Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal
Axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Xaneiro 2014 10:23

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 30 de decembro de 2013 pola que se convocan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) para o ano 2014.


Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2014 as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva. As bases reguladoras desta convocatoria son as contidas na Orde do 2 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 133, do 15 de xullo de 2013).

Liñas de axuda
Mediante esta orde convócanse dúas liñas de axuda:
a) Liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor).
b) Liña 2 de axudas para iniciar a actividade das sociedades de fomento forestal con inscrición definitiva no Rexistro de Sofor (RSofor).

Solicitantes e beneficiarios
1. Solicitantes das liñas de axudas:
a) Liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor).
Poderán solicitar as axudas para constituír Sofor que se regula no artigo 5 desta orde:
a-1) As agrupacións de persoas propietarias forestais constituídas formalmente e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia.
a-2) Outras entidades xurídicas de dereito privado que agrupen persoas propietarias forestais cunha finalidade de xestionar e comercializar en común os recursos forestais dos terreos que xestionen, inscritas segundo a lexislación sectorial que lle sexa de aplicación.
a-3) As Sofor con inscrición previa no rexistro (RSofor) para conseguir a súa inscrición definitiva, sempre e cando non obtivesen subvención para a súa inscrición previa.
b) Liña 2 de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no Rexistro de Sofor (RSofor).
Poderán solicitar as axudas para iniciar a actividade de Sofor que se regulan no artigo 6 desta orde as Sofor con inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal (RSofor).
Os mesmos terreos non poderán presentarse en máis dunha solicitude, o que será motivo de inadmisión de todas as solicitudes que se presenten sobre terreos coincidentes.
No caso de que se solicite e conceda axuda para inscrición previa, non poderá solicitarse a axuda para a súa inscrición definitiva.
Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse das presentes axudas.
Non se poderá conceder axuda sobre terreos que conteñan hábitats prioritarios.
No caso de montes xestionados pola Xunta de Galicia con base en consorcios ou convenios, a aprobación de subvención está condicionada á rescisión previa do consorcio ou convenio ou ben á sinatura dun novo contrato temporal de xestión pública, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
2. Independentemente do solicitante, o beneficiario final das axudas, tanto para liña 1 como para a liña 2 desta orde, será a sociedade de fomento forestal (Sofor) inscrita no RSofor. Para obter a condición de beneficiario, deberanse cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Superficie mínima para a liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor)

1. As solicitudes deberán formularse por unha superficie mínima que, atendendo á tipoloxía de Sofor, será de:
a) Plantacións forestais de froito: 15 hectáreas.
b) Plantacións de frondosas caducifolias ou masas preexistentes de frondosas autóctonas: 25 hectáreas.
c) Outras plantacións ou aproveitamentos forestais: 50 hectáreas.
2. No momento da solicitude a entidade solicitante deberá acreditar a titularidade do 25 % das superficies citadas.
3. Para delimitar a superficie forestal xestionada terase en conta o establecido no artigo 5 do Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e a cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro.

Conceptos subvencionables da liña 1 de axudas para constituír as sociedades de fomento forestal (Sofor)
Os conceptos subvencionables para constituír unha Sofor e inscribila no RSofor son os seguintes:
a) O custo de investigación da propiedade e clasificación dos terreos en que se aplique un sistema acreditado e obxectivo de valoración dos dereitos de aproveitamento forestal. Este concepto non será subvencionable no caso das Sofor que inclúan terreos en proceso de concentración parcelaria ou que xa se atopen concentrados.
b) Os gastos notariais de constitución da Sofor.
c) O cartel informativo (modelo do anexo X) que están obrigadas a colocar nun lugar visible nos terreos obxecto da subvención.
No caso de que se solicite e conceda axuda para inscrición previa non poderá solicitarse a axuda para a súa inscrición definitiva.

Conceptos subvencionables da liña de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor
Os conceptos subvencionables nesta convocatoria para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor son os seguintes:
a) Os gastos notariais e rexistrais necesarios para realizar a concentración privada das propiedades forestais integradas na Sofor.
b) Os custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns.
c) Os custos de execución de infraestruturas comúns.
d) Os custos de redacción do instrumento de ordenación e xestión forestal.
e) O cartel informativo (modelo do anexo X) que están obrigadas a colocar nun lugar visible nos terreos obxecto da subvención.
Durante o período desta convocatoria, unicamente se poderá conceder, como máximo, unha subvención para cada un dos conceptos descritos nas alíneas a) ao d).

Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
4. O solicitante indicará na parte doutros datos da solicitude se a superficie de actuación comprende calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal (zona de protección lateral do Camiño de Santiago, zona que forma parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, zona dentro da Rede Natura 2000). Nestes casos, a Administración solicitará de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe ao organismo competente nesa materia. En caso de que o dito informe sexa desfavorable, non se admitirá a trámite a solicitude de axuda.
5. Para os interesados que presentasen unha solicitude en convocatorias anteriores para o mesmo concepto e esta non fose aprobada ou non fose admitida a trámite, será suficiente coa presentación dun novo impreso de solicitude. Non obstante, no caso que se tivese producido algún cambio, deberá achegar a documentación acreditativa deste.
6. Non é posible a reformulación de solicitudes de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
7. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos
Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav.

Documentación para achegar coa solicitude
Coa solicitude, os interesados deberán presentar a seguinte documentación dirixida á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar da provincia correspondente:
• Documentación xeral:
a) Solicitude, asinada polo representante legal ou persoa acreditada, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. Neste modelo de solicitude inclúese unha declaración responsable, ao abeiro do establecido no artigo 20.4 da Lei de subvencións de Galicia, en que o solicitante declara baixo a súa responsabilidade que todos os datos reflectidos na solicitude son certos. Neste caso, con anterioridade á proposta de resolución da concesión da subvención requirirase a presentación da documentación que acredite a realidade dos datos contidos na declaración nun prazo de 15 días.
b) Copia do NIF da entidade solicitante.
c) A solicitude de axudas comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellaría de Facenda da Xunta de Galicia.
d) Declaración do solicitante da axuda do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ao abeiro desta orde, ante as administracións públicas competentes ou doutros entes e declaración expresa de outras axudas sometidas ao réxime de minimis (anexo V).
e) Para cada investimento igual ou superior a 18.000 euros sen IVE deberase achegar contrato, factura pro forma ou similar de 3 provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren. No caso de obra civil, deberase presentar esta documentación para cada investimento igual ou superior a 50.000 euros sen IVE. O investimento subvencionable elixirase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta máis económica.
• Documentación específica:
Para a liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor):
a) Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da Sofor que se vai constituír.
b) Proxecto de estatutos da Sofor.
c) Para agrupacións formalmente constituídas de persoas propietarias forestais: NIF e documento acreditativo de constitución da agrupación onde consten as persoas e as propiedades que forman parte da dita sociedade ou agrupación e copia dos estatutos ou escrituras de constitución, acordo de cesión segundo o anexo II desta orde e acreditación da persoa física que as representa. A Administración comprobará, de oficio, a súa inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.
d) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución, acreditación da persoa física que as representa e documento de compromiso dos membros das entidades xurídicas de dereito privado segundo o anexo III.
Para a liña 2 para iniciar a actividade da Sofor:
a) Memoria asinada detallada do contido que se vai desenvolver.
b) Para a subvención dos custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns e dos custos de execución de infraestruturas comúns, presentarase:
1º. Un plano asinado por persoal técnico competente en materia forestal, de acordo co establecido na definición 24 do artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, coa localización das infraestruturas que se pretenden executar.
2º. O nomeamento do director da obra no caso dos custos de execución de infraestruturas.
Deberase acreditar a competencia en materia forestal mediante a presentación do título universitario oficial.
3º. No caso de traballos fóra dos terreos da Sofor, a autorización dos titulares dos terreos afectados.

Presentación de solicitudes
1. A tramitación destas axudas realízase mediante convocatoria aberta con dous procedementos sucesivos de selección.
2. O modelo de solicitude inclúese no anexo I desta orde.
3. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2014.
4. As solicitudes que se incluirán en cada un dos procedementos de selección serán as seguintes:
a) Primeiro procedemento de selección. Incluirá as solicitudes correctamente presentadas e cos informes favorables dos órganos correspondentes a 31 de marzo de 2014.
b) Segundo procedemento de selección. Incluirá as solicitudes correctamente presentadas e cos informes favorables dos órganos correspondentes a 31 de xullo de 2014 que non fosen aprobadas no procedemento anterior.
5. En cada procedemento de selección, se, unha vez priorizadas as solicitudes da liña 1 (axudas para constituír sociedades de fomento forestal) e do punto primeiro da liña 2 (gastos notariais e rexistrais para a concentración privada) non se esgotar o crédito asignado a un destes grupos, poderase engadir o crédito sobrante ao seguinte grupo.

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>