Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Requirimentos de emenda das solicitudes do Programa Innoempresa
Requirimentos de emenda das solicitudes do Programa Innoempresa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Outubro 2013 09:22

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 24 de setembro de 2013 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Mediante Resolución do 20 de maio de 2013 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG núm. 107, do 6 de xuño de 2013), procedéndose á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das seguintes liñas de axuda:

1. Proxectos de adopción de novos modelos empresariais innovadores (procedemento IG127).
2. Proxectos de deseño de novo produto (procedemento IG129).
3. Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado (procedemento IG131).
4. Proxectos de implantación e certificación de proxectos de I+D+i e de sistemas de xestión (procedemento IG132).
5. Proxectos de innovación en colaboración na cadea de valor (procedemento IG134).
6. Proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes (procedemento IG135).

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 9 das ditas bases está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron a esta convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda. O artigo 8.5 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web da Axencia Galega de Innovación (GAIN), no enderezo http://gain.xunta.es/, e na do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

As solicitudes suxeitas a emenda de documentación están na seguinte páxina http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131003/AnuncioO92-250913-0001_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>