Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Últimas prazas do obradoiro de emprendemento rural sustentable en Verín
Últimas prazas do obradoiro de emprendemento rural sustentable en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Setembro 2013 11:28

Só quedan catro prazas libres para inscribirse no obradoiro de emprendemento rural sustentable, que terá lugar os días 18 e 19 de setembro na Casa da Xuventude de Verín.As inscricións para participar no mesmo deben realizarse no 698-161760 (Paula) ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Devandito obradoiro, que terá lugar de 16 a 21 horas -os dous días-, está dentro do programa De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio, organizado por A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, e a colaboración do departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín. Neste obradoiro participarán persoas do ámbito da investigación en materia agroecolóxica, como Damián Copena do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e agroecoloxía da Universidade de Vigo, ou con  experiencia práctica no sector da agroecoloxía, como Mario Poti, do proxecto A Facenda do Agro.

O obxectivo do mesmo é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade social e medioambiental e cooperación. Os conceptos que se amosarán neste obradoiro de emprendemento rural sustentable son: soberanía alimentar como alternativa, agroecoloxía e a produción ecolóxica, recursos endóxenos como fonte de autoemprego, experiencias agroecolóxicas reais, dinámicas de xeración de ideas de autoemprego e dinámicas de cooperación.

 

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>