Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para o fomento da propiedade industrial
Subvencións para o fomento da propiedade industrial PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Xaneiro 2014 12:46

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 30 de decembro de 2013, da Axencia Galega de Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN525A).


O obxectivo das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións). Estas subvencións destinaranse a atender os gastos derivados da tramitación de solicitudes de títulos de propiedade industrial relativos a invencións e da súa renovación, ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais. Dentro destas tramitacións inclúense como subvencionables, sempre que cumpran os requisitos da Orde EHA/524/2008, do Ministerio de Economía e Facenda, do 26 de febreiro, pola que se aproban os gastos subvencionables dos programas operativos do Feder e do Fondo de Cohesión, os seguintes conceptos e gastos:
a) Solicitude dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Dentro deste concepto inclúense todos os trámites que sexan necesarios para a solicitude do título correspondente e que supoñan o pagamento dunha taxa oficial ante a oficina de propiedade industrial correspondente, así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:
• Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.
• Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.
b) Mantemento dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Dentro deste concepto inclúense todos os trámites correspondentes á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade realizados ante a oficina oficial de propiedade industrial correspondente. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:
• Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.
• Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.
c) Análises de rexistrabilidade dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:
• Os prezos públicos aplicados pola Oficina Española de Patentes e Marcas asociados a realización de buscas retrospectivas ou informes tecnolóxicos de patentes.
• Os gastos de consultoría externa asociados á realización de buscas de antecedentes rexistrais ou informes de rexistrabilidade, efectuados con carácter previo á solicitude de protección do título de que se trate. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.
A subvencionabilidade destes gastos está condicionada á presentación, ante a oficina de que se trate, da solicitude do título correspondente.
Con respecto aos gastos descritos no número 2 deste artigo, non serán subvencionables os seguintes:
• O imposto sobre o valor engadido (IVE).
• No caso de trámites realizados ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), os gastos de intermediación entre o solicitante de subvención e a consultora externa prestadora do servizo para o cal se solicita subvención; é dicir, soamente se subvencionarán os gastos de consultoría da entidade que realizou efectivamente a tramitación, e non os da que serviu de mero intermediario.
• No caso de trámites realizados ante as oficinas oficiais de propiedade industrial fóra de España, soamente se subvencionará un gasto de consultoría ou asesoramento para cada trámite realizado.
O solicitante de subvención para os gastos subvencionables referidos no punto 2 letras a), b) e c) deste artigo, deberá ser o peticionario ou o titular dos títulos de propiedade industrial correspondentes.
No caso de que haxa máis dun solicitante do título de propiedade industrial, o solicitante da axuda deberá declarar que o resto das partes interesadas (cotitulares) están informadas e conformes con que o solicitante da axuda pedise esta subvención. Deberá cubrir a correspondente declaración no anexo II.
En calquera caso, deberá nomearse un representante único ou representante dos cotitulares, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiarios, lles correspondan, de acordo co establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Na solicitude de subvención, cada cotitular que solicite a axuda reflicitirá a proporción de gasto asumida por el, así como o correspondente importe da subvención proporcional que solicita. Na resolución de concesión de axudas deixarase constancia neste caso dos gastos asumidos e subvencionados a cada cotitular.
No caso de que os solicitantes sexan de natureza xurídica distinta e algún ou algúns deles non poidan ser beneficiarios desta subvención de conformidade co artigo 2 destas bases, a axuda que se outorgue será proporcional aos gastos sufragados polos posibles beneficiarios segundo se declare ou se xustifique na documentación achegada.
Será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Enténdese por subcontratación cando o beneficiario concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención.
Os beneficiarios das axudas reguladas nesta resolución de convocatoria poderán subcontratar ata o 100 % do importe da actividade subvencionada.
Non se poderá subcontratar a actividade subvencionada con empresas vinculadas co solicitante das axudas.
Estas subvencións terán unha única anualidade, e só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2 deste artigo, que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e a data de presentación da solicitude de subvención. O prazo límite para a presentación de solicitudes de subvención está regulado no artigo 3.4º desta resolución.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, e segundo os conceptos e gastos subvencionables descritos no artigo 1.2º destas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os cales solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.
2. Non se poderán conceder as axudas recollidas nesta convocatoria ás empresas en crise, ao sector do carbón e aos demais sectores recollidos no artigo 1.1 do Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión. As empresas pertencentes ao sector pesqueiro, recollidas no Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión, e as empresas do sector da produción de produtos agrícolas, recollidas no Regulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, si poderán ser beneficiarias da presente convocatoria.
As entidades beneficiarias non poderán ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1.7 do Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.

Solicitudes
1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indican na convocatoria.
2. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, e neste caso deberá presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.
3. Xunto coas solicitudes deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Unha copia compulsada do NIF do solicitante, así como do DNI da persoa ou persoas que asinan a solicitude, se non se achega a autorización que se sinala na alínea h) deste mesmo punto; no caso de non presentala, e en aplicación do establecido no artigo 6.1 desta resolución, será verificado polo órgano concedente. Os estranxeiros residentes presentarán o NIE.
b) Se o solicitante é un traballador autónomo, deberá acreditarse esta circunstancia achegando copia compulsada do documento xustificativo da súa alta na Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos, así como do último recibo aboado a este organismo por ese concepto.
c) Se o solicitante é unha persoa xurídica, copia compulsada do documento público acreditativo do poder con que actúa o seu representante.
d) Declaración de axudas obtidas ou solicitadas, para os mesmos gastos, en calquera outra administración, organismos ou entes públicos ou privados, que deberá formularse segundo o modelo recollido no anexo II desta resolución. De ser o caso, para as axudas concedidas deberá presentarse copia da resolución de concesión.
e) Declaración de axudas, amparadas pola cláusula de minimis, obtidas ou solicitadas durante os últimos tres anos, en calquera outra administración, organismos ou entes públicos ou privados, que deberá formularse segundo o modelo recollido no anexo II desta resolución ou, de ser o caso, declaración de non ter recibido ningunha.
f) Declaración responsable acerca da veracidade dos datos consignados na solicitude e relativos á conta bancaria onde se debe realizar o pagamento da subvención, os cales inclúen o código de banco, código de sucursal, díxito de control e código de conta corrente.
g) Declaración de cumprimento dos requisitos de beneficiario e de non ser empresa en crise que deberá formularse segundo o modelo recollido no anexo II desta resolución. A dita declaración sinalará que a entidade solicitante está ao día de pagamentos de obrigas por reintegros de subvencións e que non concorre nela ningunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, que establece que non poderán obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora das subvencións as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias seguintes:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declarados insolventes en calquera procedemento, estar declarados en concurso, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declarados culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que posúan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos que regulamentariamente se determinen.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determine.
h) Ter sido sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta lei ou a Lei xeral tributaria.
h) Declaración do coñecemento do previsto no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día nas obrigas tributarias e sociais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, e de obtención da Axencia Estatal da Administración Tributaria dos datos identificativos necesarios (identificador do NIF-NIE-DNI, apelidos e nome ou razón social e domicilio fiscal).
i) Cadro de gastos, que deberá formularse segundo o modelo recollido no anexo II desta resolución, no cal se deberán detallar os gastos conforme as instrucións que figuran no anexo III.
k) Xustificantes de realización e pagamento dos gastos (para cada un dos gastos que se recollan no anexo II):
• Fotocopia do documento que acredite a realización do trámite correspondente ante a oficina de propiedade industrial que demostre a súa realización dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e a data de presentación da solicitude de subvención de que se trate.
• Fotocopia do documento acreditativo do pagamento da taxa, cando se trate de conceptos incluídos nas letras a) e b) do artigo 1.2.
• Copia compulsada das facturas dos provedores (que deberán reflectir para cada gasto, o seu importe e a súa descrición, co mesmo detalle que o exixido no anexo II) e os orixinais ou copias compulsadas dos documentos bancarios acreditativos do pagamento destas facturas (que permitan identificar a factura e o provedor), cando existan gastos de consultoría.
• Unha copia das buscas ou informes para os cales se solicita subvención, cando se trate de conceptos incluídos na letra c) do artigo 1.2.
l) O órgano xestor solicitará unha tradución a unha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia naqueles supostos en que o considere oportuno.
m) Calquera outro documento que se requira para a determinación e comprobación dos datos en virtude dos cales se deba formular a proposta de resolución.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes
1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 3 das correspondentes bases reguladoras.
2. A solicitude de subvención (anexo II) poderase obter, cubrir ou imprimir a través dos enderezos da internet https://sede.xunta.es ou http://gain.xunta.es/ da Xunta de Galicia facendo uso do enlace dispoñible co procedemento IN525A.
3. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXAP-PAC) utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
4. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de maio de 2014, salvo que se produza o suposto de esgotamento de crédito previsto no artigo 8.3º desta resolución. Neste caso, informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da Axencia Galega de Innovación e no Diario Oficial de Galicia.

Información aos interesados
1. Sobre os procedementos recollidos nesta resolución poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:
a) Na páxina web oficial da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es/), na súa epígrafe de «Axudas».
b) Nos teléfonos 981 95 73 90 e 981 95 73 91 da devandita axencia.
c) No enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
d) Presencialmente.
2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.
3. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (en diante Lei 15/1999).
Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>