Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para a creación e a mellora de microempresas de aproveitamentos forestais
Axudas para a creación e a mellora de microempresas de aproveitamentos forestais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xaneiro 2014 10:14

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 18 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das concesións das axudas para a creación e a mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario 2014, segundo o Regulamento de execución (UE) nº 335/2013, da Comisión, do 12 de abril de 2013.


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión das subvencións que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2014 en réxime de concorrencia competitiva. Estas axudas ampáranse no Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e no establecido para as axudas rexionais ao investimento no Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común, en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías) (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008).

Investimentos subvencionables
Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial. Os plans só se poderán subvencionar xunto con investimentos materiais. Os investimentos que se pretendan subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención.
Investimentos en activos fixos produtivos
1. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais).
2. Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, en que se subvencionará o diferencial de custo. Para tal fin a empresa xustificará a necesidade e os beneficios esperados polas substitucións mediante unha memoria.
3. Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes:
a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento.
b) Maquinaria específica, apeiros e utensilios que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: asteladoras, fendedoras de leña, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.
c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.
d) Equipamentos de seguridade.
e) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e utensilios.
f) Equipos tractocargadores completos e os seus utensilios forestais (os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiranse tamén aos tractores orientados á recollida de biomasa, limitándose o importe da máquina tractora ao 60 % do valor do equipamento).
g) Rozadoras, en número non superior ao dos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.
h) Góndolas, plataformas para o transporte da madeira ou biomasa, e guindastres que se instalen nelas. O número de plataformas e guindastres limitarase ao número de equipamentos de saca (tractocargadores ou autocargadores) que teña a empresa. Non se subvencionará máis dunha góndola por empresa.
i) Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.
k) Equipos informáticos ata un máximo subvencionable de 2.000 euros/empresa, descontando as axudas percibidas anteriormente por este concepto.

Plans e ferramentas de xestión empresarial
Poderán ser obxecto de subvención os servizos externos de diagnóstico, seguimento, certificación e execución de medidas correctoras, salvo adquisición de maquinaria, nas seguintes actuacións:
1) Consecución e actualización de licenzas para parques intermedios.
2) Implantación na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade para o control de custos, calidade e mantemento.
3) Certificación do proceso produtivo para a adaptación á cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial necesarios para a realización da actividade.
Beneficiarios
Os beneficiarios, ademais de cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, deberán cumprir os seguintes requisitos:
1) Ser microempresas do sector forestal radicadas en Galicia. Tomarase a definición de microempresa incluída no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto de 2008. Segundo esta definición, microempresas son aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros. Os socios que participan na empresa solicitante en porcentaxe igual ou superior ao 25 % do seu capital ou dereitos de voto e participan ao mesmo tempo noutra empresa do sector forestal nun 25 % ou máis deberán presentar certificado axustado ao anexo V das outras empresas.
2) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe.
– Volume anual de vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou na declaración anual do IVE).
– Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou na declaración anual do IVE).
– Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.
– Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado externo.
3) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a el) e unha declaración responsable do beneficiario de que a empresa cumpre coa normativa ambiental, segundo o anexo I.
4) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.
5) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, de ser o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros.
6) Non poderán ser beneficiarios aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 1, número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Exclusións
Non será subvencionable:
1) A adquisición de terreos, edificacións e mobiliario.
2) A adquisición de maquinaria usada.
3) Os tributos recuperables polo beneficiario, como o IVE.
4) A renovación de maquinaria que non implique incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción. Para tal fin a empresa xustificará a necesidade e os beneficios esperados pola substitucións mediante memoria. Neste caso valorarase unicamente a diferenza de custo.
5) Os gastos de reparación e mantemento.
6) Os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro ou calquera outra figura análoga.
7) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios.
8) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo.
9) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con fondos comunitarios.
10) Motoserras, rozadoras manuais e outras ferramentas manuais.
11) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ao abeiro da presente convocatoria e/ou sen constancia oficial de non terse iniciado con anterioridade á solicitude no caso de investimentos en parques intermedios.
Importe das axudas
1. Os investimentos en bens de equipamento, recollidos no artigo 3, terán unha subvención básica dun 30 %, que poderá incrementarse ata un máximo do 40 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II.
Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 4 subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.
2. A axuda máxima por solicitante limitarase a 100.000 euros.

Solicitudes e documentación
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (antes do 24 de xaneiro de 2014). Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
2. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante. Polo tanto, o modelo de solicitude normalizado incluirá unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
3. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.
4. Os interesados deberán presentar a seguinte documentación dirixida á secretaria xeral de Medio Rural e Montes:
a) No caso de prever investimentos en acondicionamento de parques intermedios ou instalacións neles, deberá solicitar a comprobación de non inicio dos investimentos xuntando plano con indicación da localización do parque.
b) A solicitude, asinada polo representante legal ou persoa acreditada, dirixida á secretaria xeral de Medio Rural e Montes, segundo modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de non estar asinada polo representante legal, deberá achegar documentación xustificativa da acreditación por parte da empresa.
c) Deberase achegar contrato, factura pro forma ou similar de 3 provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren. O investimento subvencionable elixirase conforme criterios de eficiencia e economía. Deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis económica. A Administración comprobará o valor do mercado dos gastos subvencionables e velará pola adecuada moderación dos custos propostos, rexeitando aqueles que non se axusten aos criterios anteriores, de acordo co artigo 30.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
d) Certificación da condición de microempresa, segundo o anexo V. Os empresarios autónomos deberán cubrir as alíneas b), c), e) e f). Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos serán referidos á ultima declaración do IRPF e os de persoal serán referidos ao mes anterior ao da publicación da orde. Os socios que participan na empresa solicitante en porcentaxe igual ou superior ao 25 % do seu capital ou dereitos de voto e participan ao mesmo tempo noutra empresa do sector forestal nun 25 % ou máis deberán presentar certificado axustado ao anexo V das outras empresas.
e) Declaración relativa a outras axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas ou non, para os mesmos investimentos para os cales se solicita subvención ao abeiro da presente orde segundo o anexo I.
f) Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo VI da presente orde (puntos 3), 4) e 5)).
g) Ficha cos datos da empresa, segundo as distintas follas do anexo VII con todos os datos consignados que procedan segundo o tipo de empresa e asinada na última folla.
h) Copia dos seguintes documentos:
1º. Último imposto de sociedades ou, na súa falta, último IRPF declarado. E, ademais, a declaración anual do IVE para os autónomos.
2º. Copia cotexada do NIF ou DNI/NIE do solicitante. Ao abeiro do artigo 2 do Decreto 255/2008, as persoas físicas que consintan expresamente na solicitude a autorización de comprobación dos seus datos persoais por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, non terán que presentar a copia do DNI ou NIE.
3º. No caso que a empresa soamente teña traballadores no réxime xeral, deberá presentar os últimos TC1, TC2 anteriores á publicación da orde e certificado da Seguridade Social de non ter traballadores no réxime agrario. No caso que a empresa soamente teña traballadores no réxime agrario, deberá presentar os últimos TC1/8 anteriores á publicación da orde e certificado da Seguridade Social de non ter traballadores no réxime xeral. Se a empresa ten traballadores nos dous réximes, deberá presentar os TC1, TC2 e os TC1/8 anteriores á publicación da orde.
4º. Último recibo de pagamento dos autónomos da empresa.
5º. Documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este, onde a empresa deberá estar dada de alta en actividades relacionadas con aproveitamentos, servizos ou actividades forestais.
6º. Póliza do seguro de responsabilidade civil e recibo actualizado.
7º. Contrato dun servizo de prevención de riscos laborais e recibo actualizado.
i) Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 5. Se o solicitante elixe un estudo da viabilidade asinado por profesional cualificado.
j) No caso dos investimentos do artigo 4 (plans e ferramentas de xestión empresarial): memoria asinada detallada do contido que se vaia desenvolver.
k) No caso de maquinaria cuxa subvención estea supeditada a que a empresa teña maquinaria de saca en propiedade, como é o caso de rozadoras, plataformas con guindastre para transporte por estrada, góndolas etc., deberán presentar unha declaración responsable de que a empresa posúe maquinaria de saca en propiedade ou, na súa falta, compromiso de que no momento da solicitude de cobramento final a vai posuír, segundo o anexo I.
l) No caso de acondicionamento ou instalacións en parques intermedios:
1º. Plano asinado onde veña reflectida a situación do parque.
2º. Licenza municipal de actividade e, de ser o caso, licenza de obra. Na súa falta, poderán presentar solicitude de licenza no concello e informe urbanístico favorable, tendo que presentar, neste caso, a licenza xunto coa solicitude de cobramento final da subvención.
m) No caso de investimentos para biomasa: contrato de subministración de biomasa ou xustificación documental de que o investimento está orientado a un aproveitamento comercial da biomasa.
n) No caso de substitucións de investimentos: memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución.
ñ) No caso de xerentes de idade inferior a 55 anos na data de publicación desta orde ou descendentes dos propietarios ou administradores en activo na empresa, os primeiros ademais de incluírse no punto C do anexo V, DNI cotexado, copia contrato ou últimas nóminas asinadas; DNI, copia contrato ou últimas nóminas asinadas e libro de familia para os descendentes dos propietarios ou administradores da empresa. No caso de presentar autorización segundo o anexo XIII, non será necesario presentar o DNI.
o) No caso de empresas con mulleres xerentes na data de publicación desta orde, ademais de incluírse no punto C do anexo V, DNI cotexado e copia contrato ou últimas nóminas asinadas. No caso de presentar autorización segundo o anexo XIII, non será necesario presentar o DNI.
5. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos
Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>