Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxigo das pemes no sector dos servizos
Axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxigo das pemes no sector dos servizos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Decembro 2013 09:44

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 26 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 €, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.


Co obxectivo de incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 € (procedemento IG174).

Requisitos dos proxectos subvencionables
a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.
b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderá ser incorrido con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos establecido na resolución de concesión.
d) O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha das seguintes actividades do sector servizos, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:
- A construción.
- O comercio por xunto e o comercio retallista: reparación de vehículos de motor e motocicletas (CNAE 09, grupos 45.1, 45.2 e 45.4)
- O transporte e almacenamento.
- Servizos hostaleiros de aloxamento.
- Servizos de información e comunicacións.
- Seguros, reaseguros e fondos de pensións, excepto seguridade social obrigatoria, actividades financeiras auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros.
- Actividades inmobiliarias.
- Actividades profesionais, científicas e técnicas.
- Actividades administrativas e servizos auxiliares.
- Educación.
- Actividades sanitarias e de servizos sociais.
- Actividades artísticas, recreativas e de entretenemento.
- Outros servizos.
e) Un solicitante só poderá presentar unha solicitude por convocatoria. Para estes efectos consideraranse como un único solicitante as empresas pertencentes a un mesmo grupo empresarial ou vinculadas entre si.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
- As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non excluída no citado Regulamento (CE) nº 800/2008, xeral de exención por categorías, e acometan proxectos subvencionables. Non serán subvencionables as seguintes actividades:
a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios, e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura reguladas polo Regulamento (CE) 104/2000.
* CNAE 09: divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40).
* CNAE 09: grupo 10.2 (todas as clases) e clase 46.38.
b) O sector da industria siderúrxica conforme a definición que recolle o anexo I das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08):
• CNAE 09: grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52.
c) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).
d) O sector do carbón e do aceiro:
• CNAE 09: división 05 (todos os grupos e clases).
e) O sector da construción naval consonte o disposto na comunicación da Comisión DO C 160, do 28 de outubro de 2006:
• CNAE 09: clase 30.11.
- Se cumpren os requisitos de domiciliación e actividade, poderán ser, así mesmo, beneficiarias:
a) As persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou estean na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As agrupacións de interese económico.
- Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 1, número 7º, do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008). Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

Condicións dos gastos subvencionables
- Conceptos subvencionables: para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes, que reúnen os requisitos establecidos na Orde EHA/524/08, do 26 de febreiro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión (BOE nº 53, do 1 de marzo de 2008):
a) Bens de equipamento de carácter tecnolóxico en xeral ligados directamente ao servizo prestado pola peme.
b) Equipamentos para proceso de datos.
c) Software ligado ao servizo prestado pola empresa, cos requisitos do artigo 4.1.b) do Decreto 432/2009, do 11 de decembro, polo que se regulan as axudas rexionais ao investimento e ao emprego na Comunidade Autónoma de Galicia. Non será subvencionable calquera software que apoie procesos internos da empresa (como o propio ERP da empresa).
d) Activos fixos destinados á almacenaxe e loxística (estantes, sistemas de automatización, etiquetaxe e lectura de datos, elementos de transporte interior).
e) Mobiliario e elementos decorativos, limitados ao 20 % do investimento subvencionable total.
- Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data que, á vista das características do proxecto, sexa establecida na resolución de concesión.
Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.
- Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante. As ofertas deberán ter sinatura e selo orixinal do provedor. Para modificar o provedor seleccionado deberá pedir previamente á súa contratación autorización ao Igape e xustificar as razóns do cambio.
- Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.
- O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse vinculado á actividade económica subvencionable no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.
- No caso de investimento en activos intanxibles, para ser considerados subvencionables deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.
- Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na resolución individual correspondente os investimentos subvencionados ata o remate do prazo de execución do proxecto.
- Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.
- Os gastos subvencionables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

Intensidade de axuda e criterios de avaliación e selección de proxectos
- A subvención poderá chegar ata o 40 % dos investimentos subvencionables, e ata o 50 % se se dirixe exclusivamente a pequenas empresas, sen superar as limitacións especificadas nos puntos anteriores. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
- Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:
a) Sectores de servizos de apoio, comercialización ou directamente relacionados cos prioritarios relacionados no anexo IV a estas bases (15 puntos).
b) Empresa adscrita a un clúster galego legalmente constituído (5 puntos).
c) Compromiso de creación de emprego na peme. Outorgaranse 3 puntos por cada novo emprego que se comprometan a crear respecto aos traballadores existentes en 1 de xaneiro de 2014. Asignaránselle 2 puntos adicionais se o compromiso relativo a algún dos empregos para crear nese período pertence a colectivos con dificultades de acceso ao emprego: persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego, persoas desempregadas de máis de 45 anos, mozas e mozos menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade, persoas desempregadas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social ou mulleres desempregadas (0-20 puntos).
d) Localización do proxecto dentro de Galicia, segundo o anexo III a estas bases (0-30 puntos).
e) Grao de innovación a nivel de empresa:
1. Xeración dun novo servizo (20 puntos).
2. Procesos non realizados previamente (15 puntos).
3. Mellora ou automatización de procesos preexistentes (7 puntos).
f) A existencia de sistemas de calidade e de xestión ambiental certificados por entidade acreditada (10 puntos).

Solicitudes

- Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda ( comezará o 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 18 de febreiro de 2014), os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
- Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
-  As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se obterá de maneira obrigatoria na citada aplicación informática, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. Na instancia será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se lles terá por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
- Xunto coa instancia de solicitude, presentarase a seguinte documentación:
a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
b) Certificado de sistemas de calidade e de xestión ambiental emitidos por entidade acreditada.
c) Certificado actualizado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de todos os centros de traballo da empresa en Galicia, no peche do exercicio anterior á presentación da solicitude de axuda.
d) No caso de que o solicitante sexa unha empresa pertencente a algún clúster galego: certificado expedido polo correspondente clúster da pertenza do solicitante ao dito clúster.
e) No caso de que o solicitante sexa unha agrupación sen personalidade xurídica: acordo notarial de constitución da agrupación en que se detalle a descrición do proxecto para o cal se solicita a axuda, os membros da agrupación, coa súa porcentaxe de participación no mesmo e a porcentaxe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarias e o representante ou apoderado único dela e para cada un dos membros da agrupación, a documentación correspondente citada nas letras anteriores.
f) As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3º da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.3 das bases reguladoras. Calquera cambio na oferta seleccionada deberá contar coa autorización do Igape, segundo o disposto no citado artigo.
De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se encontre en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a súa non validez, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.
Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, os requirimentos de emenda citados realizaranse preferentemente mediante a publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase indicar que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado enderezo. Excepcionalmente, se a instrución do procedemento o aconsella, o órgano competente poderá substituír esta publicación no DOG e na web pola notificación individualizada, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.
- Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da instancia de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamén se poderá presentar en soporte papel no Rexistro Xeral dos Servizos Centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando a instancia de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, xunto coa documentación establecida no artigo 8.4, en orixinal ou copia cotexada.
- Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.4, e a persoa que asina a solicitude responsabilizarase e garantirá a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirirlle ao interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.
Para achegar xunto coa instancia de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>