Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común
Subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Xaneiro 2014 11:50

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 30 de decembro de 2013, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2014.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas previstas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2014 en réxime de concorrencia competitiva. Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, onde supoñen aproximadamente un terzo da superficie forestal existente, e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia. De acordo co devandito obxecto establécense dúas liñas de subvencións:
a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible.
b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga.

Ámbito de aplicación

1. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio.
No caso de montes consorciados coa Xunta de Galicia poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias mencionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, o sexa, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme o disposto na Orde do 18 de abril do 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.
2. No caso de agrupacións, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición dos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.
No caso da liña II a porcentaxe de subvención deberá ser proporcional á superficie de cada CMVMC con respecto á superficie total da agrupación.

Superficies forestais mínimas para solicitar subvencións
1. A superficie forestal mínima por expediente será de duascentas cincuenta hectáreas (250 ha). Para acadar a superficie as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) poderán formar unha agrupación, sempre que as CMVMC se encontren nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:
Localización nun mesmo concello.
Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.
2. Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estea localizada nalgún concello incluído en espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril) a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo será de 100 ha.

Condicións xerais e técnicas do investimento
1. Antes da aprobación da subvención:
Os interesados cumprirán as seguintes condicións:
a) As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poderen acceder a estas subvencións.
b) As cuotas mínimas de reinvestimento dos montes veciñais serán do 40 % de todos os ingresos xerados, segundo o disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
c) Deberán presentar a solicitude correctamente completada, conforme o anexo I ou II, segundo a liña de subvención. Os datos incluídos nestes anexos terán a consideración de declaración responsable e son esenciais para a súa aprobación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude.
No caso de agrupacións, a solicitude irá asinada polo representante da agrupación de conformidade co artigo 3.2 das presentes bases.
Neste suposto, e con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da subvención, deberá constar no expediente a documentación que acredite a representación para efectos de tramitación da subvención e, se for o caso, do cobramento desta, de conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo que figura no anexo V.
A Administración poderá requirir fotocopia do NIF da CMVMC, mancomunidade ou CMVMC representante da agrupación, se for necesario, para continuar cos trámites administrativos correspondentes.
d) Non se poderán solicitar subvencións para actuacións en:
– Zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.
– Zonas en que existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
– Zonas incluídas en hábitats prioritarios.
e) En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as subvencións solicitadas en terreos en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.
f) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse destas subvencións.
g) Non se concederán subvencións para o control selectivo de combustible nas mesmas superficies en que se subvencionou nos tres anos anteriores, excepto para a acción de roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais (artigo 20.5.d)).
h) Non se poderán solicitar simultaneamente subvencións para as actuacións de roza en rexenerado forestal natural (artigo 20.5.c)) e de roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas (artigo 20.5.d)) na mesma superficie. No caso de solicitarse quedará anulada este ultima actuación.
i) Cando as subvencións consistan nunha porcentaxe do orzamento das actuacións preventivas, o total da subvención calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o disposto para cada liña de subvencións nos capítulos II e III desta orde. O IVE non será subvencionable.
j) Cada beneficiario só poderá obter unha subvención para cada unha das liñas, independentemente de que o solicite individualmente ou agrupado, xa que, en caso de agrupacións de CMVMC hai que atender ao disposto no artigo 8 punto 3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, que recolle que todos os integrantes da agrupación terán a consideración de beneficiarios. Se un solicitante presenta solicitude individual e agrupadamente, levará consigo o arquivamento da solicitude presentada individualmente. Se presenta máis dunha solicitude para a mesma liña, arquivaranse todas as solicitudes presentadas.
2. No caso de se conceder a subvención, achegarase a seguinte documentación complementaria:
a) Documento descritivo das actuacións co seguinte contido mínimo:
1º. Estado legal dos predios obxecto de subvención: superficie, localización, estremeiros, accesos... En particular, deberá reflectirse se as actuacións se atopan en:
– Montes xestionados pola Xunta de Galicia.
– Rede Natura 2000.
– Zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.
– Zonas en que existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
– Terreos cun proceso de concentración parcelaria iniciado.
– Terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.
2º. Descrición das actuacións que se levarán a cabo. As actuacións describiranse por zona de actuación ou mouteira (zona de actuación/mouteira 1, 2...), detallando a relación de parcelas SIXPAC correspondentes ás zonas de actuación, segundo o formato que figura no anexo IV.
3º. Cartografía: planos sobre mapas oficiais preferentemente a escala 1:5.000 ou, na súa falta, a escala 1:10.000. Estes planos reflectirán onde se localizan as distintas actuacións para cada zona. As inscricións incluirán para cada unha destas a súa identificación (zona de actuación/mouteira 1, 2...), os tipos de actuación e as superficies de actuación. As actuacións en áreas cortalumes marcaranse en cor ciano, as de faixas auxiliares en cor vermella, as de roza en rexenerado forestal natural en cor maxenta e as de desmesta en entrefaixas en cor verde. Os puntos de auga irán marcados cun círculo na cor negra e indicando as coordenadas UTM.
No caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada monte veciñal da agrupación.
No caso de que a subvención se vaia desenvolver con medios propios, deberá figurar adicionalmente no documento descritivo:
– A vontade do beneficiario de empregar medios propios.
– Orzamento completo da obra, detallando a cantidade de horas das diferentes categorías profesionais que interveñan na execución de cada unha das distintas unidades de obra.
– Informe en que se describa en que vai consistir a achega, diferenciando se se trata dunha achega para toda a obra ou ben para unidades de obra concretas.
3. Informes internos previos das actuacións:
a) No caso de que as actuacións se atopen dentro da Rede Natura 2000 solicitarase informe ao Servizo de Conservación da Natureza.
b) No caso de que as actuacións se atopen en montes xestionados pola Xunta de Galicia, informe do Servizo Provincial de Montes.
c) Para a liña II, informe do SPDCIF da xefatura territorial correspondente en que se fará referencia á idoneidade do punto de auga en relación coa súa localización, características construtivas, viabilidade dos traballos, realidade xeométrica das obras, dispoñibilidade dos terreos, raio de acción do punto de auga e superficie a defender e o non inicio da construción.

Actividades subvencionables, importes, contías e criterios de selección
1. As accións subvencionables, así como os importes e as porcentaxes máximas subvencionables recóllense nos capítulos II e III desta orde para cada liña de subvención.
2. A xestión desta subvención realizarase de acordo cos seguintes principios:
a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.
c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.
3. Os criterios específicos de valoración para a adxudicación de subvencións recóllense igualmente nos capítulos II e III para cada unha das liñas de subvención.

Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente, antes do 24 de febreiro de 2014, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel, preferentemente nos rexistros correspondentes aos SPDCIF das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
2. Os anexos I e II considéranse como documentación mínima imprescindible para a tramitación das solicitudes, polo que non serán admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie a ausencia desta información. Nestes casos emitirase resolución de inadmisión. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución de concesión.
3. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facen

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>