Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Ampliación do prazo de presentación da documentación xustificativa para as axudas do programa Emega
Ampliación do prazo de presentación da documentación xustificativa para as axudas do programa Emega PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Novembro 2013 09:39

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 26 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Resolución do 10 de xuño de 2013 pola que se convocan para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

Mediante a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade do 10 de xuño de 2013 convocáronse as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino (DOG nº 118, do 21 de xuño).
O artigo 7 da Resolución do 10 de xuño de 2013 establece que para a xustificación das axudas concedidas, as entidades presentarán, con data límite 30 de novembro de 2013, a documentación que sinala a base 14 das bases reguladoras, aprobadas pola Resolución do 14 de maio de 2012 (DOG nº 96, do 22 de maio). Tendo en conta o volume de solicitudes presentadas e o longo proceso de instrución, e co fin de optimizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o dito artigo 7 ampliando o prazo ata unha data que permita a mellor xustificación por parte das beneficiarias.

Por todo o exposto, no uso das atribucións que me foron conferidas, disponse a  modificación do artigo 7 (lugar e prazos de presentación da xustificación) da Resolución do 10 de xuño de 2013 pola que se convocan para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), que queda redactado como segue:
«Para a xustificación das axudas concedidas, as entidades presentarán, con data límite do 20 de decembro de 2013 e nos lugares indicados no artigo 4 desta convocatoria, a documentación que sinala a base 14ª das bases reguladoras».

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>