Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas
Axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Setembro 2013 08:35

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2013.


Obxecto das axudas e ámbito de aplicación

- Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas e proceder a súa convocatoria para o ano 2013 en réxime de concorrencia competitiva, a través de dúas liñas de axuda.
- O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

Liñas de axuda
1. As liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:
- Liña I: primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo 1. Unicamente inclúese a subvención de especies do anexo 2 ás superficies que, conforme coas letras c, d, e e g do anexo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, quedan reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias.
- Liña II: primeira forestación de terras non agrícolas con castiñeiro para froito no ámbito xeográfico (anexo VIII) de produción da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia, que comprende a área do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte, concretamente:
1º. Provincia da Coruña: a comarca da Terra de Melide, e os concellos de Arzúa e Boimorto (comarca de Arzúa).
2º. O conxunto da provincia de Lugo, con excepción dos concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo (comarca da Mariña Occidental), Burela e Foz (comarca da Mariña Central) e Barreiros e Ribadeo (comarca da Mariña Oriental).
3º. A totalidade dos concellos da provincia de Ourense.
4º. Provincia de Pontevedra: as comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, os concellos de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro (comarca de Pontevedra) e o concello de Cuntis (comarca de Caldas).
A demarcación da dita área de produción responde a unhas condicións pluviométricas, térmicas, ombrotérmicas, hipsométricas e de solos óptimas para o cultivo de castaña de calidade.
- Un mesmo solicitante poderá solicitar axuda en ambas liñas.
Tipos de superficies obxecto de axuda
- Poderán ser obxecto de axuda aqueles terreos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como:
* Forestal (FO).
* Pasto con arboredo (PA).
* Pasto arbustivo (PR).
- Nos terreos en que existise tradicionalmente arboredo non se poderán solicitar estas axudas.
- En todo caso, será de aplicación o disposto no capítulo II da Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro), da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que establece o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.
- A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.
- Ao abeiro do establecido no PDR de Galicia, as zonas para forestar, xa sexan terras agrícolas abandonadas, terreos de ermo, terreo con arbustos e matos ou arborado cunha fracción de cabida cuberta inferior ao 20 %, que estean identificadas nalgún dos tres grupos do Sixpac indicados no número 3.1, non deberán ter recibido ningunha utilización nin intervención agraria durante polo menos 10 anos sucesivos antes de subscribir o compromiso.
- Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.

Beneficiarios

- Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.
- Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan propietarios ou titulares dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
- Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Intensidade da axuda
A intensidade de axuda para estas actuacións será como máximo do 80 % en zonas desfavorecidas (véxase anexo VI) e do 70 % noutras zonas, calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico.

Actuacións obxecto de axuda e importes máximos subvencionables
As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:
1º. Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais.
2º. Primas de mantemento unicamente para as plantacións de castiñeiro para froito.
3º. Infraestruturas de acompañamento u obras complementarias das novas forestacións.
O IVE non é subvencionable.
- Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais:
Estes gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, protección da planta mediante protectores, as rodrigas no caso de castiñeiro para froito, e outros materiais necesarios, así como os de plantación propiamente dita, área de defensa contra incendios forestais e labores inmediatamente posteriores a ela. O valor máximo do investimento en euros por hectárea de actuación é o seguinte:
a) Liña I: o valor máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os módulos recollidos no anexo III, é o seguinte:
• Especies do anexo I (coníferas): 1.853,00.
• Especies do anexo II (frondosas): 2.398,00.
b) Liña II: especies do anexo II para froito (castiñeiros): o valor máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os módulos recollidos no anexo III, é o seguinte segundo a densidade de plantación:
• 100 plantas/ha (10*10): plantacións de planta enxertada: 2.200 €/plantacións de planta portaenxerto: 1.600 €/ha.
• 69 plantas/ha (12*12) plantacións de planta enxertada: 1.800 €/plantacións de planta portaenxerto: 1.400 €/ha.
• 50 plantas/ha (14*14) plantacións de planta enxertada: 1.500 €/plantacións de planta portaenxerto: 1.200 €/ha.
- Prima de mantemento unicamente para as plantacións de castiñeiro para froito en terreos agrícolas abandonados:
Está destinada ao coidado, mantemento, enxertado no caso de ser necesario e demais traballos posteriores á plantación do castiñeiro para froito que son necesarios para o logro da plantación realizada en terras agrícolas abandonadas. Esta prima de mantemento, que se subvenciona con cargo ao PDR vixente, é para a anualidade 2015 e deberá coincidir co ano seguinte ao pagamento final da obra de plantación. O valor máximo por hectárea de actuación que se aplicará é o seguinte:
• 100 plantas/ha (10*10): plantacións de planta enxertada: 400 €.
• 69 plantas/ha (12*12) plantacións de planta enxertada: 350 €.
• 50 plantas/ha (14*14) plantacións de planta enxertada: 300 €.
Esta prima de mantemento non se concederá ás forestacións emprendidas por entidades de dereito público nin ás forestacións en terreos que non sexan terras agrícolas abandonadas.
- Infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e cartel das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde. Estarán suxeitas aos seguintes condicionantes:
* Deberanse localizar dentro ou estremeiros coa área obxecto de forestación.
* O valor máximo do investimento en euros por quilómetro de actuación que se calculará aplicando os módulos recollidos no anexo III é o seguinte:
• 255,00 € por cartel (máximo subvencionable un cartel por solicitude).
• 7.000,00 € por km de peche.
• 7.997,96 € por km de apertura de pista forestal.
• 2.956,07 € por km de arranxo de pista forestal.
* A repercusión máxima por ha de actuación será a seguinte:

Euros por ha de actuación
Peche
280,00
Apertura pistas forestais
320,00
Arranxo pistas forestais
120,00
* Peche perimetral: na liña I, no caso de pro indivisos, as comunidades de bens, as cooperativas agrícolas, comunidades de montes veciñais en man común, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, poderase subvencionar ademais o peche da plantación realizada, sempre e cando a superficie de actuación supere as 10 hectáreas e se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética ...). Na liña II de castiñeiro para froito poderá subvencionarse o peche perimetral, sempre e cando se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética ...), independentemente do tipo de beneficiario de que se trate.

As solicitudes deberán presentarse, antes do 17 de outubro de 2013, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Documentación

1. Documentación para presentar xunto coa solicitude:
a) Documentación xeral:
a.1) Fotocopia do DNI, NIF do solicitante, do representante deste e dos membros que constitúen os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens.
As persoas físicas que consintan expresamente na solicitude a autorización de comprobación por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, dos seu datos persoais non terán que presentar a copia do DNI ou NIF.
a.2) Declaración doutra axudas segundo o anexo XII desta orde.
b) Documentación específica:
b.1) Para agrupacións formalmente constituídas en trámites de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo X ou acordo de cesión.
b.2) Para pro indiviso, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidade de bens presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo XI Acordo de compromisos e obrigas.
2. Documentación para presentar unha vez que sexa requirido pola Administración de acordo co establecido no artigo 16.4 desta orde:
• Documentación xeral:
a) Documentación acreditativa dos méritos reflectidos na declaración xurada.
b) As comunidades de montes veciñais en man común, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, pro indivisos, de varas, abertais, de voces, vocerío, de fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar o proxecto e unha copia, asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, e o nomeamento do director de obra.
c) Documento descritivo das actuacións, ou anexo XIV, no caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas.
d) Unha copia compulsada do documento que acredite a titularidade dos terreos.
• Documentación para comunidades de montes veciñais en man común:
– Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o presidente da comunidade para pedir axudas á Consellería do Medio Rural e do Mar para a execución das accións obxecto da solicitude.
– Certificado de ingresos e reinvestimento en melloras no monte veciñal en man común (anexo XIII).
• Documentación complementaria:
a) Para agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas: NIF e documento acreditativo de constitución desta onde consten as persoas que forman parte da dita sociedade ou agrupación.
A agrupación deberá estar de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo concedido no requirimento para achega da documentación acreditativa dos méritos.
b) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos.
c) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa.
d) No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal conforme foi informada a comisión de goberno da solicitude de axuda.
e) No caso dos pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens deberán presentar a xustificación acreditativa da representación na persoa designada na solicitude mediante constancia fidedigna en documento público ou comparecencia persoal ante un funcionario desta Administración pública.
f) Para todos: certificado do concello correspondente en que se indique a clasificación urbanística do solo.
g) Para todos: declaración responsable en que se relacionen as parcelas Sixpac, a súa clasificación catastral e a urbanística para a superficie para a cal solicitan a axuda.

Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130917/AnuncioG0165-110913-0004_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>