Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio a internacionalización da PEME española
Axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio a internacionalización da PEME española PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Febreiro 2014 11:16

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 27 de decembro de 2013, de ICEX España Exportación e Investimentos, pola que se convoca para 2014 a concesión de axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización da PEME española non exportadora ou exportadora ocasional.


O obxecto é acelerar e consolidar o crecemento internacional de PEME españolas non exportadoras ou exportadoras ocasionais que conten cun proxecto competitivo.  As empresas beneficiarias son as PEMES españolas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Empresa con produto ou servizo propio.
2. Empresas con potencial exportador e cuxa exportación non supere o 30% da súa facturación.
3. Empresas que conten con persoal cualificado e comprometido coa implantación do proxecto de internacionalización da empresa.
4. Empresas con capacidade financeira para a execución dun proxecto de exportación que permita posicionar á empresa no exterior.

A duración do Programa será de 24 meses dende a concesión da axuda. ICEX Next conta cun total de 60 horas de Asesoramento Personalizado ás empresas (30 horas obrigatorias +30 horas opcionais), prestado por expertos en distintos ámbitos da internacionalización e competitividade exterior:
- Asesoramento estratéxico e outros servizos de asesoramento que faciliten o desenvolvemento e consolidación da rede comercial en destino.
- Asesoramento especializado para a mellora da competitividade internacional da peme.
A empresa poderá, en función das características do seu modelo de negocio no exterior e do grao de desenvolvemento da súa estratexia internacional, seleccionar aqueles expertos que lle sexan de maior utilidade.
Así mesmo, apoia gastos de promoción para que as empresas poidan poñer en marcha a estratexia de internacionalización planificada. As empresas acollidas a este Programa poderán beneficiarse doutros apoios incluídos dentro dos Servizos Club Next. A contía máxima imputable ao Programa será de 4.000.000 euros, estando en todo caso suxeita ás disponibilidades presupostarias de ICEX.
Non obstante, tendo en conta a peculiaridade do Programa ao ser unha convocatoria aberta durante todo o ano 2014, en caso de ter que superarse a devandita contía máxima será posible unha ampliación desta debendo ser aprobada polo Consello de Administración.

Procedemento de admisión
O primeiro paso para participar no programa é realizar a preinscrición. As empresas interesadas poderán realizar a súa preinscrición no Programa a través da web de ICEX: www.icex.es, a través da web icexnext: www.icexnext.es ou ben a través do teléfono 902 192 000. A preinscrición ao Programa poderase realizar do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2014.
As empresas, unha vez preinscritas, e por requirimento de ICEX terán que presentar o formulario de inscrición de empresas (Anexo I). Este formulario complementarase coa valoración dun consultor externo, homologado polo programa que realizará unha análise do modelo de negocio e potencial internacional da empresa.
Unha vez realizada a valoración do consultor externo, elixirase as empresas admitidas ao Programa en virtude dos criterios e baremos de selección. Poñerase a disposición das empresas unha Análise de modelo de negocio on line prestado por consultores tecnolóxicos seleccionados para o programa. Esta análise será esixible para as empresas que se considere necesario para un bo aproveitamento do programa.

As empresas seleccionadas cumprirán a Carta de Adhesión (Anexo II). A concesión das axudas farase por Resolución da Conselleira Delegada que debe reflectir os conceptos, beneficiarios así como as cantidades concedidas, logo de informe favorable da Comisión de Axudas, Contratación e Autorizacións debendo ser publicada no portal de ICEX www.icex.es. De igual forma, faráselle chegar comunicación á empresa beneficiaria indicando os conceptos e importes, así como o procedemento de xustificación.

Documentación necesaria
As empresas que sexan admitidas no Programa, terán que presentar a seguinte documentación:
- Carta de Adhesión ao Programa (Anexo II), que inclúe Declaración responsable das axudas mínimis e Declaración sobre o cumprimento da condición de ser ou non PEME por parte da empresa solicitante segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.
- Certificación de non recibir axudas económicas coincidentes co apoio recibido por conceptos de gasto realizados con cargo ao Programa (incluído en Anexo V).
- Declaración de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e en materia laboral e da Seguridade Social:
1. Poderá optar por autorizar a ICEX a realizar a consulta á Axencia Tributaria e á Tesouraría da Seguridade Social. Esta autorización deberá realizarse cumprindo o Anexo III, selado e remitido xunto co resto da documentación xustificativa.
2. No caso de non autorizar o ICEX, deberá presentar certificado de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, no momento da xustificación da axuda.
- ICEX está especialmente interesado en que a empresa solicitante autorice á Axencia Estatal da Administración Tributaria (sempre que non o tivese feito previamente), a que remita a ICEX información sobre o seu comercio exterior, co que sistematicamente dispoñeremos dunha información actualizada que nos permitirá coñecer mellor as súas realizacións de comercio exterior e asegurar ter permanentemente actualizadas as nosas bases de datos. A autorización sinalada hase de cursar unha soa vez, e para iso deberá acceder a http://www.icex.es/icex-aeat/web/index.html e obter así máis información e a forma de proceder para cursar a súa autorización.
Máis información no seguinte BOE.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>