Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Modificación do prazo de presentación da lincenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos das axudas para a modernización das explotacións agrarias
Modificación do prazo de presentación da lincenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos das axudas para a modernización das explotacións agrarias PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Outubro 2013 08:47

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 15 de outubro de 2013 pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 13 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

A Orde do 13 de xuño de 2013 (publicada no DOG nº 118, do 21 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013, establece nos artigos 7.6, 19.2 e 23.1.i), respectivamente e segundo sexa o tipo de solicitude, un prazo para presentar a licenza municipal de obra e do resto de permisos administrativos, o máis tardar o 30 de outubro de 2013.

E ante as peticións de diferentes organismos para prolongar o dito prazo co fin de poder emitir os preceptivos permisos, cómpre ampliar o prazo de presentación da licenza municipal e resto de permisos administrativos.

Polo tanto, a data de presentación da licenza municipal e resto de permisos administrativos establecidos nos puntos 6 do artigo 7, 2 do artigo 19 e 1.i) do artigo 23, respectivamente, previstos na Orde do 13 de xuño de 2013, que inicialmente figura ata o 30 de outubro, para a convocatoria do ano 2013 amplíase ata o 15 de novembro de 2013, inclusive.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>