Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Corrección de erros das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento
Corrección de erros das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Xaneiro 2014 10:59

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da correción de erros da resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN852A).


Advertido erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 13 de xaneiro, cómpre realizar as seguintes correccións:
Na páxina 1279, artigo 9.3.c), primeiro guión, onde di: «O custo da subcontratación deberá incluír os conceptos que a seguir se indican: - Persoal propio e de nova contratación que contrate a entidade para a realización do roxecto con carácter exclusivo para el. O seu custo non poderá superar o 40 % do custo total da subcontratación»; debe dicir: «O custo da subcontratación deberá incluír os conceptos que a seguir se indican: - Persoal propio e de nova contratación que contrate a entidade para a realización do roxecto con carácter exclusivo para el. O seu custo non poderá superar o 80 % do custo total da subcontratación».
Sustituir os anexos I ao IX existentes polos correctos.
Engadir os anexos X e XI a que fai referencia o corpo da resolución.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>