Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para a contratación de xestores Igapex de internacionalización
Axudas para a contratación de xestores Igapex de internacionalización PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Decembro 2013 08:37

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 25 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a contratación de xestores Igapex de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2014 en réxime de concorrencia non competitiva.


Estas bases teñen como obxectivo final facilitarlles ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a formación de especialistas en comercio exterior e a súa incorporación ao mercado laboral.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios deste programa de axudas:
a) As sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, que teñan como proxecto iniciar ou consolidar a internacionalización da propia empresa solicitante e que dispoñan dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas do Igape (non serán válidos os diagnósticos realizados con enquisas ou ferramentas on line, nin outro tipo de diagnósticos non presenciais). No caso de non dispoñer deste diagnóstico deberá solicitalo ao Igape ao mesmo tempo que presente a solicitude de axuda.
b) Os organismos intermedios:
i) Asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers empresariais (con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro) que representen un colectivo de empresas que estean domiciliadas en Galicia e que teñan un proxecto de internacionalización dirixido ás empresas definidas na letra a) do artigo 4.1.
Enténdense por clúster para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan proxectos en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster.
As agrupacións clúster identificadas polo Igape ata a data en Galicia son as que poden consultarse no enderezo da internet http://www.atcluster.org/es/ResultadoDiciembre2011.
ii) Centros de tecnoloxía e centros de apoio á innovación tecnolóxica (con personalidade xurídica propia), inscritos con anterioridade ao 31.12.2013 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009), que estean domiciliados en Galicia e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar a súa internacionalización.
2. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.1 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (DOUE C 244/2, do 1 de outubro de 2004) e que para as pemes aparece no artigo 1.7 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008). Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Conceptos subvencionables
1. Será subvencionable o salario bruto anual da contratación por conta allea dun xestor Igapex de internacionalización, a tempo completo ou parcial, durante un máximo de 12 meses de vixencia do contrato laboral.
O xestor deberá reunir os seguintes requisitos:
a) Debe ser elixido polo beneficiario de entre os integrantes na bolsa de traballo denominada Xestores Igapex e publicada polo Igape na súa páxina web www.igape.es. Esta bolsa de Xestores Igapex está aberta, indefinidamente, ás novas incorporacións de persoal que reúna os requisitos exixidos. O Igape non se fai responsable da veracidade da información subministrada polos integrantes desta bolsa, tendo o beneficiario a obriga de comprobala, segundo o artigo 16.c) destas bases.
O solicitante poderá non indicar coa solicitude a identidade do xestor, pero terá que comunicalo ao Igape no prazo máximo improrrogable sinalado no artigo 12.5 (un mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión). O xestor deberá estar dado de alta na bolsa de traballo obrigatoriamente na data de contratación.
b) O obxecto do contrato laboral é a realización –nun centro de traballo en Galicia ou no estranxeiro– de actividades relacionadas co comercio exterior. No caso de contratos para un centro de traballo no estranxeiro será admitido como subvencionable o contrato realizado por unha sucursal no estranxeiro da beneficiaria ou unha filial con polo menos o 25 % do capital subscrito pola beneficiaria, agás no suposto especificado no artigo 16.g) destas bases.
c) Debe ser dado de alta nun grupo 01 ou 02 de cotización á Seguridade Social no caso de contratos de traballo formalizados conforme a lexislación española. O Igape iniciará un procedemento de reintegro da axuda no caso de que o xestor non se destine a tarefas de internacionalización da empresa.
2. Serán subvencionables unicamente as percepcións salariais (que coticen á Seguridade Social): salario base, complementos salariais, gratificacións extraordinarias etc.). As percepcións non salariais (indemnizacións, suplidos (axudas de custo, gastos de viaxe, complementos de transporte etc.), prestacións da Seguridade Social, quitanza etc.) non se considerarán subvencionables.
3. Un mesmo xestor pode ser obxecto de varias contratacións subvencionadas contemporáneas, a tempo parcial, por distintos beneficiarios destas axudas.
4. O contrato laboral deberá formalizarse no prazo máximo improrrogable dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión.
5. O prazo de execución do proxecto subvencionable iniciarase o 1 de xaneiro do exercicio da convocatoria e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 31 de maio de 2015.
6. Só se concederá unha axuda do tipo da descrita nestas bases por solicitante e convocatoria. No caso de solicitantes aos cales se lles tivese pagado unha axuda de anteriores convocatorias destas bases de axudas, só se lles concederá unha nova axuda no caso de que xustifiquen que fixeron un contrato laboral fixo ao xestor/es cuxa contratación foi obxecto de axuda nunha convocatoria anterior –e que o dito xestor/xestores sigan contratados polo solicitante na data de acreditación de condicións da nova contratación para a cal se solicita axuda–, ou no caso de que o xestor que se vai contratar sexa para traballar nun país distinto ao indicado en solicitudes de anteriores convocatorias destas bases.
En todo caso, a contratación dun mesmo xestor só poderá ser subvencionada unha vez por cada solicitante.

Exclusións
1. Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor realizada por:
No caso do que o solicitante sexa empresa ou organismo intermedio a exclusión refírese ao parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) do xestor que se vai contratar cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante.
No caso de que o solicitante sexa unha empresa, as exclusións refírense ás relacións citadas da persoa que se vai contratar tanto co solicitante como con outras empresas vinculadas.
2. Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante ou con outras empresas vinculadas nos cinco exercicios anteriores ao da convocatoria.
Enténdese por vinculación entre empresas: participacións de capital dunha empresa noutra, un accionista común maioritario ou o mesmo representante legal ou administradores comúns.
3. A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

Contía e límites da axuda
1. A contía da axuda para os contratos laborais que se formalicen, a tempo completo ou parcial, cumprindo os requisitos destas bases, será do 75 % do salario bruto anual.
Incremento da porcentaxe de subvención:
a) Se o solicitante ten o seu domicilio social ou centro de actividade obxecto do proxecto nalgún dos municipios relacionados no anexo III destas bases: provincias de Lugo ou Ourense, comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e da Costa da Morte, engadiranse 5 puntos porcentuais máis.
b) Se o xestor que se vai contratar ten no ano de presentación da solicitude unha idade igual ou inferior aos 30 anos (e sempre que nese ano non cumpra os 31 anos) e leva –á data da solicitude– 12 meses ou máis en paro, engadiranse 5 puntos porcentuais máis. Se o solicitante indica esta condición na solicitude da axuda, debe respectala no caso de que o xestor contratado inicialmente sexa substituído por outro.
c) Se o solicitante é un clúster galego o unha empresa pertencente a algún clúster galego, engadiranse 5 puntos porcentuais máis.
2. O límite máximo de axuda é de 15.000 € se o centro de traballo de destino do xestor está en Galicia; e de 25.000 € se o centro de traballo está no estranxeiro.
Estes límites máximos son aplicables no caso de contratos a tempo completo. Para contratos a tempo parcial, estes importes máximos reduciranse na mesma proporción que a redución do tempo de traballo. Nos supostos do tipo do especificado no artigo 16.g) destas bases, no caso de que o beneficiario participe nunha porcentaxe inferior ao 100 % da sociedade contratante no estranxeiro, a subvención correspondente adaptarase á porcentaxe de participación do beneficiario na dita sociedade.

Solicitudes
1. Dentro do prazo establecido na convocatoria (comezará o día 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 3 de febreiro de 20149, para presentar a solicitude de axuda os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante, dos datos da persoa que se vai contratar, se se coñecen estes datos, das tarefas a que se dedicará o xestor, dos obxectivos xerais e orzamento do proxecto así como de declaracións relativas ao condicionado destas bases, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
2. Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo de internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet.
Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
3. As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se obterá de maneira obrigatoria na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. Na instancia será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se lles terá por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
4. Xunto coa instancia de solicitude, presentarase a seguinte documentación:
4.1. Documentación relativa ás circunstancias do beneficiario:
a) Empresas:
- Escritura de constitución e modificacións inscrita/s no rexistro competente.
- Documento público acreditativo do poder con que actúa o seu representante.
- No caso de que o solicitante sexa unha empresa pertencente a algún clúster galego: certificado expedido polo correspondente clúster da pertenza do solicitante ao dito clúster.

b) Consellos reguladores:
- Documentación acreditativa da representación con que actúa.
c) Asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro:
- Acreditación da representación con que se actúa.
- Documentación acreditativa da súa constitución: acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes.
- No caso de centros de innovación e tecnoloxía, certificado acreditativo da súa inscrición no Rexistro de Centros de Innovación e Tecnoloxía con anterioridade ao 31.12.2013.
4.2. Documentación que acredite que o capital está participado polo beneficiario, nunha porcentaxe, polo menos do 25 %, no caso de que o destino do xestor sexa nunha filial no estranxeiro.
4.3. No caso de solicitantes aos cales se lles tivese concedido unha axuda en anteriores convocatorias destas bases e que soliciten unha nova axuda alegando que fixeron un contrato laboral fixo ao xestor anterior, copia do devandito contrato indefinido ou vida laboral actualizada co novo código de contrato de traballo.
4.4. No caso de que o solicitante sexa unha empresa deberá xuntar como documento ao formulario o diagnóstico positivo do potencial de internacionalización, cos requisitos do artigo 4 das bases reguladoras, ou a solicitude ao Igape de realización deste tipo de diagnóstico.
5. De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non será necesario presentar a documentación que xa se estea en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
6. Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da instancia de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamén se poderá presentar en soporte papel no Rexistro Xeral dos Servizos Centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando a instancia de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, xunto coa documentación establecida no artigo 9.4, en orixinal ou copia cotexada.
7. Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 9.4, responsabilizándose e garantindo a persoa que asina a solicitude a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirirlle ao interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.

Para achegar xunto coa instancia de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro de 2004). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
d) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no cal quedará constancia do feito da presentación.
f) Os interesados que cumpran os requisitos da letra b) anterior tamén poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante indicase no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE nº 150, do 23 de xuño), e no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, que regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
8. Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante. Dentro do prazo de presentación de solicitudes poderán modificarse os termos da solicitude inicial, utilizando para isto a aplicación informática para xerar un formulario modificado, cuxo IDE será de obrigatoria inclusión no escrito de comunicación ao Igape das ditas modificacións. Para os efectos de prioridade na resolución terase en conta a data de presentación da solicitude modificada.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>