Modificación das bases reguladoras das axudas Galicia Emprende |
![]() |
![]() |
![]() |
Mércores, 12 Marzo 2014 09:38 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 5 de marzo de 2014 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape polo que se modifican as bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende).
Establecíase a consideración de novo emprendedor, para os efectos destas bases, como aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda, considerándose que non se cumpría esta condición cando unha persoa no momento da solicitude figure de alta no RETA cunha antigüidade superior a un ano ou teña unha participación igual ou superior ao 25 % noutra sociedade mercantil. Indicábase que poderían ser beneficiarios tanto autónomos como sociedades mercantís e que a antigüidade na actividade empresarial, no caso de autónomos, viría dada pola data de alta censual, que non podería ter unha antigüidade superior a un ano no momento da solicitude de axuda e, no caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderían ter unha antigüidade superior a un ano no momento da solicitude de axuda. Tendo en conta a recente publicación da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, que establece no seu artigo 3 a consideración de emprendedoras como aquelas persoas físicas ou xurídicas que se encontren realizando unha actividade empresarial ou profesional con ata 42 meses de antigüidade, é oportuno establecer o mesmo límite na antigüidade na actividade empresarial para a consideración de novo emprendedor, para os efectos destas bases. O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 30 de xaneiro de 2014, acordou a modificación das bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas, Primeiro. Publicar a modificación das bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, publicadas mediante Resolución do 5 de decembro de 2013 (DOG número 238, do 13 de decembro), no seguinte senso: – Modifícase o último parágrafo do artigo 1, que queda redactado do seguinte xeito: – Modifícase o artigo 2.2.i), que queda redactado do seguinte xeito: – Modifícase o artigo 2.2.ii), que queda redactado do seguinte xeito: |
![]() |
Oficina Municipal de Desenvolvemento Local Praza do Concello, 1 1º |