Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais
Subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Febreiro 2014 09:59

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 27 de decembro de 2013, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN217A).


As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a apertura de novos establecementos comerciais. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28 de decembro). Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
En concreto, considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de novembro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18 a adquisición de:
1) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou similares.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
3) Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.
As páxinas web deberán dispor de navegación por menús e conter como mínimo páxinas de presentación da empresa, detalle da actividade comercial realizada, localización do establecemento comercial, contacto e información dos produtos que oferta.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
Non serán subvencionables os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario. En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000,00 €, IVE excluído.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II. A data de alta no imposto de actividades económicas ten que estar comprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014, ambos incluídos, e considerarase para todos os efectos como data de inicio da actividade.
d) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.

Solicitudes
1. As solicitudes para participar no procedemento da concesión da subvención presentaranse na forma e prazo que se indica na convocatoria.
2. Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:
• Anexo V, que conterá:
– Declaración expresa sobre a concesión, ou solicitude doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
– Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras axudas por calquera concepto suxeitas ao réxime de minimis nos anos fiscais 2012, 2013 e 2014.
– Declaración expresa de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007.
– Declaración expresa de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007.
– Autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deben emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda de la Xunta de Galicia.
2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante (orixinal ou copia compulsada) que deberá estar en vigor:
– Se é unha persoa física:
– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiro.
– No caso de persoa xurídica:
– Número de identificación fiscal.
– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade e documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.
– No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica:
– Número de identificación fiscal.
– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
Deberán constar expresamente (anexo VI) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.
2.2. Certificación expedida pola Axencia Tributaria, na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante.
2.3. Certificacións emitidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no caso de ter iniciada a actividade.
As certificacións indicadas nos puntos 2.2 e 2.3 só deben presentarse no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que a solicite de oficio. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o devandito documento sen compulsar.
2.4. Documentación acreditativa do número de traballadores da empresa (TC2) do mes anterior á presentación da solicitude ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores.
2.5. Memoria de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, que incluirá a súa descrición, obxectivos e valoración das actuacións que se pretenden executar, acompañada de documentos gráficos e fotografías.
2.6. Facturas ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.
2.7. Título de propiedade, cesión ou doazón, ou ben copia do contrato de aluguer ou traspaso a nome do solicitante. Se nos documentos presentados non se indica expresamente a posibilidade de que se poidan realizar reformas no local, deberá achegarse autorización expresa do propietario para realizar reformas nel.
2.8. Para os efectos sinalados no artigo 9 destas bases, presentarase, de ser o caso, a seguinte documentación, que en ningún caso será obxecto de requirimento:
– Certificado/s da/s entidade/s bancaria/s onde figure que o solicitante posúe medios de pagamento electrónicos.
– Certificado expedido polo órgano competente de estar integrado nun centro comercial aberto ou asociación de comerciantes ou empresarios.
– Copia compulsada do documento acreditativo de rexistro como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Entrega de solicitudes e prazo de presentación
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 30 de xuño de 2014.

Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN217A, poderase obter información na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:
a) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es
b) Páxina web oficial da Consellería de Economía e Industria:
http://economiaeindustria.xunta.es, na súa epígrafe de axudas.
c) Nos teléfonos 981 54 55 25 ou 881 99 94 81 da Dirección Xeral de Comercio.
d) No enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
e) Presencialmente.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>