Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Requirimentos de emenda das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas
Requirimentos de emenda das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Outubro 2013 09:28

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 25 de setembro de 2013 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 7 de xuño de 2013 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG núm. 114, do 17 de xuño de 2013), procedéndose á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das seguintes liñas de axuda:

1. Proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes, cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 € (procedemento IG103).

2. Proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 € (procedemento IG174).

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 12.1 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 9.5 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

As solicitudes suxeitas a emenda de documentación están na seguinte páxina http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131003/AnuncioO92-250913-0002_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>