Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas Injuve para a Creación Nova para o ano 2013
Axudas Injuve para a Creación Nova para o ano 2013 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Setembro 2013 08:20

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 1 de agosto de 2013, do Instituto da Xuventude, pola que se convocan as axudas Injuve para a Creación Xove, en el ano 2013.


O Instituto da Xuventude convoca axudas económicas para proxectos artísticos, cuxa finalidade é favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos en calquera das áreas da creación, a través das seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
Admitiranse proxectos a realizar en artes visuais, musicais, escénicas, literarias, deseño, cómic ou outras disciplinas creativas.

b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
Admitiranse proxectos de participación en espazos especializados e acordes coa actividade para a que se solicita a axuda, situados fóra da Comunidade Autónoma de residencia, en ámbito nacional ou internacional.

c) Proxectos a desenvolver na Sala Amadís del Instituto de la Juventud.
Admitiranse proxectos de Comisariado e/ou organización de talleres de traballo e actividades de creación emerxente.

d) Emprendimiento de proxectos culturais dirixidos á creación emerxente.
Admitiranse proxectos de xestión de espazos culturais e/ou organización de eventos e actividades con desenvolvemento de ámbito nacional ou internacional.
Poderán solicitar estas axudas calquera mozo/a de entre 18 e 30 anos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de octubro de 2013. Máis información no BOE do 12 de setembro de 2013 (http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2013-9533) e en www.injuve.es

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>