Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao programa Emega
Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao programa Emega PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Setembro 2013 08:58

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 20 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 10 de xuño de 2013 pola que se convocan para o ano 2013 as axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2013, a través da Resolución do 10 de xuño de 2013 (DOG núm. 118, do 2 de xuño), axudas destinadas a incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral; estas axudas están amparadas no réxime de axudas de minimis e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo dentro do programa operativo FSE-Galicia 2007-2013.

A Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, órgano encargado da instrución do procedemento, código SI429A, revisou as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución e identificou as que se presentaron sen erros e dispoñen da documentación preceptiva así como aquelas que non reúnen algún dos requisitos exixidos.

A base 7ª da resolución pola que se aproban as bases reguladoras destas axudas (Resolución do 14 de maio de 2012; DOG núm. 96, do 22 de maio) dispón no seu punto 4 que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os requirimentos de emenda poderanse facer mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

As solicitudes suxeitas a emenda de documentación– de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.  En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade, preferentemente a través da conta de correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben por calquera dos medios dispostos no artigo 8 da resolución de convocatoria.

Devanditas solicitudes de emenda de documentación aparecen en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130926/AnuncioG0244-240913-0002_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>