Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Bolsas internacionais para titulados universitarios
Bolsas internacionais para titulados universitarios PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Febreiro 2014 10:28

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras da primeira convocatoria do ano 2014 de concurso público para a concesión de bolsas internacionais da Deputación Provincial de Ourense.


O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión de 10 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas, que teñen como finalidade apoiar os participantes en actividades de formación para a adquisición de coñecementos, competencias e cualificacións que completen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento de prácticas innovadoras e a súa transferencia entre os países participantes, fomentando o perfeccionamento de linguas estranxeiras.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios deste programa os titulados universitarios. As prácticas poderanse desenvolver en empresas da Unión Europea, preferentemente en Reino Unido e Portugal Será competencia desta Deputación Provincial a adxudicación de destinos para aquelas persoas seleccionadas como bolseiras, en atención ao ámbito de actividade das empresas contactadas en cada país de envío, á adecuación dos candidatos ao programa e o nivel amosado de coñecemento de idiomas estranxeiros.

Requisitos dos beneficiarios

Poderán obter bolsa os solicitantes, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Posuír titulación universitaria oficial de grao, licenciatura, diplomatura, Enxeñería, Enxeñería Técnica, Arquitectura, Arquitectura Técnica, acreditadas por universidades españolas ou recoñecidas polo Ministerio de Educación, ou estar en condición de obter a titulación na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
- Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: portugués e/ou inglés
- Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.
- Non ter gozado anteriormente dunha bolsa dun programa de Mobilidade Europea para a realización de prácticas laborais no estranxeiro. Aquelas persoas que resultaran beneficiarias dunha bolsa da Deputación de Ourense en anteriores convocatorias, e renunciaran voluntariamente a ela, deberán acreditar suficientemente a existencia de motivos xustificados da renuncia, que non persistan na actualidade, para poder ser novamente beneficiarias dunha bolsa.

Solicitudes: lugar, prazo de presentación e documentación
1. Ao abeiro do establecido no artigo 7.2.d) da Ordenanza reguladora do acceso electrónico aos servizos provinciais (BOP de Ourense n.º 296, do 28 de decembro de 2009), a presentación de solicitudes tramitarase exclusivamente mediante o uso de medios electrónicos, sendo obrigatoria a presentación de solicitudes por vía telemática, de conformidade co previsto nesta base.
2. O formulario de solicitude de bolsas internacionais reguladasnestas bases só se poderá obter, cubrir, validar e transmitir a través da plataforma web: http://becasinternacionais.depourense.es O proceso de solicitude farase en dous pasos: 1) realización e xeración/validación da solicitude e 2) rexistro telemático da solicitude.
2.1 En primeiro lugar, deberase cubrir o formulario da solicitude e anexar, de ser o caso, os documentos valorables non obrigatorios aos que se fai referencia nesta base quinta punto 5.b). A realización do formulario completarase no momento de xeración/validación da solicitude no que se procederá a gravar estes datos impedindo a súa modificación posterior.
2.2 En segundo lugar, procederase ao rexistro telemático da solicitude xa xerada. Este procedemento tramitarase a través do Rexistro Electrónico Xeral da Deputación de Ourense, localizado no enderezo http://portelo.depourense.es. Para proceder ao rexistro telemático será preciso facelo, ou ben, utilizando o DNI electrónico do/a solicitante, ou ben, solicitando e autorizando aos funcionarios habilitados para rexistrar electronicamente na Deputación de Ourense que fagan no seu nome o correspondente rexistro electrónico da súa solicitude. Esta solicitude/ autorización farase a través do propio formulario de solicitude de bolsa no que se prevé esta opción. Unha vez completado correctamente o proceso, xerarase o documento acreditativo da solicitude rexistrada.
A posibilidade de contar con apoio técnico para resolver posibles dúbidas que poidan presentarse na realización e tramitación da solicitude estará operativa ata as 14.30 h do último día do prazo.
3. Cada peticionario/a só poderá solicitar unha bolsa ao abeiro desta convocatoria, aínda que posúa máis dunha titulación. A declaración de posuír titulación universitaria oficial indicada no formulario da solicitude será suficiente para tramitar a solicitude da bolsa, sen prexuízo da necesidade de que os beneficiarios acrediten a posesión do título conforme co establecido na base 10ª.
4. O prazo improrrogable de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación (13 de marzo de 2014) destas bases no Boletín Oficial da Provincia. O establecemento deste prazo xustifícase pola necesidade de axilizar ao máximo a tramitación do procedemento, por mor da peculiar dificultade que supón a xestión das estancias dos bolseiros nos seus destinos no estranxeiro.
5. As solicitudes deberán formularse achegando a seguinte documentación, en formato electrónico:
a) Documentación administrativa:
1.- Formulario de solicitude dirixido á Presidencia da Deputación axustada ao modelo oficial, que só se poderá obter
a través da plataforma informática:http://becasinternacionais.depourense.es Neste formulario, ademais dos datos persoais e académicos do/a solicitante, contense unha declaración responsable comprensiva do feito de non atoparse incurso/a o/a solicitante nas prohibicións recollidas no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, incluíndo unha referencia expresa á circunstancia de estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social. O/A solicitante deberá sinalar no espazo correspondente que se atopa nesta circunstancia.
b) Documentación para a valoración da solicitude:
1.- Certificado(s) de empadroamento do solicitante ou volante de empadroamento, expedido cunha antigüidade máxima dos tres (3) meses anteriores á data desta convocatoria, acreditativos(s) da súa residencia nos últimos 2 anos.
2.- Xustificante acreditativo de ter obtido o título académico invocado no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no Centro Asociado da UNED de Ourense.

Máis información no seguinte BOP.


 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>