Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Bolsas de formación na D.X. de Comercio
Bolsas de formación na D.X. de Comercio PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Xaneiro 2014 08:59

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 20 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e se procede a súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN225A).

O obxecto é  aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de catro bolsas de formación na Consellería de Economía e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia, na Dirección Xeral de Comercio, para as persoas tituladas que se especifican no anexo I, e proceder á súa convocatoria (o programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2014 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación das persoas bolseiras ata o 30 de decembro).

Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2005 ou posterior.
d) Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio.
e) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 xuño).


Condicións e incompatibilidades
- As persoas adxudicatarias adquiren exclusivamente a condición de bolseiras, coas obrigas e dereitos delas e conforme estas bases, sen ningún outro vínculo laboral ou administrativo co órgano convocante nin coas entidades en cuxas dependencias se leve a cabo a formación.
- A percepción destas bolsas é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera administración, institucións ou entes públicos, así como con soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria das persoas interesadas.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800,00 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes. A formación terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio en xornada de mañá.

As solicitudes para participar no procedemento de concesión das bolsas presentaranse na forma e no prazo que se indican nos artigos 2 e 3 da orde de convocatoria. Xunto coa solicitude deberá presentarse o orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:
a) DNI da persoa solicitante e certificado de empadroamento, só no caso de que non dea o seu consentimento para que o órgano instrutor comprobe os seus datos de carácter persoal, por medio de conexión telemática co servizo horizontal de acceso aos sistemas de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio da Presidencia (de acordo co disposto nos artigos 2.2 e 3.2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos).
Para eses efectos, a persoa solicitante poderá cubrir a declaración que figura no modelo normalizado de solicitude. No caso de non prestar o seu consentimento, deberá presentar fotocopia compulsada do documento nacional de identidade e do certificado de empadroamento.
b) Documento acreditativo do nivel de coñecemento do idioma galego. Só se concederá validez aos cursos ou titulacións homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.
c) Título académico ou xustificante do pagamento dos dereitos para a súa expedición.
d) Certificación académica persoal de carácter oficial.
e) Curriculum vitae da persoa solicitante en que se relacionen os estudos cursados e, se é o caso, a súa experiencia profesional, así como os documentos acreditativos dos méritos alegados.
f) Declaración responsable de non desfrutar anteriormente doutra bolsa na Dirección Xeral de Comercio (anexo III).
g) Declaración responsable de non estar incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia (anexo III).
h) Declaración responsable de non estar percibindo ningunha compensación económica derivada dunha actividade profesional por conta propia ou allea e de non estar acollido/a á prestación por desemprego (anexo III).
i) Declaración responsable sobre a concesión ou solicitude doutras bolsas ou axudas financiadas por calquera administración, institucións ou entes públicos, nacionais ou internacionais (anexo III).

As solicitudes presentaranse, ata o 09 de febreiro de 2014, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude (anexos II e III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN225A, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es), na súa epígrafe de axudas.
b) No teléfono 981 54 55 99 da devandita dirección xeral.
c) No enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
d) Presencialmente.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado 902 12 00 12).

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>