Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Resolución das solicitudes de axuda do programa Emega
Resolución das solicitudes de axuda do programa Emega PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Novembro 2013 09:37

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 25 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, convocadas pola Resolución do 10 de xuño de 2013, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (procedemento SI429A).

Mediante a Resolución do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 118, do 21 de xuño), convocáronse para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Segundo o punto cuarto da base décima das bases reguladoras, establecidas na Resolución do 14 de maio de 2012 (DOG núm. 96, do 22 de maio), e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación individual das resolucións das axudas poderá ser substituída pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas pola comisión de valoración prevista na base oitava das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, resólvese conceder as axudas económicas para apoio das iniciativas empresariais lideradas por mulleres que se reflicten no anexo I, con indicación da puntuación obtida como consecuencia da aplicación dos criterios establecidos na base novena e no artigo quinto da convocatoria, da contía da prima, fixada en función do emprego xerado ou preexistente, da liña de actuación a que corresponde a iniciativa subvencionada, e dos tipos de axuda e contías fixadas na base terceira das bases reguladoras, por un importe total de 537.000,00 euros, distribuídos do seguinte xeito http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131128/AnuncioG0244-261113-0004_gl.html

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>