Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza
Axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Febreiro 2014 13:37

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 11 de febreiro de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2013/2014.


Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes das universidades do Sistema Universitario de Galicia e dos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2013/2014.

Duración da bolsa
As actividades que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas durante o curso académico 2013-2014.
Requisitos dos/as solicitantes
a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.
b) Estar matriculado no curso 2013-2014 en calquera das universidades públicas do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.
c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda achegada pola Unión Europea no marco do Programa de aprendizaxe permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro do Programa Erasmus ou do Goberno de Suíza.
d) Que a duración mínima da estadía, para efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

Prazo e forma de presentación de solicitudes
As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED417A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse ao Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.
Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención ao presentar os formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (20 d emarzo de 2014). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento, non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Documentación
Xunto coa solicitude (anexo I, modelo normalizado ED417A) deberá achegar, copia do DNI do solicitante, en caso de non autorizar a súa verificación.

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>