Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas aos investimentos para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola de terceiros países
Axudas aos investimentos para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola de terceiros países PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xaneiro 2014 09:19

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 18 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2014.


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2014.

Tipos de accións e duración dos programas
1. As medidas de información e promoción dos viños en terceiros países poderán incluír calquera das accións mencionadas no artigo 103 septdecies do Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, do 2 de outubro, e das actividades relacionadas no anexo III desta orde.
2. As ditas accións deberán levarse a cabo preferentemente no marco dun programa de información e de promoción, entendendo como tal o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolvan nun ou en varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.
3. Os programas poderán ter unha duración máxima de tres anos por beneficiario e país. No entanto, poderán ser prorrogados por un período de non máis de dous anos, logo de solicitude, de acordo co previsto no parágrafo 6 do artigo 7.

Beneficiarios
1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Empresas vinícolas.
b) Organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas no artigo 125 sexdecies do Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro.
c) Órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas vínicas.
d) Asociacións de exportadores e consorcios de exportación participados exclusivamente por empresas do sector vitivinícola.
e) Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.
f) Así mesmo, e no caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de produtos e mercados en terceiros países.
Non obstante, conforme o disposto no número 1 do artigo 8 do Real decreto 548/2013, non serán admisibles as solicitudes de organismos públicos de ámbito nacional, que en todo caso deberán ser presentadas ante o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
2. Os beneficiarios deberán demostrar suficiente capacidade técnica e financeira para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e medios para asegurar que a medida se implementa o máis efectivamente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos, para asegurar a resposta fronte ás demandas que se podan xerar como efecto da promoción realizada.

Produtos e países que poden ser obxecto de accións
1. Poderán ser obxecto das medidas de promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
a) Viños con denominación de orixe protexida.
b) Viños con indicación xeográfica protexida.
c) Viños nos cales se indique a variedade de uva de vinificación.
2. Consideraranse elixibles para realizar medidas de promoción todos os terceiros países e serán prioritarios os recollidos no anexo VII.
Características das accións e programas
1. As accións e programas estarán claramente definidos especificando o país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as medidas que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.
2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses que comezarán o 15 de xuño de cada ano.
3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinados.
4. No caso dos viños que conten cunha indicación xeográfica, deberá especificarse a orixe do produto como parte da campaña de información e promoción.
5. Sen prexuízo do disposto nos números 3 e 4, as referencias a marcas, de ser o caso, poderán formar parte da mensaxe.
6. O órgano colexiado previsto no artigo 19, e co obxecto de favorecer a coherencia e eficacia da medida, poderá establecer anualmente directrices sobre as campañas de información e de promoción, que se regularán polo disposto nesta sección.

Presentación de solicitudes

1. Os interesados que reúnan as condicións previstas no artigo 4 presentarán as propostas de accións e programas e a documentación correspondente en instancia dirixida á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, de acordo co modelo que figura no anexo I que vai con esta orde.
2. As peticións incluirán a seguinte documentación:
– Solicitude: anexo I debidamente cuberto.
– Memoria, que deberá conter cando menos a información prevista no anexo II.
– Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou persoa solicitante (fotocopia do NIF no caso de persoa xurídica ou fotocopia do DNI no caso de persoa física). No caso do DNI, só será necesario presentalo se o beneficiario non lle outorga expresamente a autorización á consellería, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
– Fotocopia compulsada do poder ou acordo do órgano competente, de ser o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes na data da solicitude.
– Fotocopia compulsada das escrituras e dos estatutos ou do regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.
– Fotocopia das declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 3 últimos anos.
– Fotocopia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.
– Declaración de concorrencia de axudas seguindo o modelo do anexo VI.
– Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción solicitado.
3. O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente e, en todo caso, rematará antes do 15 de febreiro de cada ano.
4. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia acompañado do resto da documentación requirida. Neste caso, o lugar de presentación prioritario será a Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria dos servizos centrais da Consellería do Medio Rural e do Mar. No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión está dentro do prazo de presentación establecido na convocatoria.

5. As accións e programas presentados deberán conter cando menos a información prevista no anexo II da memoria e:
– Cumprir o disposto nesta orde.
– Respectar a normativa comunitaria relativa aos produtos considerados e á súa comercialización.
– Incluír co suficiente grao de detalle todos os requisitos necesarios para que poda avaliarse a súa conformidade coa normativa aplicable e a súa relación calidade/prezo.
– Especificar os medios propios ou externos con que se contará para desenvolver as accións previstas.
Conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto supere a contía de 50.000 € no caso de obras, ou de 18.000 € no resto dos casos, deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada. Non se considerarán subvencionables os conceptos incluídos na solicitude de axuda dos que non se acredite o cumprimento deste requisito. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
6. No caso de prórroga dun programa, de acordo co parágrafo 3 do artigo 3, ademais da documentación prevista nos parágrafos 1 e 4 deste artigo, os interesados deberán presentar un informe de resultados dos dous primeiros anos de execución para a súa avaliación. Este informe conterá, polo menos, información relativa aos efectos no mercado de destino do programa desenvolto, ademais de detallar as razóns para solicitar a prórroga.
7. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda), consonte o establecido nos artigos 11 e 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para eses efectos, a presentación da solicitude de axuda supón a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións acreditativas correspondentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da Consellería de Facenda, consonte o establecido no artigo 10 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
8. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
9. As solicitudes das persoas interesadas acompañarán os documentos e as informacións que se determinan no punto 2, salvo que os documentos exixidos xa estivesen no poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a su presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>