Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais
Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xaneiro 2014 08:53

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 19 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e se convocan para o exercicio orzamentario de 2014.


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións da Consellería do Medio Rural e do Mar para os investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios e forestais para o período 2007-2013 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2014.

Beneficiarios
1. Poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas, que teñan unha actividade económica, sexan titulares das instalacións obxecto de axuda, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As corporacións locais non poderán ser beneficiarias destas axudas.
2. Os beneficiarios das axudas clasificaranse segundo as seguintes categorías de empresas:
– Microempresa, pequena empresa ou mediana empresa (pemes), tal como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión (DO L 124, do 20 de maio de 2003).
– Empresas Intermedias, sendo estas as empresas non pemes que teñan menos de 750 empregados ou un volume de negocios inferior a 200 millóns de euros.
3. As empresas beneficiarias deberán estar incluídas nalgún dos grupos sinalados a continuación, establecidos en función da actividade das empresas, e da normativa comunitaria aplicable.
A. Empresas con investimentos en transformación e comercialización de produtos incluídos no anexo I do Tratado:
A.1) Microempresas, pequenas e medianas empresas e empresas intermedias nas cales o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos estea incluído no anexo I do Tratado. Neste caso a normativa comunitaria de aplicación será exclusivamente a que regula o Feader.
A.2) Microempresas, pequenas e medianas empresas e empresas intermedias nas cales o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado. Neste caso a normativa comunitaria de aplicación será a que regula o Feader e a establecida pola Unión Europea para as axudas de Estado, e en particular, o Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro (DO L 379, do 28 de decembro) referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.
B. Empresas con investimentos relativos ao aserrío de madeira:
– Microempresas: neste caso a normativa comunitaria de aplicación será a que regula o Feader e a establecida pola Unión Europea para as axudas de Estado, e en particular, o Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro (DO L 379, do 28 de decembro) referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.
A Consellería do Medio Rural e do Mar poderá facer convocatorias anuais de axudas independentes para cada un dos grupos de beneficiarios indicados neste punto.

Investimentos subvencionables
1. Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea excepto os produtos da pesca. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado).
Non obstante, non serán subvencionables os investimentos relativos aos produtos descritos no anexo XI ter do Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello, do 22 de outubro, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.
2. Consideraranse tamén subvencionables os investimentos desenvolvidos en Galicia en activos fixos destinados ao aserrío de madeira.
3. Serán subvencionables os seguintes tipos de gastos:
a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles, incluida a compra de terreos. En todo caso, a adquisición de terreos será subvencionable ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, incluídos os programas informáticos e os soportes lóxicos.
c) Os gastos vinculados aos puntos anteriores en honorarios de proxecto e dirección de obra, estudos de viabilidade, e adquisición de patentes e licenzas relacionadas co proceso produtivo.
4. Non serán, no entanto, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.

Contía das axudas
1. As axudas teñen a natureza de subvencións de capital e poderán acadar as porcentaxes máximas de axuda do investimento subvencionable indicadas no punto seguinte, establecidas segundo a tipoloxía da empresa solicitante e as características dos produtos procesados.
2. As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:
A. Empresas con investimentos en transformación e comercialización de produtos incluídos no anexo I do Tratado:


Tipo de empresa

Microempresas, pequenas
e medianas empresas

Empresas intermedias

Porcentaxe máxima de axuda

50 %

25 %

B. Empresas con investimentos relativos ao aserrío de madeira:


Tipo de empresa

Microempresas

Porcentaxe máxima de axuda

50 %


3. En todo caso, cando os produtos finais dos procesos de transformación e/ou comercialización derivados dos investimentos para os cales se solicita axuda, non estean incluídos no anexo I do Tratado, así como no caso de empresas con investimentos relativos ao aserrío de madeira, as axudas a conceder estarán amparadas polo Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, e conforme iso o importe máximo das axudas a conceder a un beneficiario non poderá superar o importe de 200.000 €.

Requisitos adicionais
Para a concesión e/ou pagamento das axudas, os investimentos e solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos adicionais:
1. Os investimentos deben mellorar o rendemento global da empresa solicitante. Para eses efectos, deben ter algún dos obxectivos seguintes:
– Aumentar a competitividade da empresa.
– Reducir os custos.
– Aumentar o valor engadido.
– Reducir o impacto ambiental.
– Mellorar a rastrexabilidade e seguridade das producións.
– Diversificar as producións e/ou os mercados.
– Mellorar a calidade das producións.
– Implantar novos produtos, procesos ou tecnoloxías.
– Mellorar a comercialización das producións.
Para acreditar isto, na memoria que acompañe a solicitude de axuda xustificarase expresamente e de forma razoada en que medida os investimentos contribúen a acadar algún dos obxectivos sinalados.
2. Os investimentos deben cumprir a normativa comunitaria aplicable en materia de ambiente e, de ser o caso, sanidade e benestar animal.
Conforme iso:
– Non se concederán axudas a solicitantes que presenten proxectos relativos a instalacións xa existentes que non acrediten dispoñer de licenza de actividade e rexistro sanitario, ou que non cumpran, se é o caso, a normativa de benestar animal, ou a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal.
– Non se pagarán axudas a beneficiarios que non acrediten tras a execución dos investimentos, dispoñer de licenza de actividade e rexistro sanitario actualizados ou vixentes, así como, se é o caso, cumprir a normativa de benestar animal ou a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal. Esta acreditación non será exixida no caso de que os investimentos previstos, dadas as súas características, non supoñan unha alteración das actividades da empresa que afecten a licenza ou rexistro sanitario vixente, ou alteren as condicións relativas ao benestar animal ou a elaboración de produtos para alimentación animal.
A resolución de concesión indicará, se é o caso, expresamente as acreditacións referidas que será necesario presentar para o pagamento da axuda.
Porén, no caso de instalacións nas cales non sexa legalmente exixible a licenza de actividade, considerarase que cumpren o requisito de cumprimento da normativa ambiental cando dispoñan dun informe actualizado emitido por autoridade competente na materia no cal se xustifique a non necesidade da licenza e que as referidas instalacións cumpren a preceptiva normativa ambiental.
3. Cando o solicitante estea sometido á normativa de contratación pública, conforme o disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, deberá acreditar o seu cumprimento na execución dos investimentos subvencionados con anterioridade ao pagamento da axuda.
4. Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02). Conforme iso, non se concederán, en particular, axudas a sociedades anónimas e limitadas que incorran en causa de disolución por ter un patrimonio contable inferior a metade do seu capital social, tal como establece a normativa que regula este tipo de sociedades. Tampouco se concederán axudas ás empresas sometidas a un procedemento de quebra, insolvencia ou concursal.
En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non se atopar en situación de crise conforme a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.
Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
5. Non se concederán axudas a investimentos iniciados con anterioridade á presentación dunha solicitude de axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción ou o primeiro compromiso que obriga legalmente a realización dos investimentos.
6. Para a concesión das axudas teranse en conta as restricións de produción e as limitacións de apoio comunitario que existan de acordo coas organizacións comúns de mercado da Unión Europea. Non se concederán axudas que contraveñan prohibicións ou restricións establecidas nestas.
7. Os investimentos obxecto da axuda deberán ter unha execución mínima (investimento xustificado e pagado) na anualidade correspondente á convocatoria á que concorre a solicitude e será establecida en cada convocatoria anual.
8. A actividade ou actividades obxecto de axuda, así como os conceptos subvencionados, deberanse manter durante un período non inferior a cinco anos contados a partir do momento en que os investimentos estean finalizados (executados e pagados na súa totalidade).
9. Non se concederán axudas a investimentos en construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, nin aos seus investimentos relacionados, se non se acredita coa solicitude e nos prazos establecidos, a dispoñibilidade do terreo e da licenza de obras correspondente que lle permita iniciar as obras.
10. Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorran algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.
11. No caso de empresas lácteas que adquiran leite a terceiros, deberán acreditar que dispoñen dos contratos escritos establecidos nos artigos 10, 11 e 12 do Real decreto 1363/2012, do 28 de setembro, polo que se regula o recoñecemento das organizacións de produtores de leite e das organizacións interprofesionais no sector lácteo e se establecen as súas condicións de contratación. Esta acreditación deberá facerse cando se tramite o pagamento final da axuda.
12. Débese respetar a moderación de custos tal como establece o artigo 24.2.d) do Regulamento (UE) n° 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo cal se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n° 1698/2005 do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.
Nese sentido, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, deberase solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada. Non se considerarán subvencionables os conceptos incluídos na solicitude de axuda dos cales non se acredite o cumprimento deste requisito.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Solicitudes
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (antes do 26 de xaneiro de 2014). Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia acompañado do resto da documentación requirida. Neste caso, o lugar de presentación prioritario será nos servizos provinciais de Control de Calidade Agroalimentaria e Industrias das xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Medio Rural e do Mar. No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión está dentro do prazo de presentación establecido na convocatoria.
2. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo A1, xunto coa documentación adicional seguinte:
– Solicitude: anexo A1 debidamente cuberto.
– Memoria: anexo A2 debidamente cuberto.
– Estudio técnico: seguindo o modelo do anexo A3.
– Estudio económico: seguindo o modelo do anexo A4.
– Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo A6 debidamente cuberto.
Documentación adicional:
a) Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritos no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a fotococopia do NIF. No caso de persoas físicas esta acreditación realizarase mediante a fotocopia do DNI, ben que só será necesario presentalo se o beneficiario non outorga expresamente a autorización á consellería, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.
b) No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos tres últimos anos si son sociedades, e no caso de persoas físicas, declaración da renda dos últimos tres anos. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, débese presentar tamén o balance e as contas consolidadas do último ano do grupo.
c) No caso de investimentos que inclúan a construción de novas superficies cubertas: xustificación documental da dispoñibilidade do terreo e licenza de obras.
d) No caso de industrias xa existentes, rexistro sanitario e licenza de actividade do concello. No caso de matadoiros, mercados e outras actividades relacionadas co manexo de gando vivo, deberase acreditar que se cumpren as normas mínimas relativas ao benestar animal, mediante informe ou certificado expedido por autoridade competente. No caso de industrias de alimentación animal deberase acreditar que se cumpre a normativa específica sobre elaboración dese tipo de produtos, mediante informe ou certificado expedido por autoridade competente.
e) Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos, conforme ao modelo establecido no anexo A5, e achegando no caso de concesión, fotocopia da resolución correspondente.
f) No caso de solicitudes de axuda nas cales os produtos finais dos procesos de transformación e/ou comercialización derivados dos investimentos non estean incluídos no anexo I do Tratado, así como no caso de empresas con investimentos relativos ao aserrío de madeira, deberá presentarse unha declaración de axudas específica relativa as axudas recibidas (concedidas e/ou cobradas) nos tres últimos exercicios fiscais (2011, 2012 e 2013) ao abeiro do Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, conforme o modelo establecido no anexo A7.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
3. As solicitudes das persoas interesadas acompañarán os documentos e as informacións determinados no punto 2, salvo que os documentos exixidos xa estiveran no poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos cales foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao cal correspondan.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a su presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade ao planteamento da proposta de resolución.
4. Se o solicitante non presenta a documentación requirida no prazo máximo establecido ou se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días. De non facelo así, terase por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
5. Non obstante o disposto nos puntos anteriores deste artigo, dada a natureza deste procedemento como de concorrencia competitiva, non será susceptible de emenda a presentación fóra do prazo indicado na convocatoria da seguinte documentación, considerada como mínimo imprescindible para a tramitación da solicitude de axuda:
– Anexo A1 de solicitude da axuda.
– Anexo A2 de memoria cuberta adecuadamente, e que inclúa, en particular, a relación detallada dos investimentos previstos co seu importe sinalados no seu punto 12.
Non serán admitidas aquelas solicitudes nas cales se aprecie a ausencia desta información. Nestes casos emitirase resolución de inadmisión. Así mesmo, non se admitirá con posterioridade ningunha modificación dos investimentos para os cales se solicita axuda que supoña o aumento do seu importe ou a inclusión de novos conceptos.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único do rexistro.
Máis información no seguinte DOG

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>