de posicións de endebedamento financeiro actualizado, no que se especifiquen todas as operacións vixentes por entidade financeira, indicando vencementos, cantidades vencidas adebedadas e garantías constituídas a favor de cada entidade.
e) Informe CIR do Banco de España cunha antigüidade non superior a 90 días á data de solicitude. No caso de existir discrepancias entre o dito informe e o cadro de posicións de endebedamento financeiro citado na letra c) anterior, detalle descritivo das ditas diferenzas.
f) Relación de aprazamentos formalizados e ou débedas vixentes coas administracións públicas.
g) No caso de que as outras entidades financeiras acredoras concedesen ou estean valorando a posibilidade de refinanciar ou conceder flexibilidade en prazos, comunicación por parte destas ao respecto.
h) Nota simple rexistral actualizada do estado de cargas, no caso de garantías reais.
O Igape poderá solicitar ademais calquera outra documentación complementaria que considere oportuna, establecéndose un prazo máximo de 15 días para a remisión desta por parte da empresa desde a data de requirimento, de non terse presentado no dito prazo, o Igape procederá ao arquivo da solicitude.

Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130904/AnuncioO92-290813-0001_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>