Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Cursos formativos e orientativos para emprendedores e desempregados en Verín
Cursos formativos e orientativos para emprendedores e desempregados en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Outubro 2013 09:39

Do 28 ao 31 de outubro, na aula 22 da Casa da Xuventude de Verín impartiranse cursos formativos e orientativos dirixidos a desempregados, emprendedores e empresarios, considerados colectivos estratéxicos para o desenvolvemento da comarca.

Os obxectivos principais son a incentivación e o apoio ás iniciativas empresariais e de autoemprego, prestando un especial interese a aquelas ideas de negocio que impliquen a valorización das potencialidades do territorio. Por este motivo, algúns dos temas que se tratarán nos mesmos serán: trámites de constitución da empresa, da idea do negocio ao plan de empresa, valorización e aproveitamento dos recursos endóxenos, axudas e subvencións, expansión e diversificación da empresa.

Os mesmos teñen unha duración total de seis horas, divididos en catro sesión de 1 hora 30 minutos de duración (poderán organizarse en varios grupos en función do número e diversidade dos perfís dos/as asistentes).

A inscrición a devanditos cursos será gratuíta e formalizarase durante a presentación oficial que terá lugar o día 28 de outubro, ás 19 horas, na aula 22 da Casa da Xuventude.

Estes cursos formativos e orientativos están organizados pola Asociación Monteval GDR-13 e conta coa colaboración do departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>