Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Convocatoria de procesos selectivos para a contratación de catro técnicos superiores para o desenvolvemento de proxectos dentro do Plan marco
Convocatoria de procesos selectivos para a contratación de catro técnicos superiores para o desenvolvemento de proxectos dentro do Plan marco PDF Imprimir Correo-e
Luns, 23 Setembro 2013 10:07

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación do anuncio do 5 de setembro de 2013, do Instituto Galego de Calidade Alimentaria, polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de catro (4) técnicos superiores para o desenvolvemento de proxectos dentro do Plan marco, submedida 323.23, de conservación e mellora do patrimonio rural 2007-2013, e do Plan marco, submedida 214.2.4, de accións de conservación de recursos xenéticos na agricultura/cultivos do PDR de Galicia, e un (1) técnico superior para o desenvolvemento do proxecto Feader 2012/02 no marco do PDR de Galicia 2007-2013.


No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa páxina web http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/
Aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria dos seguintes procesos selectivos:
1. Convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun (1) técnico/a I na especialidade de tecnoloxía dos alimentos mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento do proxecto de investigación denominado: Tecnoloxías para a obtención dun novo leite de vaca enriquecido de forma natural en antioxidantes en granxas galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Ref. Feader 2012/02).
2. Convocatoria do proceso selectivo para a contratación de dous (2) técnicos/as I especialistas en produción vexetal mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento dos proxectos de investigación denominados: Potenciación do banco de recursos fitoxenéticos de millo existente no Ciam-Ingacal e Actualización do banco de xermoplasma de ecotipos de especies pratenses no Ciam-Ingacal, que se desenvolverán dentro da medida 214.2.4 do PDR denominada conservación dos recursos xenéticos na agricultura.
3. Convocatoria do proceso selectivo para a contratación de dous (2) técnicos/as I, mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento das actuacións de investigación, desenvolvemento e innovación dirixidas á conservación dos recursos xenéticos forestais, que se executarán dentro da submedida 323.23 do Plan marco de conservación e mellora do patrimonio rural 2007-2013.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>