Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo
Axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Xaneiro 2014 10:33

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 30 de decembro de 2013 pola que se convocan para o ano 2014 as axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.


Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2014 as seguintes liñas de axuda en réxime de concorrencia competitiva:
a) Plans de mellora nas explotacións agrarias (procedementos MR405A e MR409A).
b) Primeira instalación de agricultores/as mozos ou mozas (procedemento MR404A).
c) Fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo (procedemento MR323C).
As ditas liñas de axuda están establecidas na Orde do 13 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 (DOG nº 118, do 21 de xuño de 2013).
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización (procedementos MR405A e MR409A).
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario (procedemento MR404A).
c) A mellora dos procesos produtivos das entidades asociativas agrarias (procedemento MR323C).
As solicitudes destas axudas tramitaranse de acordo coa presente orde e coas bases reguladoras da Orde do 13 de xuño de 2013.

Beneficiarios e investimentos elixibles
1. Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións agrarias ou que pretendan selo para as axudas establecidas no artigo 1, parágrafo 1.a) e 1.b), e as cooperativas agrarias, as súas unións e as cooperativas de explotación comunitaria da terra, para as axudas establecidas no artigo 1, parágrafo 1.c), que en todos os casos teñan por obxecto prioritario levar a cabo actuacións na produción primaria.
Os investimentos elixibles nesta convocatoria figuran no anexo XI da orde de bases, excluíndose os correspondentes ao aforro enerxético e a instalacións de muxidura que non estean incluídas nun proxecto de obra civil dunha explotación leiteira.

Requisitos dos beneficiarios
1. Requisitos dos beneficiarios de axudas aos plans de melloras para agricultores profesionais (procedemento MR405A).
Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Ser titular dunha explotación agraria no momento da solicitude, agás que simultaneamente solicite unha axuda para a instalación de mozos ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións.
b) Levar a cabo un plan de mellora da súa explotación.
c) Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda. Este compromiso será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, podéndoselle exixir, para eses anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que remita ao servizo territorial de Explotacións Agrarias a copia cotexada da declaración do IRPF e os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral.
d) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Acreditar a súa viabilidade económica, mediante a presentación do correspondente plan de viabilidade. Neste plan deberán acadar, polo menos, unha UTA no momento da solicitude da axuda (situación inicial do plan), tendo en conta a definición de agricultor profesional establecida pola Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias.
f) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
g) Posuír a capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % dos socios posúen a capacitación suficiente.
h) Posuír a condición de agricultor/a profesional, segundo se establece na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias, que se xustificará no momento da solicitude, agás no caso de agricultores non profesionais que tiveran recibido a explotación dun agricultor profesional, que se xustificará xunto coa solicitude de pagamento do expediente.
i) Ter dezaoito anos feitos e non superar os sesenta anos.
j) Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, esta deberá acreditar a súa constitución e que, polo menos, o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúnen os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderá resultar beneficiaria da axuda coa condición de que cumpra as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) As persoas xurídicas deberán cumprir os requisitos establecidos nas letras a), b), c), d), e), f) e g), e ter a condición de explotación agraria prioritaria ou acadar tal condición coa aplicación destas axudas, o que se acreditará segundo se establece na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias.
2. Requisitos dos beneficiarios de axudas aos plans de melloras para agricultores non profesionais (procedemento MR409A).
a) As persoas físicas, xurídicas e comunidades de bens ademais de cumprir os requisitos establecidos nas letras a), b), c), d), e), f), g), letra i), para as persoas físicas, e letra j), no caso das comunidades de bens, do número 1, deberán ocupar na explotación, polo menos, 1 UTA no momento da solicitude de axuda.
b) Deberán obter, polo menos, o 10 % da súa renda total de actividades agrarias ou complementarias. No caso de entidades xurídicas este aspecto xustificarase tendo en conta que ou ben o 50 % dos socios teñan unha renda agraria que sexa maior ou igual ao 10 % da súa renda total, segundo a declaración do IRPF, ou que a marxe neta obtida segundo o estudo de viabilidade sexa maior ou igual ao 10 % do resultado antes de impostos declarado no imposto de sociedades.
3. Requisitos dos beneficiarios de axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos ou mozas (procedemento MR405A).
Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria deberán:
a) Posuír, no momento da súa instalación, o nivel de capacitación profesional suficiente, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou comprometerse a adquirilo nun prazo de dous anos desde a data de resolución da axuda.
b) Instalarse nunha explotación agraria que requira un volume de traballo equivalente polo menos a unha UTA ou acadar esta condición nun prazo máximo de dous anos desde a súa instalación.
c) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda.
Este compromiso será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, podéndoselle exixir, para eses anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que remita ao servizo territorial de Explotacións Agrarias a copia cotexada da declaración do IRPF e os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral.
d) Cumprir a explotación as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais no prazo máximo de dous anos desde a instalación do/a mozo/a.
e) Ter feitos os 18 anos e ser menor de 40 anos de idade no momento da solicitude de axuda.
f) No caso de instalarse nunha explotación prioritaria, acadar a condición de agricultor profesional no prazo máximo de dous anos desde a instalación.
g) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) Na modalidade 5 terase en conta o seguinte:
– Que a explotación non teña recibido axudas para o plan de mellora nin primeira instalación, nin tivese a cualificación de explotación prioritaria (agás se estiver situada en zona de montaña).
– Que a marxe neta da explotación sexa inferior ao 20 % da renda de referencia.
– Que na última declaración do IRPF a persoa solicitante acredite unha renda agraria inferior ao 20 % da renda de referencia.
i) Na modalidade 6 terase en conta:
– Que a explotación non teña recibido axudas para plan de mellora nin primeira instalación, nin tivese a cualificación de explotación prioritaria (agás se estiver situada en zona de montaña).
– Que a marxe neta da explotación sexa inferior ao 35 % da renda de referencia.
– Que na última declaración do IRPF a persoa solicitante acredite unha renda agraria inferior ao 35 % da renda de referencia.
j) A instalación do/a mozo/a poderá realizarse dentro dos seis meses anteriores á solicitude de axuda ou ben durante o prazo de execución, sendo auxiliables os investimentos ou gastos realizados polo/a mozo/a neses períodos.
k) Considerarase como data de primeira instalación a máis antiga entre a alta en Facenda na actividade agraria ou a alta na Seguridade Social. Non obstante, e para os efectos da axuda, naqueles casos en que o/a mozo/a estea dado/a de alta en Seguridade Social Agraria e o titular da explotación sexa outra persoa, poderase considerar como data da instalación a da alta en Facenda na actividade agraria. En todo caso, no momento da solicitude deberase acreditar a non existencia de ingresos agrarios (ingresos procedentes da actividade agrícola, gandeira ou forestal) a través das últimas cinco declaracións do IRPF efectuadas á Axencia Estatal de Administración Tributaria. En caso contrario, considerarase que o mozo está instalado desde o momento en que declara eses ingresos agrarios.
l) Non procederán estas axudas cando a instalación do/da mozo/a implique unha segregación de parte da explotación.
4. Requisitos dos beneficiarios de axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común (procedemento MR 323C).
Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser cooperativas agrarias ou as súas unións, e as cooperativas de explotación comunitaria da terra.
b) As cooperativas de explotación comunitaria da terra deberán ter un mínimo de 15 socios para poderen solicitar estas axudas.
c) Xustificar, mediante un proxecto de explotación, a necesidade e viabilidade técnico-económica dos investimentos.
d) Comprometerse a exercer a actividade agraria, obxecto da axuda, durante polo menos cinco anos contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda.
e) Establecer as normas internas de funcionamento que sexan necesarias para garantir o correcto funcionamento e a continuación da actividade de que se trate.
f) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de ser o caso, de conformidade coa normativa comunitaria, nacional e autonómica.
g) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo e forma de presentación
As solicitudes deberán presentarse, antes do 22 de febreiro de 2014, preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Documentación que hai que presentar nos procedementos MR405A e MR409A
1. Para solicitar os procedementos MR405A e MR409A presentarase a seguinte documentación:
a) Anexo I (plans de melloras B agricultores profesionais-procedemento MR405A) ou anexo II (plans de melloras R agricultores non profesionais-procedemento MR409A).
b) Informe de vida laboral de cara a acreditar a condición de explotación agraria prioritaria.
c) Xustificante da capacitación profesional; a dita capacitación xustificarase no momento de solicitar a axuda.
d) Declaración do IRPF do último exercicio cuxo prazo para a presentación en período voluntario teña rematado (no caso de haber rendementos do traballo achegarase certificado de retencións). Así mesmo, todos aqueles interesados que xa presentaron a súa declaración da renda no período voluntario que estea aberto no momento da publicación desta orde poderán presentar esta última declaración, ou ben as declaracións de tres dos últimos cinco anos sempre que inclúa a do último exercicio, para a acreditación da condición de explotación agraria prioritaria. No caso de entidades xurídicas, os socios presentarán as súas declaracións individuais do IRPF ou ben a declaración do imposto de sociedades da entidade para xustificar que, polo menos, o 10 % da renda total da entidade se obtén de actividades agrarias ou complementarias.
e) Estatutos ou regulamentos de réxime interno (se é o caso).
f) Certificado do número de socios e dos que cumpren os requisitos de agricultor profesional (se é o caso).
g) Conformidade da entidade bancaria coa concesión do préstamo (se é o caso).
h) Documento de participación do mozo nos investimentos (se é o caso).
i) Memoria do plan de mellora, onde se xustificará a realización do plan.
j) Planos e bosquexo, ou proxecto en soporte papel e dixital (ficheiro pdf).
k) Facturas pro forma en que se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita axuda (fabricante, características técnicas).
l) As persoas xurídicas xustificarán que desenvolven a actividade agraria presentando os estatutos ou documento de constitución e a declaración do imposto de sociedades do último exercicio. Así mesmo, a procedencia agraria dos ingresos comprobarase en función das marxes brutas das orientacións produtivas e das actividades económicas da explotación.
m) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades, segundo sexan ou non profesionais.
n) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo I ou II os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento do seu representante ou apoderado único, e o xustificante de que se ten asinado un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de concesión da axuda.

Documentación a presentar no procedemento MR404A

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR404A, presentarase a seguinte documentación:
a) Anexo III (procedemento MR404A).
b) Plan de explotación (plan empresarial establecido no artigo 13 do Regulamento (CE) 1974/2006, do 15 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1698/2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader), que reflicta o grao de viabilidade económica e a situación da explotación en que se instala e que prevexa para el, en xeral, unha renda procedente daquela, medida en termos de marxe neta, polo menos, do 35 % da renda de referencia e inferior ao 120 % desta. A marxe neta anterior deberá acadarse, como moi tarde, no momento da presentación da solicitude de pagamento do expediente, e a revisión do plan empresarial farase nos 5 anos desde a data da concesión da axuda, e consistirá en comprobar o mantemento das súas condicións e unha avaliación dos progresos e previsións expostos nel.
Este plan de explotación non será requirido no caso de que o/a mozo/a que se instala presente un plan de mellora.
c) Informe de vida laboral.
d) Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria sobre as declaracións do IRPF dos últimos cinco anos presentadas polo/a solicitante e, se é o caso, copia da última declaración do IRPF. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
e) Solicitude de cambio de titularidade da explotación, se é o caso, en favor do agricultor/a mozo/a, axustada ao modelo normalizado da consellería.
f) Solicitudes de transferencia, en favor da nova persoa titular, de ser o caso, dos dereitos de prima e da cota láctea que tivese a explotación, agás no caso de instalación nunha explotación asociativa.
g) Conformidade da entidade bancaria coa concesión do préstamo (se é o caso).
h) Memoria do plan de mellora.
i) Planos e bosquexo, ou proxecto en soporte papel e dixital (ficheiro pdf).
j) Facturas pro forma en que se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita (fabricante, características técnicas).
k) Xustificación do nivel de capacitación profesional suficiente, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou compromiso de adquirilo nun prazo de dous anos contado desde a data de resolución da axuda.
l) Compromiso asinado de exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda.
m) O cumprimento na explotación das normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais mediante a presentación de informe, emitido polos servizos técnicos competentes desta consellería.
2. Os documentos sinalados nas letras e) e f) do punto 1 deste artigo poderán ser presentados unha vez aprobada a solicitude de outorgamento da subvención xunto coa xustificación da realización dos investimentos. Nestes casos, coa solicitude de axuda á primeira instalación xuntarase un compromiso debidamente asinado polas dúas partes.
3. Na modalidade 1, o mozo acreditará que asume o 50 % dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación mediante a escritura pública correspondente, así como a declaración do IRPF ou imposto de sociedades, segundo o caso, do anterior titular. Tamén se considerará acreditada a titularidade no caso de cónxuxes ou persoas ligadas cunha relación de análoga afectividade, que constitúan unha entidade sen personalidade xurídica de titularidade compartida da explotación agraria conforme a Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, e a inscriban no Rexistro de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias de Galicia.
4. Na modalidade 2, na escritura pública que se asine para tal efecto deberá constar o seguinte:
a) A relación de todos os elementos que compoñen a explotación, valorados a prezo de mercado, dos que, sendo propietario ou titular, estean integrados nela, con expresión detallada dos que se lle transmiten ao/á mozo/a, que deberán representar, polo menos, un terzo do valor total daqueles. Sen prexuízo do anterior, incluirase na transmisión, polo menos, un terzo da propiedade, tanto dos predios rústicos como do conxunto dos restantes bens inmobles. En todo caso, deberá indicarse expresamente que os usos e o aproveitamento de todos os elementos da explotación transmitidos ao/á mozo/a cotitular continuarán integrados na referida explotación.
b) O acordo, cunha duración mínima de seis anos, entre a persoa titular e o/a agricultor/a mozo/a conforme o cal este compartirá as responsabilidades xerenciais, os resultados económicos da explotación, os riscos inherentes á súa xestión e aos investimentos que nela se realicen, nunha proporción igual ou superior ao 50 %.
5. Na modalidade 3 presentarase a seguinte documentación:
a) Unha certificación expedida polo órgano reitor da entidade, onde se especifiquen as condicións de participación do/a agricultor/a mozo/a e a súa contribución.
b) Os estatutos da entidade.
c) A relación de socios/as que exercen a dirección técnica e de xestión.
d) A condición da explotación como prioritaria, conforme o disposto no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Documentación que hai que presentar no procedemento MR323C
Para solicitar a axuda do procedemento MR323C, presentarase a seguinte documentación:
a) Anexo IV: solicitude de axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo (procedemento MR323C).
b) Copia cotexada dos estatutos da entidade. No caso de novas entidades que presenten por primeira vez a solicitude de axuda, copia cotexada da escritura de constitución e inscrición rexistral. De encontrarse en fase de constitución, presentarase a composición da comisión promotora e compromiso de presentar a documentación que acredite a constitución efectiva antes da aprobación da axuda.
c) Balances e contas de resultados do último exercicio presentado no rexistro mercantil e realizados de acordo co plan xeral de contabilidade. No caso de entidades de nova constitución presentaranse os documentos do exercicio dispoñible.
d) Certificación por parte da entidade solicitante en que consten os nomes e data de elección das persoas que compoñen o seu órgano de goberno.
e) Memoria técnica da entidade solicitante, asinada polo presidente, que conteña polo menos os seguintes contidos e estrutura:
– Descrición detallada da entidade asociativa (número de socios, capital social, capital de explotación, instalacións, outros activos, actividades que desenvolve, ou pretende desenvolver etc.).
– Relación nominal de socios da entidade solicitante que pretenden participar no proxecto.
f) Estudo de viabilidade técnico-económica elaborado por técnico ou equipo técnico competente que deberá incluír:
a. En todos os casos:
i. Definir e xustificar claramente, as condicións que determinan que se trata dunha nova tecnoloxía, produto ou proceso, ou da implantación dunha actividade alternativa ou complementaria.
ii. Relación e análise técnica das instalacións e medios necesarios acordes co proxecto que se vaia desenvolver.
iii. Anteproxecto ou proxecto técnico en soporte papel e dixital (ficheiro pdf).
iv. Orzamento desagregado dos investimentos obxecto da solicitude de axuda.
v. Carga de traballo prevista para desenvolver a actividade vinculada ao proxecto.
vi. Financiamento previsto.
vii. Análise económica da súa viabilidade.
b. No caso de proxectos relacionados coa gandaría, ademais do anterior, presentarase un estudo en que se recolla a información e análise seguintes:
i. Referencias catastrais ou datos das referencias do Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac)-provincia, concello, zona, polígono e parcela da base territorial da explotación.
ii. Plan de xestión de xurros e/ou estercos da explotación.
g) Orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos que se van realizar.
2. No caso das entidades que estean en trámites de constitución, a solicitude de axuda poderá facela a comisión promotora, que estará formada polo menos por tres membros, actuando un deles como presidente e outro como secretario, acompañada da solicitude de inscrición da entidade no rexistro correspondente e compromiso de presentar a documentación que acredite a efectiva inscrición no rexistro oficial. A aprobación da axuda queda condicionada, en todo caso, á constitución efectiva da entidade no período previo á resolución.

Documentación común que hai que presentar
1. Ademais da documentación establecida para cada axuda en concreto segundo os artigos anteriores, presentarase a seguinte documentación:
a) Copia do NIF das persoas xurídicas solicitantes das axudas e copia do DNI do seu representante, e copia do DNI das persoas físicas. As copias do DNI deberanse achegar no caso de non autorizar a Consellería do Medio Rural e do Mar á consulta de datos do DNI no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
b) De cara á avaliación do cumprimento dos indicadores de resultados (R2 e R7) do PDR de Galicia 2007-2013, de acordo co establecido no Marco Común de Seguimento e Avaliación do Feader, o Regulamento (CE) nº 1974/2006 e o artigo 79 do Regulamento (CE) 1968/2005 do Consello, así como o artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os beneficiarios deberán presentar a declaración da renda (persoas físicas) ou imposto de sociedades (persoas xurídicas) correspondente ao exercicio en que se xustifica a subvención. As persoas beneficiarias quedan obrigadas á presentación da mesma documentación relativa aos dous exercicios posteriores a aquel exercicio en que se xustifica a subvención, no prazo dun mes desde que finalice a data de presentación destas declaracións. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria necesaria para cubrir os indicadores de resultados do PDR.
c) Anexo V: declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos.
2. Non obstante o disposto nos puntos e artigos anteriores, a presentación dentro do prazo establecido nesta orde da seguinte documentación considerarase mínimo imprescindible para a tramitación das solicitudes:
– O anexo I, II, III ou IV segundo sexa o caso, completamente cubertos.
– Memoria do plan de mellora e a descrición detallada dos investimentos que se van realizar.
– Planos e bosquexo, ou proxecto en soporte papel e dixital (ficheiro pdf).
– Facturas pro forma, en que se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita (fabricante, características técnicas).
3. A falta de calquera desta documentación determinará a inadmisibilidade da solicitude.  Ademais, de acordo co artigo 11.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas que soliciten as axudas previstas nesta orde acreditarán, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da axuda, que se encontran ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por concepto ningún, coa Xunta de Galicia. A presentación da solicitude de concesión da axuda pola persoa interesada comportará, durante todo o período de compromisos, a autorización á Consellería do Medio Rural e do Mar para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>